Fase Autonómica Galega da Copa RFEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fase Autonómica Galega da Copa RFEF é unha competición de fútbol, ronda previa da antedita copa estatal en Galicia. Está organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Formato[editar | editar a fonte]

O torneo foi disputado historicamente polos mellores equipos galegos da Segunda División B e da Terceira División que non obtiveran praza para disputa-la Copa do Rei nesa tempada. O campión da fase galega da tempada anterior tamén obtén a clasificación para o torneo[1].

Na actualidade (temporada 2022-23) participaron na competición oito clubs[2]: tres de Segunda RFEF e cinco de Terceira RFEF, entre os que xa se atopaba o gañador da edición anterior. Non participaron os clubs clasificados para competir nas promocións de ascenso á categoría superior. A competición tivo distintos formatos ao longo da súa historia, mesturando eliminatorias directas a dobre partido con eliminatorias a partido único. Na temporada 2022-23 as eliminatorias e maila final xogáronse todas a partido único, no campo dun dos competidores (o campo do equipo en Terceira, nos partidos contra os equipos de Segunda), agás na final, que se disputou en campo neutral.

O campión da fase autonómica obtén como premio un trofeo e clasifícase para a fase estatal da Copa RFEF[1].

Historial[editar | editar a fonte]

Temp. Campión Subcampión Resultado
1994/95 Betanzos CF Pontevedra CF 0-0, 1-0
1995/96 Deportivo Fabril Betanzos CF 3-1, 4-2
1996/97 CCD Cerceda Ponte Ourense 2-2, 1-0
1997/98 Racing de Ferrol[3] Ponte Ourense 3-0, 0-1
1998/99 CD Lugo Pontevedra CF 1-0, 1-2
1999/00 SD Compostela B Porriño Industrial 2-0, 2-1
2000/01 Pontevedra CF[4] Betanzos CF 1-1, 2-1
2001/02 Celta de Vigo B[5] Compostela B 4-1, 0-1
2002/03 Rápido de Bouzas Betanzos CF 0-0
2003/04 Celta de Vigo B CD Lugo 0-1, 3-0
2004/05 Celta de Vigo B CD Lugo 1-0, 5-1
2005/06 Coruxo FC[6] SD Negreira 3-0, 0-2
2006/07 Celta de Vigo B[7] Coruxo FC 3-1, 1-2
2007/08 CD Ourense[8][9] CCD Cerceda 1-1, 1-0
2008/09 Coruxo FC[10] CD Lalín 0-1, 2-0
2009/10 CCD Cerceda[11] Racing de Ferrol 1-1, 1-1 (pen.)
2010/11 Montañeiros CF[12] Racing de Ferrol 2-2 (pen.)
2011/12 Coruxo FC[13] Racing de Ferrol 1-1 (pen.)
2012/13 Rápido de Bouzas[14] CCD Cerceda 4-2
2013/14 CD Ourense[15] SD Compostela 1-0
2014/15 CD Boiro[16] Coruxo FC 3-1
2015/16 Rápido de Bouzas[17] CCD Cerceda 3-0
2016/17 Arousa SC[18] Pontevedra CF 1-0
2017/18 Silva SD[19] Alondras CF 2-1
2018/19 Bergantiños FC[20] CD Ribadumia 2-2 (pen.)
2019/20 SD Compostela[21] CD Ourense 3-3 (pen.)
2020/21 Rápido de Bouzas UD Somozas 1-0
2021/22 Alondras CF CD Estradense 1-1 (pen.)
2022/23 CD Arenteiro [22] SD Compostela 2-1

Palmarés[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Títulos Anos
1 RC Celta de Vigo B 4 2001/02, 2003/04, 2004/05, 2006/07
... Club Rápido de Bouzas 4 2002/03, 2012/13, 2015/16, 2020/21
3 Coruxo FC 3 2005/06, 2008/09, 2011/12
4 CCD Cerceda 2 1996/97, 2009/10
... CD Ourense 2 2007/08, 2013/14
6 Betanzos CF 1 1994/95
... RC Deportivo da Coruña B 1 1995/96
... Racing Club de Ferrol 1 1997/98
... CD Lugo 1 1998/99
... SD Compostela B 1 1999/00
... Pontevedra CF 1 2000/01
... Montañeiros CF 1 2010/11
... CD Boiro 1 2014/15
... Arousa SC 1 2015/16
... Silva SD 1 2017/18
... Bergantiños FC 1 2018/19
... SD Compostela 1 2019/20
... Alondras CF 1 2021/22
... CD Arenteiro 1 2022/23

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Regulamento da Copa RFEF - Fase Autonómica (FGF)[Ligazón morta]
  2. "Real Federación Galega de Fútbol - Visualización de Partidos". www.futgal.es. Consultado o 2022-08-22. 
  3. Carlos Castro Pinhão, José J. Ginés Vázquez. "Copa da R.F.E.F.". En Editorial Toxosoutos. A Temporada Do Fútbol Galego 1997/98. p. 310. ISBN 84-89129-10-X. 
  4. "El Betanzos planta cara al Pontevedra en la final de la Copa Federación" La Voz de Galicia (28/09/2000)
  5. "El Compos B careció de definición ante el Celta B" La Voz de Galicia (25/08/2001)
  6. Manuel T. Rendueles Castro, Carlos Castro Pinhão. "Copa R.F.E.F.". En Fundación Zerumuga. A Temporada Do Fútbol Galego 2005-2006. p. 219. 
  7. Manuel T. Rendueles Castro, Carlos Castro Pinhão. "Copa R.F.E.F.". En Fundación Zerumuga. A Temporada Do Fútbol Galego 2006-2007. p. 198. 
  8. IDA FINAL COPA FEDERACION FASE AUTONOMICA:CERCEDA 1-1 CD.OURENSE Arquivado 08/03/2009, en Wayback Machine. cdourense.net (29/08/2007)
  9. CD.OURENSE 1-0 CERCEDA.GOL DE ANXO Arquivado 06/03/2016, en Wayback Machine. cdourense.net (06/09/2007)
  10. "El Coruxo doblega al Lalín en la final autonómica de la Copa Federación" La Voz de Galicia (11/09/2008)
  11. "El Cerceda logra la Copa Federación al vencer al Racing de Ferrol en los penaltis" La Voz de Galicia (10/09/2009)
  12. "El Montañeros gana la fase gallega de la Copa Federación" La Voz de Galicia (28/10/2010)
  13. "El Coruxo gana la Copa Federación en los penaltis" La Voz de Galicia (20/10/2011)
  14. "El Rápido remonta y se lleva la Copa Federación gallega" Atlántico (12/10/2012)
  15. "El CD Ourense se proclamó Campeón gallego" Arquivado 18 de decembro de 2014 en Wayback Machine. LaSegundaB (10/10/2013)
  16. "Copa RFEF-Galicia, El Boiro sorprende al Coruxo" Todomercadoweb (24/10/2014)
  17. Federación Galega de Fútbol (15 de outubro de 2015). "O Rápido de Bouzas impúxose por un claro 3-0 ao Cerceda na final en Ribadumia". 
  18. "Arosa, campión da copa RFEF" Galicia Confidencial (13/10/2016)
  19. "O Silva gaña o Alondras na final da Copa Federación" Arquivado 28 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Televisión de Galicia (15/08/2017)
  20. "Los penaltis dejan al Ribadumia sin título autonómico de la Copa RFEF" Pontevedra Viva (11/10/2018)
  21. "El Compostela se proclama campeón gallego de la Copa Federación" Galicia Deportiva (5/9/2019)
  22. "El Arenteiro ya levanta copas". La Región (en castelán). 2022-08-28. Consultado o 2022-08-28.