Juan Ramón Aldalur Lasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chapela II
Información persoal
Nome completo Juan Ramón Aldalur Lasa
Nacemento 22 de decembro de 1948 (69 anos)
Lugar Tolosa, España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1971 Deportivo da Coruña 43 (16)
1971–1973 Rayo Vallecano 32 (5)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Juan Ramón Aldalur Lasa, coñecido como Chapela, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 22 de decembro de 1948, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1967–68 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División, onde xogou 10 partidos e anotou 7 goles. Ese ano o equipo coruñés logrou o ascenso a Primeira División. Na campaña 1968–69, na máxima categoría, só xogou un encontro, participando en 18 encontros e anotando cinco tantos na campaña seguinte, pero que rematou co descenso do club a Segunda División. Na tempada 1970–71, a súa derradeira como branquiazul, participou en 14 partidos e anotou 5 goles.

Na tempada 1971–72 fichou polo Rayo Vallecano, en Segunda División, onde permaneceu dúas campañas.

Persoal[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén futbolista Miguel María Aldalur Lasa, tamén alcumado Chapela e que tamén foi xogador do Deportivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.