Saltar ao contido

Rally da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally da Coruña
Imaxe
Iván Ares no Rally da Coruña de 2017
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.38 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1967 – Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosVíctor Senra (5) Editar o valor en Wikidata


O Rally da Coruña é o nome xenérico co que se coñecen varias probas de rally que se disputan na cidade homónima desde o ano 1967.

Tanto o nome como as súas edicións crearon moita confusión debido que os distintos organizadores levaron pola súa conta o número de edicións e os seus sobrenomes. Nos seus primeiros anos tamén foi coñecido como Rally Rías Altas e era organizado pola Escudería Centollo de maneira intermitente; en 1983 a Escudería Coruña empezou a organizar o Critérium Mora Renault que até 1986 coincidiu co Rally da Coruña (contando este para o Campionato galego). En 1987 o Critérium pasou a chamarse Rally Cidade de Cristal que por tres anos máis (1988, 1989 e 1990) coincidiu de novo co Rally da Coruña. A partir de 1991 organizouse só unha soa proba na cidade, co nome de 9º Rallye Cidade da Coruña, ao ter en conta as edicións do Cidade de Cristal en lugar das 18º que levaba a outra proba. Ese mesmo ano a proba entrou no calendario da Copa de España e ao ano seguinte no Campionato de España de Rally. En 1997 formou parte do Campionato de Europa de Rally até 2001. Logo duns anos de ausencia a Escudería One Seven recuperou a proba incluíndoa no certame galego.[1]

Víctor Senra é o piloto máis laureado, con cinco vitorias, seguido por Germán Castrillón e Iván Ares, con catro cada un, e Santiago Salido e Víctor Piñeiro, con tres.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
A Praza de María Pita acolleu o parque pechado durante moitas edicións.

As primeiras competicións a motor na Coruña comezaron nos anos cincuenta e tratábanse de probas de motos a cargo do Moto Club Coruña.[2] A primeira proba automobilística que se disputou foi o IV Rally Nacional do RACE en 1956, que a pesar de comezar e finalizar en Madrid pasaba pola Coruña.[3] A pesar de todo habería que esperar até o 29 de maio de 1966 para que o Moto Club Coruña, xunto á Escudería Centollo fundada un mes antes por José Larrea, celebrasen o primeiro rally exclusivamente de automóbiles, o 1º Rallye de Primavera, que gañou o piloto Juan Bandeira.[4][5]

A Escudería Centollo, procedeu un ano despois a organizar o I Rally da Coruña co sobrenome de Rías Altas.[6] Desde aquela celebrouse o Rally da Coruña de forma continuada até 1973, ano no que non se disputou a sétima edición. En 1976 retomouse co salto da sétima edición e sen o sobrenome de Rías Altas​, e aínda que en 1977 non se disputou, en 1978 volveu como parte do Campionato Galego.[7]

En 1986 a proba suspendeuse despois dun accidente mortal ocorrido na primeira sección na que morreu un afeccionado que estaba a gravar o rally. Debido á pouca quilometraxe disputada e por respecto á vítima e aos seus familiares non se declarou gañador.[8] Por razóns económicas non se celebrou en 1987 e foi retomada en 1988.[9]

A Escudería Centollo tamén foi organizadora de probas como a Volta a Santa Cruz ou o notorio Gran Premio de Riazor, este último puntuando varias veces para o Campionato de España de velocidade.[10] Por outra banda, a Escudería La Coruña organizaba probas como o Campionato da Coruña de Velocidade, a Subida a Caaveiro do Campionato de España de Montaña ou o Rally dos Pazos, cuxa segunda edición foi o primeiro rally do primeiro Campionato Galego de historia, en 1975.[11]

En 1990 e debido á falta de iniciativas da Escudería Centollo para continuar co rally, o grupo Senra Sport usou este nome para realizar un rally celebrado nos concellos de Muros, Carnota, Vimianzo e Dumbría, que máis tarde sería coñecido como Rali 1000 Vistas.[12]

Pero o realmente importante comezou en 1983 co 1º Critérium Mora Renault.[13] A súa terceira edición pasou a formar parte da Copa de España de Rallys,[14] unha segunda división do Campionato de España, mantendo o seu status nos anos posteriores a pesar de cambiar o nome a Rallye Ciudad de Cristal, en honra ao alcume da cidade onde se disputaba, e en 1991 a Rallye Ciudad de La Coruña cos dereitos de uso do devandito nome cedidos pola Escudería Centollo, que despois foi simplificado a Rallye Internacional de La Coruña ou simplemente Rallye de La Coruña.[15]

Campionato de Europa

[editar | editar a fonte]

En 1993, celebrando o ano Xacobeo, a Escudería La Coruña conseguiu que o rally entrase por primeira vez no Campionato de España, coa responsabilidade de ser a última proba e a que ía decidir o campión. Despois da preinspección en 1996, accedeu ao Campionato de Europa aumentando o coeficiente, valor dado pola FIA a cada proba, a 5 nos últimos anos. Durante este tempo cada ano a presenza internacional foi aumentando con pilotos británicos, belgas e portugueses principalmente, pero tamén con peruanos, uruguaios, franceses, italianos e andorranos. O seu epicentro baseouse na praza de María Pita, escenario do parque pechado de todas as edicións agás unha, acompañado dun percorrido normalmente formado polos míticos tramos de Doroña, Monfero, Villozás, Aranga, Meirama e Soandres, ás que se foron sumando outros situadas cara ás comarcas de Ferrol e Bergantiños; dándolle máis quilómetros cronometrados.[16]

A pesar de todo o esforzo realizado pola organización e aínda que para 2002 o rally ía ser de coeficiente 10 debido ao seu alto nivel, a seguinte edición non se puido celebrar por problemas económicos. A Escudería La Coruña non desistiu no seu intento de resucitar o rally, de feito tentouno sen éxito en 2009 cunha preinspección nacional co obxectivo de levar o Campionato Mundial de Rallyes a Galicia, ante as dúbidas sobre a continuidade do de Cataluña e co apoio de Luis Moya.[17][18]

Por outro lado a entidade One Seven tamén intentou recuperalo, pero a primeira edición celebrouse no concello de Carral, sen achegarse á Coruña; foi por iso que o rally chamouse inicialmente Rali One Seven,[19] [20] pero pasou a chamarse Rally da Coruña polo seu atractivo publicitario. Por desgraza este rally sería recordado polo accidente fatal no que sete espectadores perderon a vida; converténdose na peor traxedia da historia do deporte español.[21] A pesar de todo, retomouse dous anos despois, esta vez no concello da Coruña, como o autodenominado Rally da Coruña, a pesar de non ter aínda os dereitos de uso do nome e as edicións da Escudería La Coruña.[22]

Edicións

[editar | editar a fonte]
Ano Nome Piloto Copiloto Automóbil Series
1967 1º Rallye da Coruña España Jorge de Bagration España Emilio Sanjurjo Lancia Fulvia HF [6]
1968 2º Rallye da Coruña Galicia Estanislao Reverter Lancia Fulvia España [23]
1969 3º Rallye da Coruña Galicia Santiago Salido R-8 Gordini [24]
1970 4º Rallye da Coruña España Eladio Doncel España Conde Porsche 911 RS [25]
1971 5º Rallye da Coruña Galicia Santiago Salido Alpine 1300 [26]
1972 6º Rallye da Coruña Galicia Santiago Salido Galicia R. Pena Alpine 1300 [27]
1976 8º Rallye da Coruña Galicia "Peitos" Galicia Antonio Colemán Seat 1430 FU [28]
1978 9º Rallye Cidade da Coruña

"I Memorial José Larrea Pérez"

España Pablo de Sousa España Luis Sanz Ford Escort Galicia [29]
1980 10º Rallye da Coruña España Miguel Martínez España José Luis González Alpine 1800 Galicia [30]
1981 11º Rallye da Coruña España Miguel Martínez España José Luis González Porsche 911 SC Galicia [31]
1982 12º Rallye da Coruña - Mora Renault Galicia Luis Barrio Galicia Diego Barcia Seat 124 2000 Galicia [32]
1983 13º Rallye da Coruña Galicia Luis Barrio Galicia Diego Barcia Seat 124 2000 Galicia [33]
1º Critérium Mora Galicia "Peitos" Galicia Javier Salgueiro Porsche 911 SC
1984 14º Rallye da Coruña Galicia Carlos Piñeiro Galicia Julio Orozco Porsche 911 SC Galicia [34]
2º Critérium Mora Galicia Carlos Piñeiro Galicia Julio Orozco Porsche 911 SC
1985 15º Rallye da Coruña - Leyma Galicia "Peitos" Galicia Javier Salgueiro Alfa Romeo 2.5 GTV Galicia [35]
3º Critérium Mora Galicia Carlos Piñeiro Galicia José Orozco Porsche 911 SC/RS
1986 16º Rallye Leyma Cidade da Coruña[36] Sen gañadores Sen gañadores Galicia [37]
4º Critérium Calvo España Chus Puras España José Arrarte Renault 5 Turbo
1987 5º Rallye Cidade de Cristal España Fernando Brizuela España Mario Saguillo Renault 5 Turbo
1988 17º Rallye TECAM A Coruña Galicia Germán Castrillón Galicia J. M. Domínguez Renault 5 GT Turbo Galicia [38]
6º Rallye Cidade de Cristal Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Porsche 911 SC-RS Galicia, Copa
1989 7º Rallye Cidade de Cristal España Daniel Alonso España Salvador Belzunces Ford Sierra RS Cosworth
1990 18º Rali da Coruña Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth Galicia, Copa
8º Rallye Cidade de Cristal Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth
1991 9º Rallye Cidade da Coruña España Daniel Alonso España Salvador Belzunces Ford Sierra RS Cosworth Galicia, Copa [39]
1992 10º Rally Cidade da Coruña Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth Galicia, Copa [40]
1993 11º Rally Cidade da Coruña España Josep María Bardolet España Quin Muntada Opel Astra GSI 16v Galicia, España [41]
1994 12º Rally Cidade da Coruña España Jaime Azcona Alemaña Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye Galicia, España [42]
1995 13º Rally Cidade da Coruña España Miguel Martínez-Conde España Felipe Alonso Renault Clio Williams Galicia, España [43]
1996 14º Rally Internacional Cidade da Coruña España Luis Climent España José Antonio Muñoz Citroën ZX 16V Galicia, España [44]
1997 15º Rally Internacional da Coruña España Luis Climent España Alex Romaní Renault Mégane Maxi España, ERC [15]
1998 16º Rally Internacional da Coruña España Manuel Muniente España José Vicente Medina Peugeot 306 Maxi España, ERC [45]
1999 17º Rally Internacional da Coruña España Luís Monzón España José Carlos Déniz Peugeot 306 Maxi España, ERC [46]
2000 18º Rally Internacional da Coruña España Salvador Cañellas Jr. España Carlos del Barrio SEAT Córdoba WRC España, ERC [47]
2001 19º Rally Internacional da Coruña España Luís Monzón España José Carlos Déniz Peugeot 206 WRC España, ERC [48]
2015 20º Rally da Coruña Galicia Iván Ares Galicia Álvaro Bañobre Porsche 997 Galicia
2017 21º Rally da Coruña Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Ford Festa R5 Galicia
2018 22º Rally da Coruña Galicia Iván Ares Galicia José Antonio Pintor Hyundai i20 R5 Galicia
2019 23º Rally da Coruña Galicia Iván Ares Galicia José Antonio Pintor Hyundai i20 R5 Galicia
2020 24º Rally da Coruña Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Galicia [49]
2021 25º Rally da Coruña Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Galicia [50]
2022 26º Rally da Coruña Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 Rally2 Galicia
2023 27º Rally da Coruña Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Citroën C3 WRC Galicia
2024 28º Rally da Coruña Galicia Víctor Senra Galicia José Murado Citroën C3 WRC Galicia

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Vitorias Piloto Anos
5 Galicia Víctor Senra 2017, 2020, 2021, 2023, 2024
4 Galicia Germán Castrillón 1988, 1990, 1990, 1992
Galicia Iván Ares 2015, 2018, 2019, 2022
3 Galicia Santiago Salido 1969, 1971, 1972
Galicia Carlos Piñeiro 1984, 1984, 1985
2 España Miguel Martínez 1980, 1981
Galicia Luis Barrio 1982, 1983
Galicia "Peitos" 1983, 1985
España Daniel Alonso 1989, 1991
España Luis Climent 1996, 1997
España Luís Monzón 1999, 2001
  1. "Rally da Coruña" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  2. Díaz Sánchez 2015, p. 15.
  3. Díaz Sánchez 2015, p. 28-29.
  4. Díaz Sánchez 2015, p. 49.
  5. "Clasificación del Rallye de Primavera". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 1966. p. 10. 
  6. 6,0 6,1 Díaz Sánchez 2015, p. 75.
  7. Díaz Sánchez 2015, p. 224.
  8. Díaz Sánchez 2015, p. 244.
  9. Díaz Sánchez 2015, p. 225.
  10. Díaz Sánchez 2015, p. 89-111.
  11. Díaz Sánchez 2015, p. 175-176.
  12. Díaz Sánchez 2015, p. 246.
  13. Díaz Sánchez 2015, p. 263-267.
  14. Díaz Sánchez 2015, p. 272-274.
  15. 15,0 15,1 Díaz Sánchez 2015, p. 342-346.
  16. Díaz Sánchez 2015, p. 325-365.
  17. "Vuelve el Rallye de A Coruña" (en castelán). 23 de xaneito de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  18. "El Rally de España podría cambiar Catalunya por Galicia" (en castelán). 23 de xaneiro de 2008. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  19. Díaz Sánchez 2015, p. 398.
  20. "La Escudería". Escudería Coruña. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  21. "Trágico accidente en el rali de A Coruña: La muerte de una niña eleva la cifra de fallecidos a 7" (en castelán). 6 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2018. 
  22. "Comunicado Rally de La Coruña" (en castelán). 30 de agosto de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2018. 
  23. Díaz Sánchez 2015, p. 77-79.
  24. Díaz Sánchez 2015, p. 80-81.
  25. Díaz Sánchez 2015, p. 82-84.
  26. Díaz Sánchez 2015, p. 85.
  27. Díaz Sánchez 2015, p. 86.
  28. Díaz Sánchez 2015, p. 87.
  29. Díaz Sánchez 2015, p. 224-225.
  30. Díaz Sánchez 2015, p. 226-228.
  31. Díaz Sánchez 2015, p. 229-231.
  32. Díaz Sánchez 2015, p. 232-233.
  33. Díaz Sánchez 2015, p. 234-237.
  34. Díaz Sánchez 2015, p. 238-239.
  35. Díaz Sánchez 2015, p. 240-242.
  36. "25 años de historia" (244). 
  37. Díaz Sánchez 2015, p. 243-244.
  38. Díaz Sánchez 2015, p. 245.
  39. Díaz Sánchez 2015, p. 292-295.
  40. Díaz Sánchez 2015, p. 296-299.
  41. Díaz Sánchez 2015, p. 326-300.
  42. Díaz Sánchez 2015, p. 331-333.
  43. Díaz Sánchez 2015, p. 334-336.
  44. Díaz Sánchez 2015, p. 337-341.
  45. Díaz Sánchez 2015, p. 347-350.
  46. Díaz Sánchez 2015, p. 351-356.
  47. Díaz Sánchez 2015, p. 357-361.
  48. Díaz Sánchez 2015, p. 362-365.
  49. "Clasificación final Rally Coruña 2020" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  50. "Senra gaña o Rally da Coruña". CRTVG. 29 de maio de 2021. Consultado o 3 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Díaz Sánchez, Luis Miguel (2015). De carreras por La Coruña 1. Deputación da Coruña. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]