Fabricio Coloccini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabricio Coloccini
Coloccini 2015.jpg
Información persoal
Nome completoFabricio Coloccini
Nacemento22 de xaneiro de 1982 (36 anos)
LugarCórdoba, Arxentina
Altura1,83 m.
PosiciónDefensa central
Información de club
Club actualSan Lorenzo
Número32
Carreira xuvenil
1997–1998Argentinos Juniors
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1998–1999Boca Juniors2(1)
1999–2004Milan1(0)
2000–2001San Lorenzo (cedido)19(3)
2001–2002Alavés (cedido)33(6)
2002–2003Atlético Madrid (cedido)27(0)
2003–2004Villarreal (cedido)32(1)
2004–2008Deportivo da Coruña105(5)
2008–2016Newcastle United248(6)
2016–San Lorenzo12(0)
Selección nacional
2003–2014Arxentina39(1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 27 de novembro de 2016.
† Aparicións (Goles)

Fabricio Coloccini, nado en Córdoba o 22 de xaneiro de 1982, é un futbolista internacional arxentino, que actualmente desempeña a posición de central no San Lorenzo de Almagro arxentino. Foi xogador do Deportivo durante tres tempadas e media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasa polas categorías inferiores de Argentinos Juniors antes de fichar en 1998 polo Boca Juniors, club co que debuta na primeira categoría do fútbol arxentino e co que se proclama campión do Torneo Apertura ese mesmo ano. Despois de dúas campañas é traspasado no ano 2000 ao Milán italiano, pero despois de contar con poucas oportunidades no Calcio regresa ao seu país para xogar cedido durante seis meses no San Lorenzo.

Coloccini, que tiña 19 anos, proclámase campión do Torneo Clausura co San Lorenzo e entra na convocatoria para xogar a Copa Mundial de Fútbol Xuvenil Sub-20. A selección arxentina proclámase Campioa do Mundo Sub-20 tras vencer na final de Buenos Aires a Ghana por tres goles a cero. Nese mesmo ano prodúcese a súa chegada ao fútbol español, sendo cedido polo Milán ao Deportivo Alavés para a tempada 2001-2002 e posteriormente ao Atlético e ao Vilarreal nas dúas tempadas seguintes. Precisamente é na súa estancia en España, cando debuta coa selección absoluta do seu país, será o 30 de abril de 2003 nun amigable contra Libia. Un ano despois queda subcampión da Copa América, celebrada no Perú, ao perder na final contra o Brasil na quenda de penaltis. Ese mesmo ano gana a Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas.

Despois de tres tempadas en España regresa ao Milán do que, despois de contar con poucos minutos, acaba sendo traspasado no mercado de inverno ó Deportivo, naquel momento adestrado por Javier Irureta. Despois de dúas irregulares tempadas ás ordes de Joaquín Caparrós, eríxese na 07-08, agora baixo a dirección técnica do vasco Miguel Ángel Lotina, coma un dos líderes do equipo branquiazul, disputando dende o seu posto natural de defensa central tódolos minutos na Liga e anotando catro goles, o que propiciou o seu traspaso ao Newcastle United da Premier League por preto de 16 millóns de euros.[1] Para cubrir a súa baixa o Deportivo faise cos servizos de Diego Colotto, compañeiro de Coloccini no Mundial Sub-20, ao que el mesmo recomendara.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]