Diego Tristán
Diego Tristán | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Diego Tristán Herrera | ||
Nacemento | 5 de xaneiro de 1976 (47 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Betis | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1998 | Betis B | 94 | (33) |
1998–1999 | Mallorca B | 39 | (15) |
1999–2000 | Mallorca | 35 | (18) |
2000–2006 | Deportivo da Coruña | 177 | (87) |
2006–2007 | Mallorca | 13 | (0) |
2007–2008 | Livorno | 21 | (1) |
2008–2009 | West Ham | 14 | (3) |
2009–2010 | Cádiz | 29 | (8) |
Total | 422 | (165) | |
Selección nacional | |||
2001–2003 | España | 15 | (4) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Diego Tristán Herrera, nado en La Algaba (Sevilla) o 5 de xaneiro de 1976, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empezou xogando no Real Betis Balompié B, categoría inferior do Real Betis. En 1998 fichou polo RCD Mallorca B, onde pronto se fixo un lugar no primeiro equipo. Debutou na Primeira División española o 12 de setembro de 1999 no partido Real Mallorca 3-0 Numancia.

No verán do ano 2000 fichou polo Deportivo da Coruña, logrando ese mesmo verán o seu primeiro título, a Supercopa de España.
Na tempada 2000–01 conseguiu un subcampionato de Liga. Na seguinte campaña (2001–02) o seu equipo volveu repetir posición na liga e ademais proclamouse campión da Copa do Rei. Este título permitiríalle ao Deportivo gañar outra Supercopa de España uns meses despois contra o campión de Liga, o Valencia CF. Ademais esa foi a mellor tempada para Tristán xa que, ademais dos dous títulos gañou o Trofeo Pichichi ao marcar 21 goles na Liga.
En setembro de 2006, co mercado de fichaxes xa pechado, rescindiu o seu contrato co Deportivo, despois de quedar sen ficha no club. Aínda así, puido fichar semanas máis tarde polo Real Mallorca, que se gardou unha ficha para poder contratar ao dianteiro andaluz. Tras unha longa época á sombra, disputando só 13 partidos sen marcar, foi liberado en xaneiro de 2007. Nese mesmo verán de 2007 foi fichado polo Livorno italiano, co que recuperou algo do seu bo fútbol.
O West Ham United inglés incluíuno no seu equipo para a tempada 2008–09 tras acabar o seu contrato dun ano co Livorno.
En xullo de 2009, rematado xa o seu contrato co West Ham United, ficha polo Cádiz CF da Segunda División de España por unha tempada, dúas segundo obxectivos, conseguindo marcar 8 tantos en 29 partidos xogados.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 15 ocasións, marcando catro goles. O seu debut como internacional produciuse o 2 de xuño de 2001 no partido España 4:1 Bosnia-Herzegovina.
Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]
Mundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Mundial de Fútbol Corea-Xapón 2002 | Corea do Sur e o Xapón | Cuartos de final |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Individual[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1976
- Nados na provincia de Sevilla
- Futbolistas de Andalucía
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Betis Balompié B
- Xogadores do RCD Mallorca B
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do AS Livorno
- Xogadores do West Ham United FC
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Gañadores do Trofeo Pichichi