Antena 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antena 3
Antena3 Atresmedia.png
Logo de Antena 3.
Inicio das emisións 25 de xaneiro de 1990
Propiedade de Atresmedia Televisión
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 13% (xullo de 2013, FormulaTV)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central San Sebastián de los Reyes
Canal/is irmán(s) laSexta
Neox
Nova
Nitro
Xplora
laSexta3
Gol Televisión
Antena 3 HD
laSexta HD
Páxina web Páxina web de Antena 3
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 69
Satélite
Digital+ Dial 13
Cable
ONO Dial 3
R Dial 113
Euskaltel Dial 3
Telecable Dial 3
IPTV
Imagenio Dial 3
Orange TV Dial 3
Jazztelia TV Dial 3
Televisión por internet
En directo En directo

Antena 3 é unha cadea de televisión privada xeralista española que se emite por TDT e polas plataformas de televisión de pagamento ONO, Imagenio e Canal+. Está operada por Antena 3 de Televisión, que a súa vez forma parte do Grupo Planeta, xunto a otras empresas como Uniprex (Onda Cero, Europa FM), Movierecord ou Unipublic.

O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.

Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.

Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.

Historia[editar | editar a fonte]

Antena 3.

Televisión analóxica[editar | editar a fonte]

Antena 3 nace cando o goberno de Felipe González abre o concurso para dar tres licenzas de televisión privada. Antena 3 xa comezara a súa andaina no territorio das comunicacións por medio de Antena 3 Radio.

Tras gañar unha das tres licenzas de televisión, as outras dúas foron para Telecinco e Canal +, comezou as súas emisións en setembro de 1989. O seu inicio causou grande expectación a nivel nacional polo nacemento dunha nova cadea. Dende mediados dos anos 90 emitiu programación en desconexión para Galicia. En marzo de 1996 pon en marcha o espazo de reportaxes Galicia a fondo. En 1999 comeza a emitir un informativo diario para a comunidade, este espazo estivo dirixido e presentado por Luis Fraga; este espazo desapareceu no verán de 2004.

Un dos seus maiores éxitos foi a retransmisión do Mundial de Fútbol, xa que foi a primeira canle privada de Europa que o emitía.

Contribuíron ao éxito da cadea programas novidosos como:

Televisión Dixital Terrestre[editar | editar a fonte]

Trala aparición da TDT a Antena 3 concedéronselle tres canles, denominadas Antena.Neox, Antena.Nova e Nitro. Estas canles conteñen programación variada, que xeralmente son reposicións de series, programas ou concursos de Antena 3.

Tras a fusión con laSexta, a oferta de canles de televisión do grupo xurdido aumentou ata oito: Antena 3, laSexta, Neox, Nova, Nitro, Xplora, laSexta3 e Gol Televisión (incluíndo Antena 3 HD e laSexta HD, versións en alta definición das canles principais).

Audiencias[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en negriña e verde os meses en que foi líder de audiencia.

Ano Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
1990 1,2%** 2,4% 2,6% 2,2% 2,8% 3,7% 3,8% 4,2% 4,8% 4,7% 6,0% 7,1% 3,8%
1991 7,6% 8,3% 8,8% 9,5% 9,9% 9,5% 10,2% 11,7% 11,2% 10,8% 11,7% 11,8% 10,1%
1992 - - - - 13,7% 14,8% - - 18,0% 17,6% 18,6% 19,2% 14,7%
1993 17,8% 17,9% 17,6% 17,3% 18,0% 18,6% 21,5% 24,5% 24,5% 23,9% 25,2% 26,8% 21,1%
1994 - - - 27,3% 27,8%* 26,5% - - - - - - 25,7%
1995 - - - 27,4% - - - - 25,8% 26,9% 26,0% - 26,0%
1996 25,9% 25,6% 24,3% 24,3% 24,3% 25,8% 24,5% 25,0% 25,8% 25,7% 24,3% 24,1% 25,0%
1997 23,5% 22,5% 23,6% 23,3% 22,4% 22,1% 21,1% 22,5% 23,6% 23,0% 22,5% 22,4% 22,7%
1998 22,6% 23,2% 23,3% 23,0% 23,2% 22,7% 23,9% 23,4% 21,8% 21,6% 22,2% 23,0% 22,8%
1999 22,4% 22,4% 23,5% 23,1% 22,4% 22,8% 23,0% 21,0% 22,3% 22,3% 23,4% 23,8% 22,8%
2000 23,3% 22,7% 22,3% 21,6% 20,0% 21,0% 20,0% 21,0% 21,6% 21,1% 22,1% 21,4% 21,5%
2001 20,9% 20,6% 20,3% 19,9% 19,8% 20,3% 21,1% 21,1% 20,3% 20,4% 20,5% 20,2% 20,4%
2002 20,5% 19,8% 21,9% 21,4% 19,4% 22,3% 19,3% 20,6% 19,6% 19,1% 19,3% 19,3% 20,2%
2003 19,2% 20,4% 19,6% 18,8% 19,0% 19,5% 19,9% 20,2% 19,8% 18,7% 19,2% 19,9% 19,5%
2004 19,7% 20,6% 19,9% 19,7% 20,0% 21,7% 21,1% 20,8% 21,4% 22,3% 21,4% 21,3% 20,8%
2005 21,1% 21,3% 20,8% 20,2% 20,2% 20,6% 21,0% 22,0% 21,5% 21,9% 21,8% 22,7% 21,3%
2006 21,9% 21,1% 20,3% 20,6% 19,9% 18,2% 18,7% 18,6% 18,0% 18,3% 18,7% 18,2% 19,4%
2007 18,2% 18,4% 18,2% 17,5% 17,5% 17,4% 17,6% 18,0% 16,2% 16,2% 16,9% 17,1% 17,4%
2008 16,9% 16,8% 15,9% 16,3% 16,0% 14,9% 16,0% 15,6% 15,8% 15,8% 16,4% 16,1% 16,0%
2009 15,5% 15,3% 15,2% 15,3% 15,2% 15,0% 15,4% 14,8% 13,8% 13,8% 13,8% 13,7% 14,8%
2010 12,8% 12,6% 12,2% 11,5% 11,9% 11,6% 11,2% 11,0% 10,9% 11,4% 11,3% 11,6% 11,7%
2011 11,6% 11,3% 11,3% 11,1% 10,6% 11,0% 10,7% 11,3% 11,9% 12,1% 12,8% 12,4% 11,5%
2012 12,4% 12,2% 12,4% 12,2% 12,0% 11,8%

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]