Iván Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Iván Pérez Maceira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iván Pérez
Iván Pérez.jpg
Información persoal
Nome completo Iván Pérez Maceira
Nacemento 16 de novembro de 1985 (33 anos)
Lugar Santiago de Compostela, Galicia
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Somozas
Carreira xuvenil
Laracha
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2009 Deportivo B 81 (25)
2009–2011 Deportivo 20 (0)
2010–2011Ponferradina (ces.) 15 (0)
2011–2012 Montañeros 23 (2)
2012–2014 Lugo 49 (3)
2015 Compostela 12 (1)
2015–2016 Panegialios 6 (0)
2016 Talavera 10 (0)
2016− UD Somozas

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 8 de agosto de 2016

Iván Pérez Maceira, nado o 11 de novembro de 1985 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista no Somozas da Segunda División B.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente do filial branquiazul, no verán de 2009 Iván Pérez ascende ao primeiro equipo e firma o seu primeiro contrato profesional. Durante a tempada 2010–11 xogou cedido na SD Ponferradina en Segunda División. Iniciada a tempada 2011–12 fichou polo Montañeros CF, despois de facer a pretempada co Deportivo e quedar sen ficha. Na temporada 2012-13 comezaría a adestrar co CD Lugo, aínda que sen contar con ficha no equipo. Tras probar sorte na Superliga danesa, no Randers, finalmente pasaría a formar parte do cadro de xogadores albivermello o 12 de decembro. Tras finalizar contrato en 2014 o Lugo decide non renovalo. Tras estar todo o ano restante sen equipo, asina no mercado de inverno de 2015 polo Compostela.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Deportivo B Terceira 2006-2007 28 13
Deportivo B Segunda B 2007-2008 15 4
Deportivo B Segunda B 2008-2009 38 8
Deportivo Primeira 2009-2010 24 0
Ponferradina Segunda 2010-2011 15 0
Montañeros Segunda B 2011-2012 23 2
Lugo Segunda 2012-2013 18 2
Compostela Segunda B 2015 12 1
Panegialios Segunda (Grecia) 2015-2016 6 0
Talavera Segunda B 2016 10 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]