Estadio Anxo Carro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°0′12″N 7°34′15″W / 43.00333°N 7.57083°W / 43.00333; -7.57083

Anxo Carro
Estadio Anxo Carro.jpg
Datos
Localización Avenida dos Deportes s/n - 27004 Galicia Lugo, Galicia
Alcume Anfield Carro
Construción
Inauguración 31 de agosto de 1974
Renovación 2001
Ampliación 2013
Arquitecto José Arias
Santiago Catalán
Eduardo Herráez
Estadio
Superficie Herba
Dimensións 105 × 70 m
Capacidade 7.840
Asist. máxima 7.564 (3 de maio de 2014)
Lugo 2 - 2 Deportivo
Propietario Xunta de Galicia
Localía CD Lugo
Eventos

O estadio Anxo Carro é un estadio de fútbol situado na cidade de Lugo.[1] Inaugurado o 31 de agosto de 1974, serve de localía ao Club Deportivo Lugo e pode albergar preto de 8.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Anxo Carro está situado á beira do Río Miño. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de tenis. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en 1934.

Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en Terceira División, con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o 31 de agosto de 1974. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o Club Lemos e o Deportivo. O CD Lugo venceu aos de Monforte na quenda de penaltis e perdeu a final cos herculinos por 1-0.

No ano 2001 o estadio foi remodelado e modernizado,[2] xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos arquitectos José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, con cadeiras para tódolos seareiros, da planta baixa e creáronse novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento (Segunda B) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O 3 de xaneiro de 2007 disputouse a final da Copa Xunta de Galicia 2006, que enfrontou ao CD Lugo e ao Celta de Vigo (2-3).

En 2013, tralo ascenso á Segunda División do Lugo, foi colocada o 8 de xuño unha grada supletoria con capacidade para 2.292 espectadores no fondo para recibir á Ponferradina, que ficaría finalmente de forma permanente. No verán dese mesmo ano, o estadio foi reformado para cubir a maioría do asentos e aumentar a grada de tribuna, conseguindo xunto coa mencionada grada supletoria unha capacidade próxima aos 8.000 espectadores. O primeiro cheo do estadio tralas obras de ampliación rexistrouse o 3 de maio do ano seguinte co partido entre o CD Lugo e o Deportivo da Coruña (2-2).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]