Club Deportivo Alcoyano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcoyano
Escudo CD Alcoyano.png
Nome Club Deportivo Alcoyano
Alcume(s) Deportivo
Fundación 1929
Estadio El Collao,
Alcoi, España
Inauguración 1929
Capacidade 4.500
Presidente España Juan Serrano Morillas
Adestrador Galicia Luis César Sampedro
Liga 2ªB – Grupo 3
2011–12 21º (Segunda División)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Alcoyano (en valenciano: Club Esportiu Alcoià) é un club de fútbol de España da cidade de Alcoi na provincia de Alacant. Foi fundado en 1929 e milita actualmente na Segunda División B, logo de descender tras unha tempada en Segunda.

É un dos clubs históricos da Comunidade Valenciana, cunha traxectoria de 4 tempadas en Primeira División e 12 en Segunda. O seu maior logro na Liga é un 10º posto en Primeira na tempada 1947-48.

Himno[editar | editar a fonte]

O himno oficial do club titúlase La Moral del Alcoyano, con música de Miguel Peidró e Jaime Lloret e letra de Armando Santacreu, foi composto en 1979 por motivo das vodas de ouro do club. En 2004, coincidindo co 75º aniversario da entidade, modernizouse a música e foi interpretado polo cantante alcoyano José Zamora. Tamén se fixo unha versión coa letra en valenciano.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta de franxas branquiazuis, pantalón azul e medias branquiazuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta cunha cruz vermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo Alcoyano xoga os seus partidos no estadio El Collao. El Collao é unha instalación deportiva municipal inaugurada en 1929, con capacidade para 4.500 espectadores e con dimensións de 102 x 65 metros. Debido á súa singular construción, adóitase dicir que é un campo con estilo inglés, e habitualmente presenta boas entradas de público.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do CD Alcoyano.

Cadro 2011/12[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR España Fernando Maestro
2 DEF España Pina
3 DEF España Carrión
4 DEF España Xavi Molina
5 MED España Jorge Rojas
6 DEF España César Remón
7 DEF España Devesa
8 DEF España Álvaro
9 DEF Guinea Ecuatorial Fabiani
10 DEF España Gato
11 DEF España Paco Esteban
13 DEF España Dorronsoro
14 DEF España Cañadas
Posto País Xogador
15 MED España Fran Miranda
16 POR España Diego Jiménez
17 DEF España Guille Roldán
18 MED España Dani Fernández
19 MED España Morcillo
20 DEF España Rafa Gómez
21 DEF España Fernando Martín
22 DEF Flag of Honduras.svg Anthony Lozano
23 DEF España Miki Martínez
24 DEF España Omar Monterde
25 DEF España Batres
30 DEF España Adrián Murcia

Palmarés[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Club Deportivo Alcoyano B.

O CD Alcoyano B, creouse na tempada 2007-08 en Segunda Rexional, conseguindo o ascenso directo esa mesma tempada ao terminar campión do seu grupo. Na actualidade milita en Primeira Rexional. Este filial ten como obxectivo formar aos mozos para que nun futuro poidan dar o salto ao primeiro equipo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]