Álvaro García Diéguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1959 (65 anos) A Coruña, España |
Presidente do Deportivo da Coruña | |
17 de setembro de 2023 – ← Antonio Couceiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | gestor bancário (pt) |
Álvaro Valentín García Diéguez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1959, é un director de banco e profesor universitario galego. Dende 2023 é o presidente do Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en Mercadotecnia Empresarial pola Universidade Politécnica de Madrid.[1] Traballou durante décadas no sector financeiro, ocupando entre outros os cargos de director de deseño y desenvolvemento de negocio de Caixa Galicia (2005-2010), director de negocios especializados de Novacaixagalicia (2011-2015), director de operacións de Novagalicia Banco e director xeral da sección de seguros de Abanca (2015-2023). Foi tamén profesor da Facultade de Economía e Empresas da Universidade da Coruña. En 2023 foi nomeado presidente do Deportivo da Coruña por Abanca, propietaria do club.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Álvaro García Diéguez, novo presidente do RC Deportivo". 17 de setembro de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.