Saltar ao contido

Tempada 2013/14 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo da Coruña
Tempada 2013–14
PresidenteAugusto César Lendoiro
(até o 21 de xaneiro)
Constantino Fernández
(desde o 21 de xaneiro)
AdestradorFernando Vázquez
EstadioRiazor
Segunda División2.º
Copa do ReiTerceira rolda
GoleadorBorja Bastón (10 goles)
Na casa
Fóra
Alternativa

Durante a tempada 2013–14 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 39ª campaña na categoría de prata) e na Copa do Rei, alcanzando a terceira rolda. Ao remate da tempada ascendeu a Primeira División, ao quedar subcampión da categoría.

Resumo da tempada

[editar | editar a fonte]

O mercado de inverno abriuse coa marcha do arxentino Emmanuel Culio ao Al Wasl dos Emiratos Árabes, traspaso que supuxo un ingreso de 300.000 euros para as arcas do Deportivo.[1]

O 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio. Celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, obtivo o apoio do 59,44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración.[2]

Pese á situación convulsa na que vive o club, o presidente Augusto César Lendoiro incorporou dous xogadores para reforzar o cadro: Toché (procedente do Panathinaikos) e Diogo Salomão (cedido polo Sporting de Lisboa).[3]

Na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72,09% dos votos, alzándose como novo presidente do club.[4]

Xa coa nova directiva durante este mes o equipo reforzouse con varias incorporacións, como a de Bryan Rabello (cedido polo Sevilla até o final da campaña),[5] de Ibrahim Sissoko (cedido polo Wolfsburg),[6] e a de Albert Lopo (procedente do Getafe).[7]

Do mesmo xeito o club anunciou a rescisión do contrato de Kaká (que firmou polo APOEL),[8] así como as cesións de Rudy (ao Belenenses) e Paulo Teles (ao Guijuelo).[9]

O 7 de febreiro o xuíz mercantil aprobou o convenio proposto polo Deportivo o pasado 10 de xaneiro (que contempla pagar a débeda do club en 17 anos, con dous de carencia, e tendo logo outros 17 anos para pagar a débeda subsidiaria. Todo cunha quita do 33%). Aínda sen o apoio de Facenda (o principal acredor), a partir desa data cesaron tódolos efectos da declaración de concurso.[10]

O 21 de febreiro, aproveitando unha visita institucional ao presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, anunciouse que no segunda equipamento da tempada 2014–15 lucirá a bandeira de Galicia.[11]

O 2 de marzo o portugués Diogo Salomão (incorporado no mercado invernal) sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, perdéndose o que resta da tempada.[12] Para substituílo o club fichou uns días máis tarde ao arxentino Diego Ifrán (cedido pola Real Sociedad).[13]

O 3 de maio o Deportivo xogou contra o Lugo, o partido correspondente á xornada 37, no denominado Derbi do norte, volvendo ao estadio Anxo Carro en partido oficial logo da tempada 1974–75 en Terceira División.[14] O partido rematou en empate (2–2).[15]

O 31 de maio logrou o ascenso matemático a Primeira División a falta dunha xornada, logo de vencer en Riazor ao Jaén (1–0), con gol de Carlos Marchena.[16]

Material deportivo

[editar | editar a fonte]

O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e o patrocinador foi Estrella Galicia.

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Datos do 7 de xuño de 2014
No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
1PORGermán Lux 370003703
2DEFEspañaManuel Pablo 260102702
3DEFCosta do Marfil Ibrahim Sissoko 161001613
4MEDGaliciaÁlex Bergantiños 360103708
5DEFEspañaCarlos Marchena 223102336
7MEDEspañaAntonio Núñez 2201023031
9DIAEspañaBorja Bastón 33100034104
10MEDGaliciaJuan Domínguez 3940039481
11DIAEspañaJavier Arizmendi 172001722
13POREspañaFabricio Agosto 602080
14MEDChileBryan Rabello 190001901
15DEFEspañaLaure Sanabria 360003609
16DEFPortugalLuisinho Correia 31310323811
18DIAEspañaToché 114001141
19DIAUruguaiDiego Ifrán 114001141
20MEDPoloniaCezary Wilk 190102005
22DEFGaliciaDiego Seoane 240212612
23DEFEspañaAlbert Lopo 162001625
24DIAGaliciaLuis Fernández 285213063
25MEDGaliciaJuan Carlos Real 28320303
28DEFGaliciaPablo Insua 3931040313
29DEFGaliciaUxío Marcos 2020401
30MEDGaliciaBicho 602080
32DIAGaliciaDani Iglesias 102030
33MEDGaliciaJesús Cañizares 002020
34DEFStefan Deak 00101021
35DEFGaliciaQuique Fornos 001010

Deixaron o equipo durante a tempada

[editar | editar a fonte]
No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
19MEDEmmanuel Culio 1820018291
23DEFKaká Bezerra 110101202
8MEDPortugalRudy Cachicote 180001801
31MEDPortugalPaulo Teles 402060
17MEDPortugalDiogo Salomão 610061

Equipo técnico

[editar | editar a fonte]
Cargo Nome
Adestrador Galicia Fernando Vázquez
Asistente Galicia Manolo Pombo
Preparador físico Galicia José Ángel Franganillo
Adestr. de porteiros Galicia Manuel Sotelo

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos
Equipo
X
G
E
P
GF
GC
DG
Pts
Clasificación ou descenso
1 Eibar (C) (P) 42 19 14 9 49 28+21 71 Ascenso á Primeira División 2014–15
2 Deportivo da Coruña (P) 42 19 12 11 48 36+12 69
3 Barcelona B 42 20 6 16 60 46+14 0661
4 Murcia (D) 42 16 17 9 55 44+11 0652 Descenso á Segunda División B 2014–15
5 Sporting de Gijón 42 16 16 10 63 51+12 64 Promoción de ascenso
6 Las Palmas 42 18 9 15 51 50+1 63
7 Córdoba (P) 42 16 13 13 47 43+4 61 COR 2–0 REC
REC 1–1 COR
8 Recreativo 42 16 13 13 53 530 61
9 Alcorcón 42 16 11 15 46 40+6 59 SAB 1–2 ALC
ALC 3–1 SAB
10 Sabadell 42 17 8 17 52 58−6 59
11 Tenerife 42 15 9 18 46 49−3 54 TEN: 7 pts → TEN 0–1 LUGO
LUGO: 7 pts → LUGO 1–3 TEN
NUM: 2 pts
12 Lugo 42 14 12 16 41 48−7 54
13 Numancia 42 11 21 10 42 41+1 54
14 Zaragoza 42 13 14 15 49 53−4 53
15 Girona 42 12 15 15 52 50+2 51 GIR: 9 pts → GIR 1–1 PON
PON: 9 pts → PON 1–2 GIR
MAL: 8 pts
ALA: 5 pts
16 Ponferradina 42 13 12 17 46 49−3 51
17 Mallorca 42 12 15 15 46 57−11 51
18 Alavés 42 13 12 17 57 570 51
19 Mirandés 42 13 11 18 38 56−18 50
20 Real Madrid Castilla (D) 42 13 10 19 49 56−7 49 Descenso á Segunda División B 2014–15
21 Jaén (D) 42 12 12 18 43 49−6 48
22 Hércules (D) 42 11 12 19 45 62−17 45

Actualizado aos partidos xogados o 8 de xuño de 2014.
Fonte: LFP - Liga Adelante
Regras de clasificación: [17] 1º puntos; 2º puntos na cara a cara; 3º diferenza de goles no cara a cara; 4º goles marcados no cara a cara; 5º diferenza de goles; 6º número de goles marcados; 7º puntos por xogo limpo.
(C) = Campión; (D) = Descendido; (P) = Promocionado; (E) = Eliminado; (O) = Campión do play-off; (A) = Avanza de rolda.
Só aplicable mentres a tempada non está rematada:
(Q) = Clasificado para o torneo indicado; (TQ) = Clasificado para o torneo, pero non aínda para a fase específica indicada; (DQ) = Descualificado do torneo.

      Vitoria       Empate       Derrota       Aprazado

Pretempada

[editar | editar a fonte]

Segunda División

[editar | editar a fonte]

Copa do Rei

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2013/14.

Segunda rolda

[editar | editar a fonte]

Terceira rolda

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "El Deportivo ya puede fichar". Marca. 14 de xaneiro de 2014.
  2. ↑ "El Deportivo logra sacar adelante su propuesta de Convenio". Marca. 10 de xaneiro de 2014.
  3. ↑ "Toché y Salomao nuevos jugadores deportivistas". Marca. 17 de xaneiro de 2014.
  4. ↑ "Tino Fernández ya es el nuevo presidente del Deportivo". Marca. 21 de xaneiro de 2014.
  5. ↑ "Rabello jugará cedido en el Dépor". Marca. 24 de xaneiro de 2014.
  6. ↑ "El fichaje de Sissoko hará bailar a Fernando Vázquez una muñeira". Marca. 29 de xaneiro de 2014.
  7. ↑ "Lopo apuntala la línea defensiva del Deportivo". Marca. 29 de xaneiro de 2014.
  8. ↑ "Kaká se va a Chipre agradecido al Dépor y a su afición". La Opinión de A Coruña. 28 de xaneiro de 2014.
  9. ↑ "El Deportivo cede a Rudy y Teles". Marca. 31 de xaneiro de 2014.
  10. ↑ "El juez aprueba el convenio del Deportivo". La Voz de Galicia. 7 de febreiro de 2014.
  11. ↑ "La bandera de Galicia lucirá en la segunda equipación del Deportivo". La Opinión de A Coruña. 21 de febreiro de 2014.
  12. ↑ "Salomao se perderá lo que resta de temporada". As. 3 de marzo de 2014.
  13. ↑ "Diego Ifrán, un delantero para el Dépor a precio de todoterreno". As. 12 de marzo de 2014.
  14. ↑ "Paso al fútbol con sabor gallego". La Voz de Galicia. 3 de maio de 2014.
  15. ↑ "El Lugo rescata un punto ante el Deportivo tras ir perdiendo 0-2". As. 3 de maio de 2014.
  16. 1 2 "Una victoria de Primera división". Marca. 31 de maio de 2014.
  17. ↑ "Reglamento General RFEF - Artículo 201. Sistema de puntos. (páxina 104)" (PDF). RFEF. 18 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xullo de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2013.
  18. ↑ "Paseo blanco por Riazor"
  19. ↑ "Valerón no puede hacer milagros"
  20. ↑ "La pizarra amarga el debut en casa del Deportivo"
  21. ↑ "Borja Bastón ya lidera al Deportivo"
  22. ↑ "Al Murcia le basta con un gol de estrategia para ganar al Depor"
  23. ↑ "El Sporting se sitúa como nuevo líder de la División de Plata"
  24. ↑ "Juan Domínguez oxigena al Dépor con la primera en Riazor"
  25. ↑ "Borja lidera el triunfo del Deportivo ante un Hércules desquiciado"
  26. ↑ "El Deportivo confirma sus problemas en casa"
  27. ↑ "El Dépor saca petróleo del Mini"
  28. ↑ "El Dépor salva un punto en el descuento"
  29. ↑ "El Tenerife pone fin a la racha del Deportivo a domicilio"
  30. ↑ "Riazor vuelve a ver ganar a su equipo
  31. ↑ "Insua aúpa al Deportivo al ascenso directo en casa del líder"
  32. ↑ "El Dépor se acerca al líder y aumenta las dudas del Mallorca"
  33. ↑ "Culio y Lux sitúan líder al Dépor"
  34. ↑ "Deportivo y Lugo hacen tablas en un derbi gallego muy igualado"
  35. ↑ "El Dépor recupera el liderato de la Liga Adelante"
  36. ↑ "Ipurúa acaba con el líder"
  37. ↑ "El Deportivo vuelve a tropezar en Riazor y deja el liderato en el aire"
  38. ↑ "El Deportivo mantiene el liderato pese a no pasar del empate en Jaén"
  39. ↑ "El Deportivo suma un pobre empate para ser campeón de invierno"
  40. ↑ "Golpe de Primera en Riazor"
  41. ↑ "Borja Bastón devuelve el liderato al Deportivo"
  42. ↑ "La nueva versión del líder gana con polémica al Sabadell". As. 1 de febreiro de 2014.
  43. ↑ "Tropiezo y adiós al liderato". Marca. 9 de febreiro de 2014.
  44. ↑ "El Deportivo rescata un punto pasado el tiempo de prolongación". Marca. 16 de febreiro de 2014.
  45. ↑ "Lopo da la victoria al Depor en el último suspiro". Marca. 23 de febreiro de 2014.
  46. ↑ "Toché revive al Deportivo en la recta final ante un gran Hércules". Marca. 2 de marzo de 2014.
  47. ↑ "Un tropiezo infantil". Marca. 8 de marzo de 2014.
  48. ↑ "El Deportivo falla en su asalto al liderato de la categoría de plata". Marca. 15 de marzo de 2014.
  49. ↑ "Muñoz no cambia la dinámica y el Dépor sigue la estela del líder". Marca. 23 de marzo de 2014.
  50. ↑ "El Tenerife impide al Deportivo recuperar el liderato". Marca. 29 de marzo de 2014.
  51. ↑ "El nuevo líder hunde un poco más al Castilla". Marca. 5 de abril de 2014.
  52. ↑ "Paso de gigante hacia Primera". Marca. 13 de abril de 2014.
  53. ↑ "Este Deportivo huele a Primera". Marca. 20 de abril de 2014.
  54. ↑ "La Ponferradina baila a un desconocido líder en Riazor". Marca. 26 de abril de 2014.
  55. ↑ "El Lugo hace dudar al Dépor". Marca. 3 de maio de 2014.
  56. ↑ "El Deportivo se encuentra con un punto en Mendizorroza". Marca. 11 de maio de 2014.
  57. ↑ "Frenazo a la euforia en Riazor". Marca. 18 de maio de 2014.
  58. ↑ "El Numancia sella la permanencia y retrasa el ascenso del Dépor". Marca. 26 de maio de 2014.
  59. ↑ "El milagro de Montilivi". Marca. 7 de xuño de 2014.
  60. ↑ "El Dépor se venga del Córdoba desde el punto de penalti". Marca. 12 de setembro de 2013.
  61. ↑ "Al Dépor se le atraganta la Copa en Jaén". Marca. 16 de outubro de 2013.