Adrián López Álvarez
Adrián | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Adrián López Álvarez | ||
Nacemento | 8 de xaneiro de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Teberga | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Osasuna | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2005 | Oviedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2006 | Oviedo | 26 | (3) |
2006–2011 | Deportivo da Coruña | 92 | (13) |
2008 | → Alavés (cedido) | 10 | (3) |
2008–2009 | → Málaga (cedido) | 28 | (3) |
2011–2014 | Atlético de Madrid | 90 | (11) |
2014–2019 | Porto | 25 | (1) |
2015–2016 | → Villarreal (cedido) | 16 | (4) |
2017 | → Villarreal (cedido) | 15 | (2) |
2017–2018 | → Deportivo (cedido) | 30 | (9) |
2019– | Osasuna | 12 | (0) |
Selección nacional | |||
2005 | España sub-17 | 1 | (0) |
2007 | España sub-19 | 3 | (3) |
2007 | España sub-20 | 5 | (5) |
2007–2011 | España sub-21 | 19 | (9) |
2012 | España sub-23 | 5 | (0) |
2012 | España | 2 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2020. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Adrián López Álvarez, nado en Teberga (Asturias) o 8 de xaneiro de 1988, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o CA Osasuna da Liga Santander.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira como futbolista no Oviedo, debutando en Segunda División B con tan só 17 anos, na tempada 2005/06, da man de Antonio Rivas. Disputou un total de 30 partidos e marcou 3 goles.
No verán de 2006, cando aínda tiña 18 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña. Anotou o seu primeiro gol en Primeira División nun partido de Liga contra o FC Barcelona nunha grande internada polo centro que culminou ante o porteiro Víctor Valdés o 31 de marzo de 2007.
A tempada 2007/08 comezouna no Deportivo, aínda que se foi cedido ao Deportivo Alavés de Segunda División no mercado de inverno,[1] onde anotou tres goles que axudaron ao equipo vitoriano a manter a categoría.
Na campaña 2008/09 foi cedido novamente, esta vez ao Málaga CF,[2] onde marcou tres goles en 28 partidos xogados, o primeiro deles o 28 de setembro de 2008 contra o Real Valladolid.
A partir da tempada seguinte regresou ao Deportivo, conseguindo afianzarse no equipo titular e mellorando as súas cifras goleadoras. Na tempada 2010/11 foi o máximo goleador do equipo con 8 goles. Con todo, o equipo coruñés terminou descendendo a Segunda División ao final desa campaña.
O 11 de agosto de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido polo FC Porto durante unha temporada con opción de compra.[3]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa Selección de fútbol Sub-20 de España. Actualmente é convocado habitualmente para os partidos da Sub-21. En maio de 2011 foi convocado para xogar a Eurocopa sub-21, celebrada en Dinamarca en xuño do mesmo ano, onde se proclamou campión e máximo goleador do torneo con cinco goles.[4]
Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]
En 2007 disputou a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 coa selección española no Canadá. Adrián foi un dos estandartes da selección, obtendo a Bota de Prata do mundial con 5 goles.
Mundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007 | Canadá | 8° de final |
Europeo de Fútbol Sub-21 de 2009 | Suecia | Fase de grupos |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
Título | Club | Ano |
---|---|---|
UEFA Europa League | Atlético de Madrid | 2012 |
Copa do Rei | Atlético de Madrid | 2013 |
Primeira División | Atlético de Madrid | 2014 |
Selección[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | Ano |
---|---|---|
Eurocopa Sub-21 | Selección española | 2011 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | 2007 |
Bota de ouro da Eurocopa sub-21 | 2011 |
Mellor xogador da Eurocopa sub-21 | 2011 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Adrián López do Deportivo marcha cedido ao Alavés". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Adrián López xogará cedido no Málaga". Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Adrián López, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018". Deportivo da Coruña. 11 de agosto de 2017.
- ↑ "A sub-21 tamén reina en Europa". Consultado o 25 de xuño de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrián López Álvarez |
- Nados en 1988
- Nados en Teberga
- Futbolistas de Asturias
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012