Antonio Montserrat Carrasquer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montserrat
Información persoal
Nome Antonio Montserrat Carrasquer
Nacemento 9 de setembro de 1918
Lugar de nacemento Barcelona
Falecemento 15 de novembro de 1988
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Sant Just Desvern
1935–1937 Júpiter
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1937–1939 Júpiter
1940 Compostela
1940–1942 Deportivo da Coruña 35 (0)
1942–1944 Barcelona 9 (0)
1944–1945 Sabadell 6 (0)
1945–1946 Igualada
1946 La Bisbal
1946–1947 Martinenc
1947–1948 CD Valls
1948 UE Sant Andreu
1948–1949 Ripoll
Selección nacional
1942–1944 Cataluña 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Montserrat Carrasquer, nado en Barcelona o 9 de agosto de 1919 e finado na mesma cidade o 15 de novembro de 1988, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Sant Just Desvern e no Júpiter de Barcelona,[1][2] e rematada a Guerra Civil foi destinado a Galicia para realizar o servizo militar. Alí foi posto a proba polo Celta de Vigo, xunto a outros futbolistas como Sansón, Cons ou O'Donell,[3][4] pero finalmente non foi fichado. Uns meses despois fichou polo Compostela, co que participou na Serie B galega,[5] proclamándose campión.[6]

Para a tempada 1940/41 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou nun derbi contra o Celta de Vigo, correspondente á Copa dos Alcaldes.[7] O 29 de setembro estreouse na Segunda División, nunha vitoria por 1-3 contra o Sporting de Gijón no Molinón, onde formou liña defensiva xunto con Pedrito.[8] O coruñés pasou a maior parte da tempada lesionado, polo que o seu compañeiro habitual na defensa foi Novo. Montserrat disputou 21 dos 22 encontros de liga, e participou tamén na fase de ascenso, na que o Deportivo conseguiu subir por primeira vez na súa historia á Primeira División.

Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 1941/42, nunha vitoria contra o Castellón (2–1), no vello campo de Riazor. Xogou 10 partidos, correpondentes ás 10 primeiras xornadas, ata que caeu lesionado. En marzo de 1942 deixou unilateralmente o Deportivo e regresou a Barcelona, sendo declarado "en rebeldía" polo club.[9] Finalmente o Deportivo chegou a un acordo co FC Barcelona para que Montserrat se incorporase ao club catalán, a cambio de que estes renunciasen a recuperar a Muntané, que estaba xogando cedido na Coruña.[10]

No Barcelona apenas contou con minutos de xogo, pois o club catalán contaba con destacados defensas como Curta, Rosalench ou Jaume Elías. Disputou só 9 partidos en dous anos, pasando na tempada 1944/45 ao Sabadell, tamén de Primeira, onde xogou seis partidos de liga. Durante os seguintes anos defendeu as camisetas do Igualada,[11] do CD La Bisbal,[12] do Martinenc,[13] do CD Valls,[14] da UE Sant Andreu e do Ripoll.[12]

Ademais xogou dous partidos coa selección de Cataluña, en 1942 e 1944.[15] Faleceu en Barcelona o 15 de novembro de 1988.[16]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Compostela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lo que nos dijeron ayer en Pueblo Nuevo". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de setembro de 1935. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  2. "En Sabadell". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de xullo de 1937. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 20213. 
  3. "Entrenaron ayer los célticos". El Pueblo Gallego (en castelán) (5040). 17 de novembro de 1939. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 20213. 
  4. "Actividad en Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán) (5043). 21 de novembro de 1939. p. 6. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  5. "Los equipos santiagueses, en la jornada del domingo". El Correo Gallego (en castelán). 5 de abril de 1940. p. 2. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  6. "El Compostela, campeón gallego de la Serie B". El Pueblo Gallego (en castelán) (5202). 28 de maio de 1940. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  7. "El Celta se adjudica definitivamente la Copa de los alcaldes". El Pueblo Gallego (en castelán) (5294). 10 de setembro de 1940. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  8. "El Deportivo entró en la Liga con una magnífica victoria (3-1) sobre el Sporting gijonés, en el Molinón". El Ideal Gallego (en castelán). 1 de outubro de 1940. p. 6. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  9. "Ecos del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (7973). 18 de marzo de 1942. p. 4. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  10. "Retenciones y traspasos". El Ideal Gallego (en castelán) (8050). 17 de xuño de 1942. p. 4. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  11. "En San Andrés". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de outubro de 1945. p. 6. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  12. 12,0 12,1 Closa, Toni; Pablo, Josep; Salas, Pablo; Mas, Jordi (2015). Gran diccionari de jugadors del Barça (en catalán). Base. ISBN 978-84-16166-62-6. 
  13. "Como se alineará el San Martín frente al Gerona". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de decembro de 1946. p. 2. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  14. "El Valls ante la nueva temporada". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de setembro de 1947. p. 3. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  15. "En Las Corts". Mundo Deportivo (en castelán). 6 de xullo de 1942. p. 2. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  16. "Falleció el ex jugador Montserrat Carrasque". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de novembro de 1988. p. 12. Consultado o 29 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]