Saltar ao contido

Dani Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDani Barcia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalDaniel Barcia Rama
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
A Costa da Tapia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogodefensa central
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2010–2011 Atlético San Pedro
2011–2021 Deportivo da Coruña
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2021–2023   Deportivo Fabril 58(4)
2023–   Deportivo da Coruña 29(0)

Daniel Barcia Rama, nado na Costa da Tapia (O Temple, Cambre) o 19 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 19 de xaneiro de 2003 na Costa da Tapia, onde se instalaran antes de el nacer seus pais Sandra e Toni, procedentes das parroquias de Canduas e Cesullas, en Cabana de Bergantiños.[1][2][3] Seu pai fora futbolista de varios equipos da Liga da Costa, e militou tamén no Bergantiños de Xulio Díaz a finais da década de 1980.[1] Súa nai rexenta no barrio coruñés dos Mallos unha charcutería fundada por seus pais José e Anita en 1985.[4][5]

Socio do Deportivo da Coruña dende o seu nacemento,[1] comezou a xogar ao fútbol no equipo prebenxamín do Atlético San Pedro, co que marcou numerosos goles xogando no centro do campo. Aos oito anos incorporouse ao equipo benxamín do Deportivo e durante os seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. No infantil B foi un dos tres capitáns do equipo, xunto a Jairo Noriega e Álvaro Carreras, e portou tamén o brazalete nos conxuntos cadete e xuvenil.[6]

Na tempada 2020/21 formou parte do equipo xuvenil que con Óscar Gilsanz como adestrador conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[7] Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA, xa ás ordes de Manuel Pablo, sendo titular en todos os partidos, e xogou os 120 minutos do encontro fronte ao Dynamo de Kíiv, caendo xunto ao seu equipo na quenda de penaltis, nun Riazor con máis de 20.000 seareiros nas bancadas.[8]

Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse na defensa titular do equipo. Na tempada 2022/23 formou unha sólida defensa xunto a Ángel Puerto, Marc Lachèvre e Iano Simão, encaixando só 18 goles, o que foi unha das claves do ascenso do equipo á Segunda Federación como campión de grupo.[9] Esa mesma tempada, o 12 de novembro de 2022, debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Puerto e Retu.[10]

Para a tempada 2023/24 subiu definitivamente ao primeiro equipo e renovou co club ata o 2026.[11] Non contou con demasiadas oportunidades ás ordes de Imanol Idiakez, que só o aliñou en 12 partidos da liga regular, pero proclamouse campión da categoría, conseguindo así o ascenso á Segunda División.[6] Na seguinte campaña debutou na categoría de prata na sexta xornada de liga, nunha derrota ante o Burgos en Riazor, formando como titular no centro da defensa xunto a Pablo Vázquez.[12] Axiña se consolidou na titularidade da zaga coruñesa xunto ao valenciano, pero as lesións musculares impediron que puidese disputar máis de 16 partidos.[13][14]

Comezou a tempada 2025/26 consolidado na titularidade, formando parella de centrais xunto a unha nova fichaxe, o cercedense Miguel Loureiro, parente seu ao ser súas avoas curmás.[15] Combinou boas actuacións con outras máis discretas e foi perdendo peso nas aliñacións de Antonio Hidalgo co paso das xornadas.[16] Con todo, disputou un total de 29 partidos, 24 deles como titular, e anotou dous importantes goles en liga en dous partidos ante o Sporting de Gijón, que contribuíron ao ascenso do equipo á Primeira División.[17]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O seu alto rendemento co Deportivo da Coruña Xuvenil levouno a debutar coa selección española sub-19 en setembro de 2021, nun amigable diante de México.[18]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Deportivo da Coruña

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa do Rei Outros[N 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos GolesPartidosGoles
Fabril 2021/22 3º RFEF 30 1 - - 1 0 31 1
2022/23 3º RFEF 27 3 - - - - 27 3
Total club 57 4 0 0 1 0 58 4
Deportivo da Coruña 2022/23 1ª RFEF 0010 - - 10
2023/24 1ª RFEF 12020 2 0160
2024/25 Segunda 16 0 0 0 - - 16 0
2025/26 Segunda 25 2 4 1 - - 29 3
Total club 53 2 7 1 2 0 62 3
Total carreira 85430 3 0914
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda Federación e Final de campións de Primeira Federación.
  1. 1 2 3 Antelo, Iván (17 de novembro de 2021). "Así es Dani Barcia, la otra joya del Deportivo que desean los grandes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
  2. Lestón, Antón (14 de maio de 2025). "El CPI As Revoltas fortaleció las raíces cabanesas de Dani Barcia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2025.
  3. "Barcia y Loureiro, dos centrales que van más allá del terreno de juego". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2025. Consultado o 21 de setembro de 2025.
  4. "Sandra Rama, de Charcutería Los Emigrantes. "El Jamón Serrano y los embutidos es la especialidad de la casa desde hace 35 años" (en castelán). 9 de xullo de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2025.
  5. "Estos escaparates de A Coruña tienen mucho morro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 2023. Consultado o 10 de outubro de 2025.
  6. 1 2 Pereira, Eder (25 de febreiro de 2025). "Capitán Barcia, un sueño cumplido en tiempo récord". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025.
  7. Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
  8. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
  9. Antelo, Iván (24 de abril de 2023). "Las claves del éxito del Fabril: la tropa de Marbella da otro paso". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025.
  10. "O Dépor cae en primeira rolda de Copa (2-0)". Deportivo da Coruña. 12 de novembro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023.
  11. "El Deportivo se asegura a Dani Barcia al menos hasta el 2026" (en castelán). 20 de setembro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2025.
  12. Pereira, Eder (25 de setembro de 2024). "El premio a la paciencia de Dani Barcia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025.
  13. Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  14. Silveira, Xane (8 de abril de 2025). "Dani Barcia dice adiós a la temporada en el Deportivo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  15. "Barcia y Loureiro, dos centrales que van más allá del terreno de juego". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2025. Consultado o 10 de outubro de 2025.
  16. Silveira, Xane (5 de xuño de 2026). "Las notas individuales de la temporada del Deportivo: Mario Soriano, MVP blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2026.
  17. Silveira, Xane (5 de xuño de 2026). "Las notas individuales de la temporada del Deportivo: Mario Soriano, MVP blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2026.
  18. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 11 de febreiro de 2023.