Constantino Fernández Pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Constantino Fernández Pico
Nacemento1966
 A Coruña
NacionalidadeGalicia
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónEmpresario
editar datos en Wikidata ]

Constantino Fernández Pico, coñecido como Tino Fernández, nado na Coruña en 1966, é un empresario galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 2014 e 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como consultor en Arthur Andersen, antes de fundar en 1994 a consultora tecnolóxica Altia.[1] Foi adestrador de varios equipos de baloncesto, entre eles a selección galega infantil e cadete masculina.[2]

O 21 de xaneiro de 2014 foi elixido presidente do Deportivo da Coruña, en substitución de Augusto César Lendoiro. O empresario recibiu o apoio do 72,09% do capital social representado na Xunta de Accionistas.[3] Foi presidente da entidade branquiazul até o 28 de maio de 2019, cando logo de presentar a súa dimisión, foi elixida a candidatura de Paco Zas para presidir o club coruñés.[4]

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Augusto César Lendoiro
 Presidente do Deportivo da Coruña 
2014−2019
Sucesor:
Paco Zas