Claudio Barragán
Claudio | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Claudio Barragán Escobar | ||
Nacemento | 10 de abril de 1964 (58 anos) | ||
Lugar de nacemento | Manises | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1980–1982 | Levante | 33 | (0) |
1982–1983 | Ceuta | 0 | (0) |
1983–1984 | Levante | 0 | (0) |
1984–1989 | Elche | 123 | (24) |
1989–1991 | Mallorca | 56 | (11) |
1991–1995 | Deportivo da Coruña | 112 | (32) |
1995–1996 | Salamanca | 42 | (11) |
1996–2000 | Elche | 56 | (12) |
2002–2004 | Alone de Guardamar | ||
Total | 494 | (111) | |
Selección nacional | |||
1992 | España | 6 | (0) |
Adestrador | |||
2008–2009 | Elche | ||
2011–2014 | Ponferradina | ||
2014–2016 | Cádiz | ||
2016–2017 | Mirandés | ||
2017–2018 | Hércules | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Claudio Barragán Escobar, nado en Manises (València) o 10 de abril de 1964, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
A fama tardou en chegarlle por problemas físicos no seu xeonllo que lle impediron facer unha mellor progresión. Típico dianteiro centro, remataba coas dúas pernas aínda que era destro e tiña un moi bo remate de cabeza.
Pertenceu ao RCD Mallorca, que en 1992 xogou a final da Copa do Rei onde destacou xunto con xogadores como Miguel Ángel Nadal, Álvaro Cervera Díaz, ou Marcos Martín e o porteiro Ezaki Badu.
No Deportivo da Coruña viviu os seus mellores anos deportivos, facendo xunto a Bebeto a gran dianteira do denominado "Superdépor", coa aliñación formada en numerosas ocasións por Liaño, Albístegui, Nando, Ribera, Miroslav Đukić, López Rekarte, Mauro Silva, Adolfo Aldana, el mesmo, Fran e Bebeto. Gañou unha Copa do Rei na tempada 1994-95.
Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, xogando 38 partidos e anotando 11 goles. O equipo non puido evitar o descenso como último clasificado.
Na campaña 1996–97 firmou polo Elche CF, en Segunda División B. Esa tempada lograron o ascenso a Segunda División, logo de quedar segundos e pasar a eliminatoria. Na tempada 1997–98 o equipo non puido evitar o descenso á categoría de bronce, logrando novamente volver a Segunda División tras a campaña 1998–99. Na tempada 1999–00 lograron a permanencia, ano no que Claudio rescindiu o seu contrato, con 35 anos.
Entre 2002 e 2004, Claudio xogou no Alone de Guardamar.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
En 1992 Claudio xogou 6 partidos coa selección española, onde non conseguiu ningún gol.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Na tempada 2008–09 fíxose cargo do Elche. Foi destituído o 4 de outubro de 2009 debido ao mal inicio da tempada e despois de perder co Hércules CF, máximo rival, (3–0).
De cara a tempada 2014–15 non renovou coa Ponferradina, sendo substituído por José Manuel Díaz.
O 7 de decembro de 2016 anunciouse a súa contratación polo CD Mirandés até o remate da tempada 2016–17, de Segunda División, en substitución de Carlos Terrazas.[1]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Claudio Barragán dirigirá al Mirandés hasta final de temporada". El Confidencial. 7 de decembro de 2016. (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1964
- Nados en Manises
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do AD Ceuta
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do CD Alone de Guardamar
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores da SD Ponferradina
- Adestradores do Cádiz CF
- Adestradores do CD Mirandés
- Adestradores do Hércules CF