Diario Sport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo Sport.svg
Fundación 1979
Xénero Información deportiva
País Cataluña Cataluña
Cidade Barcelona
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Prezo 1

O Diario SPORT é un xornal de prensa deportiva, de pago, e distribución matinal, editado en Barcelona.

Segundo os datos do estudo da Oficina de Xustificación da Difusión (OJD) de decembro de 2005, ten unha tirada media de 176.462 exemplares diarios, e unha difusión media de 114.682 exemplares diarios. Estes datos convérteno no primeiro diario deportivo máis vendido en Barcelona e o terceiro de España, por detrás do Diario Marca e do Diario As, editados en Madrid e por diante de Mundo Deportivo, tamén editado en Barcelona. O Diario Sport pertence ao Grupo Zeta, empresa editora de El Periódico de Cataluña e de revistas como Tiempo ou Interviú.

Ideolóxicamente autodefínese como o xornal dos afeccionados ao Futbol Club Barcelona. O seu slogan comercial en catalán é "Sempre amb el Barça" (en galego, sempre co Barça).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]