É o diario deportivo máis antigo de España e o segundo de Europa; ten máis de 366.000 lectores exclusivos en España, dos cales máis de 220.000 en Cataluña. Ofrece, ademais da información polideportiva, un especial seguimento ao Atlético de Madrid (Mundo Atlético) e ao deporte vasco, especialmente ao Athletic Club (Mundo Deportivo Bizkaia) e á Real Sociedad (Mundo Deportivo Gipuzkoa).
A principios de xullo de 1999 presentou un novo deseño no seu formato: cunha edición máis colorida, máis páxinas, mellores fotos, unha nova cabeceira e cambio de nome, pasando a omitir o artigo 'El' na súa denominación.[2] No ano 2006 celebrou o seu centenario, organizando varios actos nos que participaron grandes deportistas (como Ronaldinho e Pelé) e grandes autoridades de España como os Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.
Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a Jean Bouin de Barcelona.