Celso Mariño
Celso Mariño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Celso Mariño Ferreira | ||
Nacemento | 14 de xullo de 1910 | ||
Lugar de nacemento | Pontevedra | ||
Falecemento | 1992 | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
1941–1942 | Deportivo da Coruña | ||
1942–1943 | Deportivo da Coruña | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Celso Mariño Ferreira, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1910 e finado o 6 de abril de 1992, foi un médico, atleta e adestrador de fútbol galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Destacado atleta, foi tres veces campión de España, dúas delas en décatlon (en 1934 e 1935) e outra en lanzamento de xavelina (en 1935,[1] batendo o récord de España en ámbalas dúas disciplinas.[2][3] Foi ademais oito veces campión de Galicia, en sete disciplinas diferentes (110 metros valados, salto de altura, salto con pértega, salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de disco e lanzamento de xavelina).[4]
Foi adestrador do Deportivo da Coruña no seu debut en Primeira División na tempada 1941–42, na que o equipo acadou o cuarto posto. Na seguinte tempada (1942–43) pasou a realizar a función de preparador físico, sendo Chacho xogador-adestrador, pero trala dimisión deste en novembro, Mariño colleu de novo as rendas do equipo até o final da campaña, que rematou co equipo no noveno posto. Para a seguinte campaña contratouse a Ramón de la Fuente como adestrador.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Campións de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ "Récords de España de lanzamentos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ "Récords de España de probas combinadas" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ "Campións de Galicia de atletismo (aire libre)" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 22 de novembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Pontevedra
- Médicos de Pontevedra
- Atletas de Galicia
- Atletas de probas combinadas
- Lanzadores de xavelina
- Lanzadores de peso
- Lanzadores de disco
- Saltadores de altura
- Saltadores de lonxitude
- Saltadores con pértega
- Atletas de valados
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Nados en 1910
- Finados en 1992