Diego Villares
Villares | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Diego Villares Yáñez | ||
Nacemento | 17 de xuño de 1996 | ||
Lugar de nacemento | Samarugo | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
2006–2015 | Racing Vilalbés | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Racing Vilalbés | 135 | (15) |
2018–2021 | Fabril | 46 | (6) |
2019 | → Racing Vilalbés (cedido) | 19 | (4) |
2021– | Deportivo da Coruña | 12 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 10 de maio de 2021 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996,[1] é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Racing Vilalbés (2006-2018)[editar | editar a fonte]
Formouse futbolisticamente no Racing Vilalbés, comezando nas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou en Terceira División na parte final da tempada 2013/14 estando aínda en idade xuvenil.[1] Na seguinte tempada continuou no equipo xuvenil pero xogando con máis asiduidade no primeiro equipo, co que disputou 24 partidos, anotando 5 goles. Na súa etapa xuvenil xogaba como pivote ofensivo, mentres que na escuadra sénior o adestrador Óscar Gilsanz escorouno cara a banda dereita.[2] Xa asentado no primeiro equipo, xogou os seguintes tres anos en Terceira, sendo titular en case todos os partidos, disputando unha fase de ascenso na 2017/18 e converténdose no xogador máis importante do equipo.[3]
Fabril (2018-2021)[editar | editar a fonte]
En maio de 2018 fichou polo Deportivo Fabril, en Segunda División B.[3] Debutou na primeira xornada de liga fronte ao Internacional de Madrid e marcou o seu primeiro gol na categoría en Pasarón, fronte ao Pontevedra.[4] Con todo, no filial deportivista adestrado primeiro por Tito Ramallo e logo por Sergi Pellicer, non tivo continuidade, e no inverno foi cedido ao seu antigo club, o Racing Vilalbés.[5]
Cesión ao Racing Vilalbés (2019)[editar | editar a fonte]
Cando volveu ao Racing Vilalbés, o equipo atopábase nunha situación moi diferente á que había cando marchara, co equipo ocupando postos de descenso a Preferente.[6] Disputou co club lucense os 19 partidos restantes da tempada, anotando catro goles e logrando a salvación comodamente, ao rematar no 11º posto.
De regreso no Fabril (2019-2021)[editar | editar a fonte]
Na tempada 2019/20, co Fabril en Terceira, gañou a titularidade dende o principio tendo un rendemento notable, pero foi na seguinte campaña cando se converteu no capitán e líder indiscutible do equipo, adestrado por Juan Carlos Valerón.[7] Disputou 41 partidos co Fabril, anotando cinco goles e gañando a Copa Deputación 2019.[8]
Deportivo da Coruña (2021-presente)[editar | editar a fonte]
O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[9][10] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[11] Foi titular en todos os restantes partidos, converténdose nun dos piares do equipo adestrador por Rubén de la Barrera e sendo galardoado ao remate da tempada como Xogador Estrella Galicia, tras unha votación entre os afeccionados do club para elixir ao mellor xogador da tempada.[12][13]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Fabril[editar | editar a fonte]
- Copa Deputación da Coruña (1): 2019
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Diego Villares: "Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí"". 16 de decembro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Fabril ficha a Diego Villares, la promesa de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Diego Villares, primer fichaje del Fabril para la próxima temporada" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Fabril desaprovecha dos goles de ventaja en Pasarón" (en castelán). 11 de novembro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ García, Rubén (30 de novembro de 2019). "De Abegondo a Vilalba, 75 kilómetros" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares vuelve cedido al Vilalbés". El Progreso (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ Castiñeira, Martín (21 de dcembro de 2020). "Diego Villares, el chico para todo de Juan Carlos Valerón" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "O Fabril, campión da Copa Deputación". 14 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares subirá al primer equipo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Nova derrota branquiazul (2-0)". 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares: un regalo inesperado" (en castelán). 11 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "Diego Villares, Xogador Estrella Galicia do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 10 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán).