Saltar ao contido

Álex Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlex Bergantiños

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1985 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2008   Deportivo Fabril 152(12)
2008–2023   Deportivo da Coruña 322(12)
2008–2010→ cesión:    Xerez CD 57(0)
2010–2011→ cesión:    Granada CF 6(0)
2011–2011→ cesión:  Gimnàstic de Tarragona 22(1)
2017–2018→ cesión:    Sporting de Gijón 38(1)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2008–2016   Galicia 2(0)

Alejandro "Álex" Bergantiños García, nado na Coruña o 7 de xuño de 1985, é un exfutbolista galego. Xogaba de mediocentro defensivo e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Deportivo da Coruña, club do que foi capitán e xogador histórico. É o oitavo futbolista con máis partidos na historia do club (336) e un dos únicos dous xogadores, xunto a Diego Villares, en defender a camiseta do Deportivo en catro categorías diferentes (Primeira, Segunda, Segunda B e Primeira Federación).

Formado futbolisticamente no Imperátor, entrou na canteira do Deportivo con 17 anos. Tras pasar polo equipo xuvenil militou durante catro anos no Fabril, disputando 152 encontros e exercendo como capitán. A continuación saíu cedido ao Xerez, logrando o ascenso a Primeira División e debutando na máxima categoría. Despois de dúas novas cesións ao Granada e ao Nàstic, debutou con 26 anos no primeiro equipo do Deportivo, adestrado por José Luis Oltra, e foi un habitual nas aliñacións do equipo na seguinte década, coa excepción da tempada 2017/18, na que foi cedido ao Sporting de Gijón. Viviu dous ascensos e tres descensos co club coruñés, ao que capitaneou nos momentos máis difíciles da súa historia.[1] Retirouse en 2023, despois de 21 anos ao servizo do Deportivo, no que continuou un ano máis como conselleiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios (1985-2008)

[editar | editar a fonte]

Naceu o o 7 de xuño de 1985 no barrio coruñés da Sagrada Familia. Seus pais, Emilio Bergantiños e Fina García, naturais de Vilasantar, emigraran á Coruña para traballar, el como albanel e ela como empregada do fogar.[2] Comezou xogando ao fútbol no Imperátor e ao mesmo tempo ao fútbol sala no Breogán,[3] co que gañou dous campionatos nacionais en categoría cadete.[4][5] Posteriormente deixou o fútbol sala para centrarse no fútbol e tras outra tempada no Imperátor foi chamado polo do Deportivo da Coruña, a pesar de que sufriu unha rotura de tibia e tivo dúbidas sobre a súa recuperación.[2]

Xogou unha tempada no equipo xuvenil e na 2004/05 pasou ao Fabril, da Terceira División. no que xogou entre 2004 e 2008, e do que foi o capitán.[5] Titular indiscutible para Tito Ramallo, disputou de inicio case todos os partidos do filial durante os seguintes catro anos e en abril do 2005 Javier Irureta convocouno para un partido do primeiro equipo do Deportivo fronte ao Levante, aínda que non chegou a debutar.[6]

Foi o xogador con máis minutos do equipo na tempada 2006/07, na que o Fabril se proclamou campión de Terceira e ascendeu á Segunda B. Repetiu como xogador con máis minutos na histórica campaña 2007/08, na que o Fabril conseguiu o mellor resultado da súa existencia, ao acabar cuarto na categoría de bronce. Bergantiños foi titular nas 38 xornadas de liga e na posterior promoción de ascenso a Segunda que o filial coruñés perdeu ante o Écija. Cun total de 152 partidos, é o 11º xogador con máis encontros na centenaria historia do Fabril.[7]

Cesión ao Xerez (2008-2010)

[editar | editar a fonte]

As súas boas intervencións co filial abríronlle as portas para asinar un contrato profesional co Deportivo. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Xerez CD de Segunda División, facendo unha boa campaña e logrando o ascenso a Primeira División. Ese ano xogou 32 partidos, a maioría deles como titular, no equipo que adestraba Esteban Vigo.

Na tempada 2009–10 foi cedido novamente ao Xerez, adestrado esta vez polo "Cuco" Ziganda. Debutou en Primeira División o 30 de agosto de 2009, xogando os derradeiros 30 minutos dun partido que enfrontaba ao Xerez co RCD Mallorca en Son Moix e que rematou con derrota (2–0). Despois dunha mala campaña, e de que pasase polo banco tamén o arxentino Néstor Gorosito, o Xerez descendeu a Segunda División, ao quedar na última posición da táboa.

Granada e Nástic (2010-2011)

[editar | editar a fonte]

Tras rematar a súa cesión no Xerez, o 14 de xullo de 2010 anunciouse unha nova cesión do xogador, esta vez ao Granada CF.[8] Aínda que comezou a tempada como titular, o técnico do equipo, o galego Fabri González, deixou de aliñalo despois da oitava xornada, polo que só disputou sete encontros co club granadino.[9]

O 10 de xaneiro de 2011 anunciouse que deixaba o Granada, que acabaría por ascender esa tempada, para saír nunha nova cesión ata o final da campaña ao Gimnàstic de Tarragona.[10] No equipo de Juan Carlos Oliva si tivo protagonismo, disputando como titular case todos os encontros restantes e marcando contra o Albacete o seu primeiro gol na categoría de prata.[11]

Regreso ao Deportivo (2011-2017)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011-2012 e tras o descenso do Deportivo á Liga Adelante, regresou ao club da súa cidade. Ese ano rendeu a un gran nivel, conseguiu xogar os 42 partidos de liga e ademais o equipo acabou campión con récord de puntos.[12][13] Disputou co Deportivo a tempada 2012-2013 en Primeira División, sendo titular en máis da metade dos partidos e xogando incluso de porteiro nun partido contra o Levante, tras a expulsión de Dani Aranzubía.[14] Ademais ese ano marcou o seu primeiro gol en Primeira División, na derrota do seu equipo contra o FC Barcelona por 4-5.[15] Con todo, o equipo volveu descender. Na seguinte tempada xogou case todos os partidos, colocándoo Fernando Vázquez na posición de central na primeira volta,[16] e o club volveu ascender á Primeira División.[17]

Xogou dende o inicio na maioría de partidos nas dúas seguintes tempadas do Deportivo en Primeira, pero perdeu a titularidade na tempada 2016-17, na que o adestrador Gaizka Garitano apenas contou con el.[18] Tras a destitución deste e a chegada de Pepe Mel en marzo, Bergantiños volveu á titularidade, estreándoa no partido contra o FC Barcelona, no que ademais marcou o gol da vitoria, o terceiro gol que lle facía ao Barça dos catro que levaba en total en Primeira.[19]

Cesión ao Sporting (2017-2018)

[editar | editar a fonte]

O 11 de xullo de 2017 o Deportivo anunciou a renovación de Bergantiños até 2019, así como a súa saída cedido por unha temporada ao Sporting de Gijón, en Segunda División.[20] No club asturiano foi un dos xogadores con máis minutos, disputando como titular 35 dos 42 partidos de liga.[21]

Bergantiños en 2017, cando militaba no Sporting.

Capitán do Deportivo (2018-2023)

[editar | editar a fonte]

O 16 de xuño de 2018 o Deportivo da Coruña anunciou a reincorporación do xogador,[22] que se converteu ademais no capitán do equipo, sucedendo a Pedro Mosquera.[23][24] Foi o centrocampista con máis minutos disputados do equipo, que acabou clasificándose para as eliminatorias de ascenso. Tras marcar un gol nas semifinais fronte ao Málaga,[25] sufriu unha dura patada na cara por parte de Marc Pedraza no primeiro partido da final contra o Mallorca, sendo sometido logo a unha intervención cirúrxica e recibindo 70 puntos de sutura.[26][27] Por este motivo non puido xogar o partido de volta, no que o Deportivo caeu derrotado por 3 a 0 e non puido consumar o ascenso.[28]

Na tempada 2019/20, marcada polo inicio da pandemia de COVID-19, foi titular na maioría de encontros, tanto con Anquela no banco como cos seus dous sucesores, Luis César Sampedro e Fernando Vázquez, nunha campaña na que o Deportivo acabou descendendo á Segunda División B por segunda vez na súa historia. A tempada 2020/21 foi a segunda de Bergantiños na categoría de bronce, despois da que xogara co Fabril 13 anos antes. Xogou 21 dos 24 partidos e foi o terceiro xogador con máis minutos, só por detrás de Borja Granero e Mujaid. O equipo, dirixido ese ano por Vázquez primeiro, e por Rubén de la Barrera despois, quedou lonxe do ascenso.

En agosto de 2021 foi titular na primeira xornada da nova Primeira División RFEF, a vitoria por 5-0 sobre o Celta B, converténdose no único xogador da historia do Deportivo en defender a súa camiseta en catro categorías diferentes (Primeira, Segunda, Segunda B e Primeira RFEF). Disputou un total de 36 partidos, case todos como titular, nunha tempada na que o equipo adestrado por Borja Jiménez, rematou segundo por detrás do Racing de Santander, accedendo así á promoción de ascenso. Na semifinal contra o Linares, Bergantiños marcou o terceiro dos catro goles do seu equipo (4-0), grazas a un forte disparo dende fóra da área.[29] Así, converteuse no segundo futbolista na historia do Deportivo en marcar en tres categorías diferentes, varias décadas despois de que o fixese Cobas.[30]

A continuación capitaneou o equipo na final ante o Albacete en RIazor, disputando completos os 90 minutos regulamentarios e os 30 de prórroga, na que o Deportivo caeu eliminado tras unha histórica remontada do equipo albaceteño, dirixido por Rubén de la Barrera.[31]

Comezou a tempada 2022/23 como titular, pero acabou caendo das aliñacións iniciais de Óscar Cano co paso das xornadas. Volveu á titularidade trala destitución de Cano e o regreso de Rubén de la Barrera, co que o Deportivo disputou de novo sen éxito a promoción de ascenso a Segunda. O partido de volta das semifinais, no que o club galego caeu eliminado fronte ao Castellón en Nou Castàlia, foi o derradeiro encontro oficial de Bergantiños, pois dúas semanas despois anunciouse a súa retirada.[32] Colgou as botas con 38 anos e como o oitavo xogador con máis partidos na historia do club, despois de ter superado na súa última campaña a Jorge, Loureda, Vicente, Domínguez e Pancho García.

Vestiu por última vez a camiseta do Deportivo na 78ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte ao equipo sub-23 do Bragantino do Brasil. Entrou como titular e foi substituído no minuto 21, momento no que o partido se detivo para lle render homenaxe.[33]

Selección galega

[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Irán disputado no estadio de Riazor o 27 de decembro de 2008, que finalizou con vitoria para os irmandiños (3–2). Repetiu convocatoria para o partido contra Venezuela disputado tamén no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1), e onde exerceu como capitán.[34]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

No comunicado do Deportivo da Coruña no que se anunciou a súa retirada, en xuño de 2023, confirmouse que continuaría vencellado ao club, como estaba previsto dende a súa última renovación.[7] Uns días despois converteuse nun dos catro membros do novo Consello de Administración do Deportivo, xunto a Carlos Ballesta, Michelle Clemente e Vicente Fernández, e con Álvaro García Diéguez como novo presidente.[35] Ocupou o cargo durante un ano, ata que en xuño de 2024 anunciouse a súa saída do Consello.[36]

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

Dende 2013[37] organiza todos os anos no concello de Vilasantar, de onde é nativa a súa familia, un campus de fútbol base para nenos.[38]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Coñeceu á súa parella sentimental, Lorena, cando ambos estudaban no IES Salvador de Madariaga. Con ela tivo dous fillos: Teo e Daniela.[39]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Categoría Liga Copa Outros[N 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos GolesPartidosGoles
Fabril 2004/05 Terceira 33 2 - - - - 33 2
2005/06 Terceira 35 1 - - 3 0 38 1
2006/07 Terceira 37 6 - - 4 0 41 6
2007/08 Segunda B 38 3 - - 2 0 40 3
Total club 143 12 0 0 9 0 152 12
Xerez 2008/09 Segunda 31010 - -320
2009/10 Primeira 26021 - - 281
Total club 57031 0 0601
Granada 2010/11 Segunda 6010 - - 70
Nàstic 2010/11 Segunda 22 1 - - - - 22 1
Deportivo 2011/12 Segunda 42310 - - 433
2012/13 Primeira 29100 - -291
2013/14 Segunda 37 0 1 0 - - 38 0
2014/15 Primeira 33 0 1 0 - - 34 0
2015/16 Primeira 22 2 2 0 - - 24 2
2016/17 Primeira 8 1 1 0 - - 9 1
Sporting de Gijón 2017/18 Segunda 36 1 2 0 2 0 40 1
Deportivo 2018/19 Segunda 35 1 0 0 3 1 38 2
2019/20 Segunda 38 1 1 0 - - 39 1
2020/21 Segunda B 21 0 2 0 - - 23 0
2021/22 Primeira RFEF 33 0 1 0 2 1 36 1
2022/23 Primeira RFEF 20 0 1 0 2 0 23 0
Total club 31811110 4 133611
Total carreira 58223170 18 261725
  1. ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira, a Segunda e a Segunda B.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Xerez
Deportivo
  1. ↑ "Álex Bergantiños, el pendón del Deportivo que sujetó la corona blanquiazul" (en castelán). 27 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xullo de 2023.
  2. 1 2 "«Tengo muy clavada la espina del derbi»" (en castelán). 22 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  3. ↑ "Álex Bergantiños, con la base del Imperator". La Opinión A Coruña (en castelán). 11 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  4. ↑ "El orgullo de la Sagrada" (en castelán). 24 de abril de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  5. 1 2 "Bergantiños por fin sale en la foto" (en castelán). 16 de marzo de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  6. ↑ "Entrevista". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de abril de 2005. p. 42.
  7. 1 2 "Álex Bergantiños colgará as botas no Teresa Herrera antes de incorporarse á estrutura do Dépor". 26 de xuño de 2023. Consultado o 31 de xullo de 2023.
  8. ↑ "Álex Bergantiños se va cedido al Granada"
  9. ↑ "Álex Bergantiños, que inició la Liga cedido en el Granada, recala en el Nàstic de Tarragona". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro do 2011. p. 34.
  10. ↑ "O Dépor autoriza ao Granada a ceder a Alex ao Nastic ata final de Liga". Deportivo da Coruña. 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 1 de setembro de 2021.
  11. ↑ "El Nàstic remontó y certificó la permanencia". Marca (en castelán). 29 de maio de 2011. Consultado o 1 de setembro de 2021.
  12. ↑ "Álex Bergantiños confía en sus posibilidades" (en castelán). 15 de xuño de 2012. Consultado o 14 de maio de 2018.
  13. ↑ "O Deportivo remata a liga con récord de puntos en Segunda". 4 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 14 de maio de 2015.
  14. ↑ "Dúas lesións e o porteiro expulsado condicionan a derrota do Depor". Galicia Confidencial. 18 de novembro de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  15. ↑ "La magia de Cesc y Messi da la victoria al Barça en el festival de goles de Riazor (4-5)". RTVE (en castelán). 20 de outubro de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  16. ↑ "Vaya dónde vaya, vaya con Álex Bergantiños" (en castelán). 15 de novembro de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  17. ↑ "Uno por uno, la plantilla al detalle" (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2020.
  18. ↑ "Bergantiños, principal lunar de Gaizka Garitano" (en castelán). 10 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2020. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  19. ↑ "Bergantiños y el efecto Mel tumban al Barça" (en castelán). 12 de marzo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  20. ↑ "O Deportivo e Álex amplían un ano a súa vinculación e acordan a cesión ao Sporting a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 11 de xullo de 2017.
  21. ↑ "Plantilla del Sporting de Gijón 2017-18". BDfutbol (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2020.
  22. ↑ "Álex volve a casa". Deportivo da Coruña. 16 de xuño de 2018.
  23. ↑ "El Dépor 2018-19 ya tiene capitán". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  24. ↑ "Bergantiños xa exerce como capitán en Abegondo". CRTVG. 9 de xullo de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  25. ↑ "Álex Bergantiños y el gol que tumbó definitivamente al Málaga" (en castelán). 16 de xuño d e2019. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  26. ↑ "Bergantiños hiela el corazón de Riazor tras una brutal patada de Pedraza en la cara". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  27. ↑ "Bergantiños, dado de alta tras recibir 70 puntos de sutura en el labio" (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  28. ↑ "El Mallorca remonta al Deportivo y estará en LaLiga Santander (3-0)" (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2020.
  29. ↑ "O Dépor borra ao Linares en seis minutos máxicos (4-0)". 5 de xuño de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2023.
  30. ↑ Palleiro, Armando (8 de setembro de 2024). "Lucas Pérez, el único deportivista en marcar en las tres categorías y en Copa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2024.
  31. ↑ "El Albacete vuelve a Segunda: heroica remontada ante el Deportivo de La Coruña en Riazor (1-2)" (en castelán). 11 de xuño de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2023.
  32. ↑ "Álex Bergantiños deixa o fútbol e convértese en lenda do Deportivo". 27 de xuño de 2023. Consultado o 30 de xullo de 2023.
  33. ↑ "La despedida de Álex Bergantiños del Deportivo en Riazor: entre lágrimas y con beso final al césped" (en castelán). 5 de agosto de 2023. Consultado o 7 de agosto de 2023.
  34. ↑ Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016.
  35. ↑ Silveira, Xane (17 de xullo de 2023). "El Deportivo nombra a Álvaro García nuevo presidente: Bergantiños y Ballesta, al consejo" (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2023.
  36. ↑ Lema, Jorge (11 de xuño de 2024). "El Deportivo anuncia la salida de Álex Bergantiños del Consejo". As (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2024.
  37. ↑ "Alex Bergantiños presentó esta mañana en Vilasantar la segunda edición de su Campus de fútbol base" (en castelán). 20 de xuño de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2019.
  38. ↑ "VII CAMPUS FÚTBOL ALEX BERGANTIÑOS". www.vilasantar.gal. Consultado o 10 de outubro de 2019.
  39. ↑ Fernández, Xurxo (6 de agosto de 2023). "Álex Bergantiños, el hijo de Fina apaga la luz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]