Manuel Guimeráns Correa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Guimeráns
Información persoal
Nome completo Manuel Guimeráns Correa
Nacemento 18 de decembro de 1918
  Vigo
Falecemento {{{Data_de_falecemento}}}
Nacionalidade España
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1941–1950 Deportivo da Coruña 184 (53)
1950-1951 Celta de Vigo 22 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Manuel Guimerans Correa, nado en Vigo o 18 de decembro de 1918 e finado o 17 de setembro de 1991, foi futbolista galego. Xogaba na posición de centrocampista e xogou no Deportivo da Coruña, no Celta de Vigo e no Racing de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1941–42 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División. No club coruñés permaneceu até o remate da tempada 1949–50.

Na tempada 1950–51 fichou polo Celta de Vigo, onde participou en 22 partidos e anotou un gol.

Na temporada 1951-52 militou no Racing de Ferrol, co que disputou a promoción de ascenso á Primeira División. No cadro verde disputou un total de 24 partidos de liga regular, marcando 5 goles. Na promoción de ascenso xogou un partido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]