Aldo Duscher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aldo Duscher
Información persoal
Nome Álvaro Pedro Duscher
Nacemento 22 de marzo de 1979 (44 anos)
Lugar de nacemento Esquel
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1995–1997 Newell's Old Boys
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–1998 Newell's Old Boys 31 (1)
1998–2000 Sporting de Lisboa 55 (6)
2000–2007 Deportivo da Coruña 157 (0)
2007–2008 Racing de Santander 34 (5)
2008–2010 Sevilla 37 (0)
2010–2012 Espanyol 19 (0)
2011–2012Barcelona SC (cedido) 0 (0)
2012 Enosis Neon Paralimni 8 (0)
2013 Veria 0 (0)
Selección nacional
2000 Arxentina sub-23 7 (0)
2005 Arxentina 3 (0)
Na rede
FIFA: 182049 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Álvaro "Aldo" Pedro Duscher, nado en Esquel (Chubut) o 22 de marzo de 1979, é un exfutbolista arxentino nacionalizado austríaco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou xogando na Arxentina, en Newell's Old Boys de Rosario entre 1995 e 1998. Durante eses anos tamén conseguiu 2 Suramericanos Sub-20 coa selección do seu país.

En 1998 foi contratado por dúas tempadas polo Sporting de Lisboa, onde conseguiu unha Superliga.

De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club no que xogou 142 partidos de Liga e 34 partidos de Liga de Campións até a tempada 2006–07, gañando unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España. Neste tempo foi recordado polos seguidores do Manchester United pola súa patada e posterior lesión de David Beckham que case impide ao capitán inglés xogar o Mundial 2002.

Ao comezos da tempada 2007–08 quedou libre e foi contratado polo Racing de Santander por dúas tempadas, despois de numerosas ofertas no inverno, de entre outros o Manchester United e Olympique de Lyon, todas refugadas para acabar xogando no conxunto de El Sardinero.

Marca o seu primeiro gol en Primeira División na súa oitava tempada na mesma, o 9 de decembro de 2007, cunha vitoria do Racing sobre o RCD Mallorca (3–1).[1] Tras arduas negociacións, na tempada 2008–09 Duscher foi contratado, por tres tempadas, polo Sevilla FC.[2] Desde a tempada 2010–11 xoga no RCD Espanyol, tras rescindir o seu contrato co Sevilla.

O 27 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Barcelona Sporting Club de Guayaquil, en Ecuador.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Duscher fixo o seu debut internacional coa selección arxentina en 2005, chegando a xogar tres partidos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Sporting de Lisboa
Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]