Alejandro Arribas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejandro Arribas
Arribas.jpg
Arribas xogando para o Rayo Vallecano en 2011
Información persoal
Nome completo Alejandro Arribas Garrido
Nacemento 1 de maio de 1989 (32 anos)
Lugar Madrid, España
Altura 1,82 m.
Posición Central
Información de club
Club actual UNAM
Número 14
Carreira xuvenil
Rayo Majadahonda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Rayo Majadahonda
2008–2010 Rayo Vallecano B 47 (0)
2009Navalcarnero (cedido) 15 (1)
2010–2012 Rayo Vallecano 74 (2)
2012–2014 Osasuna 70 (3)
2014–2015 Sevilla 11 (0)
2015–2017 Deportivo da Coruña 57 (2)
2018– UNAM 14 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 15 de abril de 2018
† Aparicións (Goles)

Alejandro Arribas Garrido, nado en Madrid o 1 de maio de 1989, é un futbolista español. Xoga de central e o seu equipo actual é o Club Universidad Nacional mexicano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do CF Rayo Majadahonda fichou polo Rayo Vallecano no ano 2008, aínda que mediada a tempada foi cedido ao CDA Navalcarnero. Ao ano seguinte afianzade no filial do equipo de Vallecas e debuta co primeiro equipo da man do adestrador Pepe Mel. Tras dar o salto definitivo ao primeiro equipo no verán de 2012 ficha polo CA Osasuna ao rematar o contrato co equpo madrileño.

Tralo descenso do Osasuna rescinde o seu contrato e ficha polo Sevilla FC en 2014. Un ano despois fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña cun contrato por 3 tempadas, con opción a catro.[1]

O 8 de decembro de 2017 anunciouse o seu traspaso ao Club Universidad Nacional (Pumas de la UNAM) mexicano.[2] Arribas firmou por dúas tempadas e media e o traspaso estimouse en millón e medio de euros.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alejandro Arribas, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 26 de xuño de 2015.  (en castelán)
  2. "Acordo con Pumas e Arribas para o seu traspaso ao equipo da UNAM". Deportivo da Coruña. 8 de decembro de 2017. 
  3. "Acuerdo entre Depor y Pumas para el traspaso de Arribas". Marca. 8 de decembro de 2017.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]