Antonio Jesús Regal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoñito
Real Valladolid-Valencia CF, 2019-05-18 (32).jpg
Información persoal
Nome Antonio Jesús Regal Angulo
Nacemento 24 de decembro de 1987
Lugar de nacemento Herrera
Altura 1,73 m.
Posición centrocampista e lateral
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 2
Carreira xuvenil
Poli Ejido
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Poli Ejido B 47 (0)
2007–2010 Poli Ejido 67 (6)
2008 Melilla 13 (1)
2010–2011 Almería B 30 (1)
2011–2013 Écija 65 (6)
2013–2014 Cartagena 35 (3)
2014–2016 Albacete 68 (1)
2016–2017 Córdoba 27 (0)
2017–2020 Valladolid 80 (2)
2022– Deportivo da Coruña 4 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 30 de maio de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Antonio Jesús Regal Angulo, máis coñecido como Antoñito, nado en Herrera o 11 de decembro de 1987, é un futbolista español que xoga como lateral dereito ou centrocampista no Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Polideportivo Ejido, e debutou co seu filial na Terceira División na tempada 2006/07. O 4 de novembro de 2007 debutou co primeiro equipo na Segunda División, entrando como substituto de Gerardo nos minutos finais dunha derrota por 1-4 ante o Salamanca.

En xaneiro de 2008 saíu cedido á UD Melilla, da Segunda División B, coa que disputou 13 partidos, marcando un gol. A continuación regresou ao Poli, que acababa de descender, e co que xogou 74 partidos durante as seguintes dúas tempadas, anotando 6 goles. Continuou na Segunda B durante os anos seguintes, nos que militou na UD Almería B, o Écija Balompié e o FC Cartagena.

En xuño de 2014 asinou un contrato de dous anos co Albacete Balompié, que viña de ascender á Segunda División. Titular habitual no equipo de Luis César Sampedro durante as dúas tempadas, marcou o seu primeiro gol na categoría de prata o 6 de febreiro de 2016, nun empate 2-2 ante o Real Oviedo no Carlos Belmonte. En xullo de 2016 fichou polo Córdoba CF de José Luis Oltra, da mesma categoría, onde foi titular durante a maior parte da tempada.

En xullo de 2017 foi traspasado ao Real Valladolid cun contrato de tres anos. Na súa primeira tempada disputou 38 partidos, incluídos os da promoción de ascenso, nos que o club de Valladolid conseguiu regresar á Primeira División catro anos despois.

Debutou na máxima categoría española o 27 de setembro de 2018, xogando 21 minutos na vitoria por 2-1 ante o Levante UD, despois de entrar como substituto de Óscar Plano. O 21 de outubro marcou o seu primeiro gol en Primeira, o que significou a vitoria por 0-1 fronte ao Real Betis no Benito Villamarín. Xogou 30 partidos de liga durante a tempada 2018/19 e 15 durante a seguinte, e marcou dous goles.

En setembro de 2020 desvencellouse do Valladolid e fichou polo Panathinaikos da Súper Liga de Grecia, co que asinou un contrato por dous anos.[1] Con todo, ao pouco de chegar detectáronlle un problema pulmonar que o obrigou a ingresar no hospital durante dúas semanas.[2] Sen chegar a debutar, deixou o equipo en xaneiro de 2021, e regresou ao Cartagena, desta volta na Segunda División.[3] Xogou 17 encontros ata o final da tempada, na que o equipo murciano acabou logrando a permanencia nas últimas xornadas. A súa participación caeu na tempada 2021/22, na que apenas contou para o adestrador Luis Carrión, que lle deu só 53 minutos de liga en catro partidos. En xaneiro rescindiu o seu contrato co club.[4][5]

Despois de estar máis de dous meses sen equipo, o 22 de abril de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, para afrontar a parte final da tempada na Primeira División RFEF.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Posada, Arturo (26 de setembro de 2020). "Antoñito se desvincula del Real Valladolid y firma dos años con el Panathinaikos" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2022. 
  2. Rojí, José Luis (26 de setembro de 2020). "Antoñito: "Estoy deseando ir a Málaga a conocer a mi hija"". As (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2022. 
  3. "Antoñito regresa siete años después para aportar su experiencia y polivalencia al Cartagena" (en castelán). 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de maio de 2022. 
  4. Asensio, Alfonso (31 de xaneiro de 2022). "Antoñito abandona el FC Cartagena" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2022. 
  5. "Acuerdo con Antoñito para la rescisión de su contrato" (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 30 de maio de 2022. 
  6. "El Deportivo oficializa el fichaje de Antoñito, que ya entra en los planes para el Talavera". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2022. Consultado o 30 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]