Tempada 2019/20 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Deportivo da Coruña
Tempada 2019–20
PresidentePaco Zas
(ata o 27 de decembro de 2019)
Juan Antonio Armenteros
(dende o 27 de decembro de 2019 ata o 14 de xaneiro de 2020)
Fernando Vidal
(dende o 14 de xaneiro de 2020)
AdestradorJuan Antonio Anquela
(ata o 7 de outubro)
Luis César Sampedro
(desde o 7 de outubro ao 27 de decembro)
Fernando Vázquez
(desde o 29 de decembro)
EstadioRiazor
Na casa
Fóra
Alternativa

Durante a tempada 2019–20 o Deportivo da Coruña compite na Segunda División (afrontando a súa 41.ª campaña na categoría de prata). Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu eliminado na segunda rolda fronte o Unionistas de Salamanca.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Xuño[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño o defensa central grego Vassilis Lambropoulos, procedente do AEK Atenas, converteuse na primeira fichaxe da pretempada. Chegou libre e firmou por dúas campañas.[1]

Xullo[editar | editar a fonte]

O 12 de xullo déronse a coñecer as dúas finais do Trofeo Teresa Herrera 2019, que se disputarían en Riazor o sábado 10 de agosto. A final masculina enfrontaría o primeiro equipo co Real Betis e a final feminina enfrontaría o Deportivo Abanca co UDG Tenerife.[2]

O 13 de xullo anunciouse o traspaso do centrocampista catalán Edu Expósito ao SD Eibar.[3] A operación cifrouse nuns 4.000.000 de euros e firmou polo club armeiro por catro temporadas, tras catro anos entre o Deportivo Fabril e o primeiro equipo.[4]

Horas máis tarde o club anunciou a contratación do centrocampista biscaíño Ager Aketxe, firmando por unha temporada con opción a outra, tras finalizar o seu contrato co Cádiz CF.[5] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[6]

O 14 de xullo o club anunciou a partida do dianteiro valisoletano Quique González cara ao SD Eibar, tras facerse efectiva unha das cláusulas de saída do seu contrato.[7] Firmou polo club armeiro por cinco tempadas.[8] A cantidade do traspaso estimouse en 3,5 millóns de euros.[9]

Horas máis tarde anunciouse a contratación do mediocampista xaponés Gaku Shibasaki, procedente do Getafe CF e firmando por catro temporadas. Tratouse do primeiro xogador nipón en vestir a camisola do Deportivo.[10] O traspaso foi a custo cero, no que o club só abonaría unha parte en caso de ascenso.[11] Foi presentado en Riazor uns días máis tarde.[12]

O 16 de xullo o club anunciou a contratación do gardameta andaluz Koke Vegas, cedido polo Levante UD por unha tempada.[13] Foi presentado en Abegondo dous días máis tarde.[14]

O 19 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro marfilés Mamadou Koné, cedido polo CD Leganés por unha campaña con opción de compra.[15] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[16]

O 29 de xullo o defensa madrileño Juanfran Moreno acordou co club a rescisión do seu contrato.[17] Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Alanyaspor turco, por dúas tempadas con opción a outra máis.[18]

Agosto[editar | editar a fonte]

O 2 de agosto o anunciouse a rescisión do contrato do centrocampista coruñés Pedro Mosquera.[19] Un día máis tarde confirmouse a súa fichaxe polo SD Huesca, de Segunda División, por dúas temporadas.[20]

O 5 de agosto o club anunciou a fichaxe do defensa andaluz Luis Ruiz, procedente do CD Lugo tras rematar contrato, firmando por unha campaña e outra opcional.[21] Foi presentado en Abegondo un día máis tarde.[22]

O 9 de agosto anunciouse a fichaxe do mediocampista guipuscoano Peru Nolaskoain, cedido polo Athletic Club por unha campaña.[23]

O 10 de agosto o Deportivo conquistou a 74.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte o Real Betis en Riazor (1−0).[24] Horas antes, o Deportivo Abanca perdeu a 7.ª final feminina, fronte o UDG Tenerife (1−5).[25]

O 12 de agosto anunciouse a saída, en calidade de cedido, do defensa catalán Gerard Valentín para o CD Lugo (onde xa militara a segunda metade da campaña anterior).[26]

O 16 de agosto oficializouse a fichaxe do dianteiro italiano Samuele Longo, cedido polo FC Internazionale até o final da temporada.[27]

O 17 de agosto o club anunciou a saída do centrocampista arxentino Fede Cartabia, cedido ao Shabab Al-Ahli, dos Emiratos Árabes Unidos, durante unha temporada con opción de compra.[28]

Outubro[editar | editar a fonte]

O 7 de outubro o club destituíu a Juan Antonio Anquela,[29] debido aos malos resultados (1 vitoria, 5 empates e 4 derrotas), e ocupando o equipo o antepenúltimo lugar da clasificación.[30] Minutos máis tarde anunciábase que o seu substituto sería o vilagarcián Luis César Sampedro, firmando até o final da temporada.[31]

Novembro[editar | editar a fonte]

O 13 de novembro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral de accionistas para o 16 ou 17 de decembro (en primeira e segunda convocatoria).[32]

O 17 de novembro celebrouse o sorteo para a primeira rolda do novo formato da Copa do Rei, e o Deportivo quedou emparellado co CF Illueca aragonés, de Terceira División.[33] O partido foi programado para o martes 17 de decembro ás 19 horas no Estadio Papa Luna (Illueca, Zaragoza), coincidindo coa xunta xeral de accionistas en segunda convocatoria (no suposto de non haber quórum o día anterior).[34]

O 30 de novembro o club anunciou o seu rexeitamento á petición formal do uso do Estadio de Riazor por parte do Bergantiños FC para a disputa do encontro de primeira rolda da Copa do Rei fronte o Sevilla FC, ante a negativa da RFEF de facelo nas Eiroas (Carballo), mais ofrecendo as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo.[35] Días máis tarde, logo da expectación xerada e da intercesión da Federación co club coruñés, o Deportivo mudou de opinión (aínda que sen comunicado oficial) e finalmente o Bergantiños xogou o seu partido en Riazor o 18 de decembro.[36]

Decembro[editar | editar a fonte]

O 9 de decembro o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva.[37] A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).[38]

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidirá, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros o club.[39] A primeira medida da nova xestora foi a destitución de Luis César Sampedro e a súa substitución por Fernando Vázquez, que foi presentado o día 30, iniciando así a súa segunda etapa no club. Na presentación de Vázquez anunciouse tamén a volta ao club de Emre Çolak.[40]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

O 2 de xaneiro foi presentado en Abegondo Emre Çolak, que chegou libre tras un breve paso polo fútbol de Arabia Saudita.[41] O 5 de xaneiro Fernando Vázquez debutou con vitoria fronte ao Numancia no Nuevo Estadio Los Pajaritos (0-1),[42] mais no seguinte partido o equipo quedou eliminado da Copa, ao perder contra o Unionistas de Salamanca na quenda de penaltis (9-8) tras empatar 1-1.[43] O 14 de xaneiro Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.[44][45] Ese mesmo día fíxose oficial a fichaxe do dianteiro vasco Sabin Merino, procedente do Leganés.[46] Asinou polo resto da tempada e dúas máis. Debutou o día 16 marcando un gol contra o Racing e foi presentado ao día seguinte en Abegondo.[47] O 18 de xaneiro fíxose oficial a fichaxe do guadalupeño Claudio Beauvue, despois de que este rescindira o seu contrato co Celta de Vigo.[48] Foi presentado en Abegondo o día 22.[49] O día 21 anunciouse ao nixeriano Uche Agbo como novo xogador do Deportivo, cedido até final de tempada polo Standard de Liège.[50] Foi presentado o 23 de xaneiro, mais aínda sen ficha libre, á espera de que saíse algún xogador.[51] O 25 de xaneiro o club rescindiu o contrato do serbio Saša Jovanović, deixando así un oco para Uche Agbo.[52] Ese mesmo día anunciouse a chegada do extremo andaluz Hugo Vallejo, cedido polo Real Madrid até final de tempada. Pola súa idade conta con ficha do Fabril.[53] Foi presentado o 27 de xaneiro.[54] O 26 de xaneiro tras lograr a quinta vitoria consecutiva en liga fronte ao Albacete, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso nos que levaba catro meses.[55]

O 31 de xaneiro, último día do mercado invernal, o club deu saída a catro xogadores e incorporou a outros dous. Rescindiuse o contrato de Samuele Longo, cedido polo Inter, que marchou con destino ao Venezia FC,[56] e cedeuse a Lambropoulos ao Bochum alemán[57] e a Borja Galán ao Racing de Santander.[58] Ademais o Levante decidiu recuperar a Koke Vegas, que tiña cedido ao Deportivo dende o verán.[59] Debido a esa última saída, o club coruñés incorporou ao porteiro serbio Aleksandar Jovanović, que chegou cedido polo Huesca.[60] E por último pechouse a contratación do extremo do Málaga Keko Gontán a custo cero.[61]

Febreiro[editar | editar a fonte]

O 9 de febreiro o equipo logrou a súa sétima vitoria consecutiva en liga, tras vencer ao Alcorcón (0-1).[62] A xeira de resultados morreu a semana seguinte ao empatar co Girona (2-2).[63]

Marzo[editar | editar a fonte]

O 11 de marzo o club fixo oficial a chegada do central Abdoulaye Ba, cedido polo Rayo Vallecano ata final de tempada para suplir a Michele Somma, lesionado de gravidade no partido contra o Girona.[64] Ao día seguinte anunciouse a suspensión das dúas seguintes xornadas de liga, por mor da pandemia por coronavirus.[65] O 23 de marzo a liga suspendeuse de xeito indefinido.[66] O Deportivo ocupaba de novo postos de descenso nese momento, despois de non gañar ningún dos catro últimos partidos.[67]

Maio[editar | editar a fonte]

O 25 de maio o club lamentou o pasamento do defensa asturiano Marcelo Campanal, coñecido como Campanal II, xogador deportivista entre 1966 e 1968.[68]

O 26 de maio o presidente Vidal, nun duro comunicado contra o conselleiro Miguel Otero, anunciou que nos próximos días anunciaríase a data da xunta xeral de accionistas suspendida en marzo, contabilizando ao mesmo tempo a débeda do club en 90,6 millóns de euros máis intereses (14,3 millóns) e facendo un chamamento a socios e accionistas para acudir á ampliación de capital.[69]

Xuño[editar | editar a fonte]

Despois de tres meses sen xogar, o campionato retomouse na segunda semana de xuño, xogándose os partidos a porta pechada. O primeiro partido do Deportivo despois da parada foi contra o Sporting de Gijón en Riazor, con resultado de empate.[70] O 30 de xuño Fernando Vázquez anunciou que Mamadou Koné decidira non ampliar a súa cesión por parte do Leganés e non continuar no club a partir dese mesmo día 30, no que remataba o seu contrato.[71]

Material deportivo[editar | editar a fonte]

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal[editar | editar a fonte]

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Adestrador Fernando Vázquez
2.º adestrador Alejandro Esteve
Ad. de porteiros Yván Castillo
Prep. físico Manuel Pombo
Analista Juan Iglesias

Consello de administración[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Presidente Fernando Vidal Raposo
Secretario Juan Antonio Armenteros Cuetos
Conselleiros Manuel José Vázquez Martínez
José Luis Queijeiro Fuentes
Federico García Poncet
Miguel Otero Santín
Argimiro Vázquez Guillén
Ricardo González Fernández

Mercado de fichaxes[editar | editar a fonte]

Altas[editar | editar a fonte]

Data Pos. Nome Procedencia Prezo
27 xuño 2019 DEF Grecia Vassilis Lambropoulos Grecia AEK Atenas Libre
8 xullo 2019 DIA España Borja Galán España Alcorcón Fin da cesión
13 xullo 2019 MED España Ager Aketxe España Cádiz Libre
14 xullo 2019 MED Flag of Japan.svg Gaku Shibasaki España Getafe Libre
16 xullo 2019 POR España Koke Vegas España Levante Cedido
19 xullo 2019 DIA Costa do Marfil Mamadou Koné España Leganés Cedido
5 agosto 2019 DEF España Luis Ruiz Galicia Lugo Libre
9 agosto 2019 MED España Peru Nolaskoain España Athletic Club Cedido
16 agosto 2019 DIA Italia Samuele Longo Italia Internazionale Cedido
2 setembro 2019 DEF España Salva Ruiz España Valencia Libre
DEF España Francisco Montero España Atlético de Madrid Cedido
DIA España Víctor Mollejo Cedido
DIA Flag of Peru.svg Beto da Silva Flag of Mexico.svg Tigres de la UANL Cedido
DIA Flag of Serbia.svg Saša Jovanovic Flag of Saudi Arabia.svg Al-Fateh SC Cedido
2 xaneiro 2020 MED Flag of Turkey.svg Emre Çolak Flag of Saudi Arabia.svg Al-Wehda Libre
14 xaneiro 2020 DIA España Sabin Merino España Leganés Traspaso
18 xaneiro 2020 DIA Unofficial flag of Guadeloupe (local).svg Claudio Beauvue Galicia Celta Libre
21 xaneiro 2020 MED Nixeria Uche Agbo Bélxica Standard de Liège Cedido
25 xaneiro 2020 DIA España Hugo Vallejo España Real Madrid Cedido
31 xaneiro 2020 POR Flag of Serbia.svg Aleksandar Jovanović España Huesca Cedido
31 xaneiro 2020 MED España Keko Gontán España Málaga Traspaso
11 febreiro 2020 DEF Flag of Senegal.svg Abdoulaye Ba España Rayo Vallecano Cedido

Baixas[editar | editar a fonte]

Data Pos. Nome Destino Prezo
30 xuño 2019 DIA España Pablo Marí Inglaterra Manchester City Fin da cesión
30 xuño 2019 MED Flag of Colombia.svg Didier Moreno Flag of Colombia.svg Independiente Medellín Fin da cesión
30 xuño 2019 DEF Portugal Domingos Duarte Portugal Sporting CP Fin da cesión
30 xuño 2019 MED Flag of Argentina.svg Nahuel Leiva Grecia Olympiacos Fin da cesión
30 xuño 2019 POR España Adrián Ortolá España Barcelona Fin da cesión
30 xuño 2019 DIA España Carlos Fernández España Sevilla Fin da cesión
30 xuño 2019 MED Dinamarca Michael Krohn-Dehli Fin do contrato Libre
30 xuño 2019 DEF España Íñigo López Fin do contrato Libre
13 xullo 2019 MED España Edu Expósito España Eibar 4.000.000 €
13 xullo 2019 DEF Flag of Argentina.svg Sebastián Dubarbier Flag of Argentina.svg Banfield Fin de contrato
14 xullo 2019 DIA España Quique González España Eibar 3.500.000 €
26 xullo 2019 MED Portugal Domingos Duarte Portugal Feirense Fin de contrato
29 xullo 2019 DEF España Juanfran Moreno Flag of Turkey.svg Alanyaspor Libre
2 agosto 2019 DEF Galicia Pedro Mosquera España Huesca Libre
12 agosto 2019 DEF España Gerard Valentín Galicia Lugo Cedido
14 agosto 2019 DEF Galicia Róber Pier España Levante 0 €
17 agosto 2019 MED Flag of Argentina.svg Fede Cartabia Emiratos Árabes Unidos Shabab Al-Ahli Cedido
24 agosto 2019 POR Nixeria Francis Uzoho España Elche Cedido
27 agosto 2019 DIA España Pedro Sánchez España Albacete Rescisión de contrato
2 setembro 2019 DEF España Saúl García España Deportivo Alavés Fin de contrato
2 setembro 2019 DIA Uruguai Diego Rolán Flag of Mexico.svg FC Juárez Cedido
3 setembro 2019 DEF España Diego Caballo España Extremadura Rescisión de contrato
25 xaneiro 2020 MED Flag of Serbia.svg Saša Jovanovic Fin do contrato Rescisión de contrato
31 xaneiro 2020 DIA Italia Samuele Longo Italia Venezia FC Fin da cesión
31 xaneiro 2020 DEF Grecia Vassilis Lambropoulos Alemaña VfL Bochum Cedido
31 xaneiro 2020 MED España Borja Galán España Racing de Santander Cedido
31 xaneiro 2020 POR España Koke Vegas España Levante Fin da cesión
30 xuño 2020 DIA Costa do Marfil Mamadou Koné España Leganés Fin da cesión

Xogadores[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles Yellow card.svg Yellow-red card.svg Red card.svg
1 POR Galicia Dani Giménez 38 0 0 0 38 0
2 DEF España David Simón Rodríguez 8 0 0 0 8 0 2
3 DEF Italia Michele Somma 14 1 1 0 15 1 3 1
4 MED Galicia Álex Bergantiños 34 1 1 0 35 0 2
5 DEF Flag of Senegal.svg Abdoulaye Ba 2 0 0 0 2 0 1
6 MED España Peru Nolaskoain 27 1 1 0 28 1 7
7 DIA España Borja Valle 20 2 1 0 21 2
8 MED España Vicente Gómez 23 0 1 0 24 0 5 1
9 DIA Flag of Venezuela.svg Christian Santos 24 5 1 0 25 5 2
10 MED España Ager Aketxe 35 7 2 0 37 7 2
11 MED España Víctor Mollejo 32 6 2 0 34 6 12
13 POR Flag of Serbia.svg Aleksandar Jovanović 0 0 0 0 0 0
14 DEF España Luis Ruiz 14 0 1 0 15 0 4
15 DEF España Francisco Montero 27 0 1 0 28 0 11 1
16 DIA España Sabin Merino 14 5 0 0 14 5 2
17 MED Flag of Turkey.svg Emre Çolak 14 1 0 0 14 2 3 1
18 DIA Flag of Peru.svg Beto da Silva 7 0 2 0 9 0
20 DIA Unofficial flag of Guadeloupe (local).svg Claudio Beauvue 8 0 0 0 8 0 2
21 DEF España Salvador Ruiz 24 0 1 0 25 0 1
22 MED Flag of Japan.svg Gaku Shibasaki 23 0 1 0 24 0 3 1 1
23 MED España Keko Gontán 5 0 0 0 5 0 1
24 DEF España Eneko Bóveda 28 1 1 0 29 1 10
25 MED Nixeria Uche Agbo 9 0 0 0 9 0 1
26 MED España Javier Sánchez 0 0 0 0 0 0
28 MED Flag of Argentina.svg Tomás Bourdal 0 0 0 0 0 0
29 DEF España Mujaid Sadick 24 0 1 0 25 0 3
30 MED Galicia Iago Gandoy 2 0 1 0 3 0 1
32 MED España David Sánchez 1 0 0 0 1 0
33 MED Galicia Jorge Valín 1 0 0 0 1 0
35 DIA España Hugo Vallejo 9 1 0 0 9 1

Deixaron o equipo[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles Yellow card.svg Yellow-red card.svg Red card.svg
5 DEF Grecia Vassilis Lambropoulos 17 2 1 0 18 2 2
12 DIA Italia Samuele Longo 13 0 2 1 15 1 3
13 POR España Koke Vegas 0 0 2 0 2 0
15 DIA España Pedro Sánchez 1 0 0 0 1 0 1
17 DEF España Diego Caballo 2 0 0 0 2 0 1
20 MED Flag of Serbia.svg Saša Jovanovic 11 1 2 0 13 1 2
21 DIA Uruguai Diego Rolán 0 0 0 0 0 0
23 MED España Borja Galán 13 0 1 0 14 0 1
19 DIA Costa do Marfil Mamadou Koné 22 4 1 1 23 5 5 2

Partidos[editar | editar a fonte]

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]

Segunda División[editar | editar a fonte]

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2019/20.

Primeira eliminatoria[editar | editar a fonte]

Segunda eliminatoria[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lampropoulos, primeira fichaxe do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 27 de xuño de 2019. 
  2. "Real Betis e Granadilla Tenerife, rivais do Dépor e do Dépor ABANCA no Trofeo Teresa Herrera 2019". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2019. 
  3. "Edu Expósito, traspasado á SD Eibar". Deportivo da Coruña. 13 de xullo de 2019. 
  4. "Edu Expósito, traspasado al Eibar". La Opinión de A Coruña. 13 de xullo de 2019.  (en castelán)
  5. "Aketxe, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 13 de xullo de 2019. 
  6. "Aketxe, na súa presentación: "Quedei prendado do Club, da infraestrutura que ten, do familiar que é"". Deportivo da Coruña. 17 de xullo de 2019. 
  7. "Quique González deixa o Dépor ao executar unha cláusula de saída do seu contrato". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019. 
  8. "El Eibar ficha al delantero Quique González, procedente del RC Deportivo, hasta 2024". SD Eibar. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  9. "Quique González firma con el Eibar por cinco temporadas". El Diario Vasco. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  10. "Gaku Shibasaki, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019. 
  11. "Oficial: Gaku Shibasaki ya es nuevo jugador del Deportivo". Diario As. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  12. "Gaku, na súa presentación, márcase como meta "axudar ao equipo a conseguir o ascenso"". Deportivo da Coruña. 22 de xullo de 2019. 
  13. "Koke Vegas, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 16 de xullo de 2019. 
  14. ""Calquera xogador cando escoita Deportivo de La Coruña sabe que vén a un Club grande", di Koke Vegas na súa presentación". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2019. 
  15. "Mamadou Koné, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2019. 
  16. ""Non tardei nin un segundo en tomar a decisión de vir", di Koné na súa presentación". Deportivo da Coruña. 23 de xullo de 2019. 
  17. "O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral". Deportivo da Coruña. 29 de xullo de 2019. 
  18. "Juanfran ficha por el Alanyaspor después de rescindir contrato con el Dépor". Mundo Deportivo. 29 de xullo de 2019.  (en castelán)
  19. "O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral". Deportivo da Coruña. 2 de agosto de 2019. 
  20. "Pedro Mosquera firma dos temporadas con la SD Huesca". Heraldo. 3 de agosto de 2019.  (en castelán)
  21. "Luis Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2019. 
  22. ""Veño con moita ilusión, con moita fame. Vou dar todo por este Club", asegura Luis Ruiz na súa presentación". Deportivo da Coruña. 6 de agosto de 2019. 
  23. "Peru Nolaskoain, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 9 de agosto de 2019. 
  24. "El Dépor reconquista el Teresa Herrera ante el Real Betis (1-0)". Deportivo da Coruña. 10 de agosto de 2019. 
  25. "El UD Granadilla Tenerife se lleva el VII Trofeo Teresa Herrera femenino (1-5)". Deportivo da Coruña. 10 de agosto de 2019. 
  26. "Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2019. 
  27. "Samuele Longo, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 16 de agosto de 2019. 
  28. "Fede Cartabia, cedido ao Al-Ahli". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2019. 
  29. "Juan Antonio Anquela deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2019. 
  30. "El Deportivo destituye a Anquela y recluta a Luis César". El País (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 24 de novembro de 2019. 
  31. "Luis César, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2019. 
  32. "Convocatoria de Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD". Deportivo da Coruña. 13 de novembro de 2019. 
  33. "El Illueca aragonés, rival del Deportivo en la primera ronda de la Copa del Rey". La Voz de Galicia. 17 de novembro de 2019.  (en castelán)
  34. "El Illueca-Depor, a la misma hora de la Junta". El Ideal Gallego. 29 de novembro de 2019.  (en castelán)
  35. "Comunicado do Real Club Deportivo ante a solicitude do Bergantiños CF". Deportivo da Coruña. 30 de novembro de 2019. 
  36. "El Bergantiños jugará en Riazor la Copa del Rey frente al Sevilla". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2019.  (en castelán)
  37. "Comunicado Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 9 de decembro de 2019. 
  38. "Paco Zas dimite y convoca elecciones". La Opinión de A Coruña. 10 de decembro de 2019.  (en castelán)
  39. "Paco Zas renuncia y le deja vía libre a Fernando Vidal". Diario As. 27 de decembro de 2019.  (en castelán)
  40. "Fernando Vázquez confiesa en su presentación que "siempre quise volver al Dépor y estaba convencido de que volvería"" (en castelán). 30 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  41. "Emre Çolak: «Este club y esta ciudad son mi casa»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  42. "El Deportivo abre con una victoria en Soria la etapa de Fernando Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  43. "O Deportivo, eliminado da Copa polo Unionistas na quenda de penaltis". CRTVG. 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  44. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo sin oposición". Marca (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  45. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo: “Nuestro objetivo es sacar al Dépor de las penumbras que nos acechan”" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  46. "Sabin Merino ficha por el Deportivo" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  47. "Sabin Merino: "Ha sido llegar y besar el santo"" (en castelán). 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  48. "OFICIAL. Claudio Beauvue ya es nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 18 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  49. "Beauvue, presentado como novo xogador do R.C. Deportivo". TVG. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  50. "OFICIAL. Uche Agbo, nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  51. "Uche Agbo, presentado como jugador del Dépor" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  52. "El Deportivo rescinde el contrato de Jovanovic para poder inscribir a Uche Agbo" (en castelán). 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  53. "Hugo Vallejo, cedido al Dépor hasta final de temporada" (en castelán). 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  54. "Hugo Vallejo: "Ojalá acabe en el Real Madrid"" (en castelán). 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2020. 
  55. "El Deportivo abandona el descenso cuatro meses después" (en castelán). 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  56. "Samuele Longo deja el Deportivo y jugará en el Venezia FC" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  57. "Lampropoulos se marcha cedido al Bochum" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  58. "Borja Galán, cedido al Racing de Santander" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  59. "Koke Vegas regresa al Levante" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  60. "El portero serbio Jovanovic llega cedido al Deportivo" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  61. "Keko Gontán, nuevo fichaje del Deportivo" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  62. "Koné da la séptima consecutiva al Dépor en el último suspiro (0-1)". Canal Deportivo (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  63. "Cruel fin a la racha victoriosa del Deportivo (2-2)". Canal Deportivo (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  64. "Abdoulaye Ba, nuevo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia. 11 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  65. "Suspendidas las dos próximas jornadas de la Liga y el Manchester City-Real Madrid de Champions". El País (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  66. "La Liga, suspendida indefinidamente" (en castelán). 23 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  67. "¿Puede el Deportivo descender a Segunda División B por el coronavirus?" (en castelán). 17 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  68. "Falece Campanal II, exxogador do Real Club Deportivo". 25 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  69. "Comunicado do presidente e conselleiros do Real Club Deportivo". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  70. "Un punto que sirve de bastante poco a Deportivo y Sporting". Marca (en castelán). 14 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  71. "Koné no seguirá en el Deportivo" (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  72. "O Dépor arranca a cen (3-2)". Deportivo da Coruña. 18 de agosto de 2019. 
  73. "Freada ao Deportivo en El Alcoraz (3-1)". Deportivo da Coruña. 25 de agosto de 2019. 
  74. "Derrota branquiazul en Vallecas (3-1)". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2019. 
  75. "Os traveseiros e o VAR derrotan ao Dépor (0-1)". Deportivo da Coruña. 7 de setembro de 2019. 
  76. "O Dépor salva un punto en Xixón na prolongación (1-1)". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2019. 
  77. "Amargo empate en ABANCA-RIAZOR (3-3)". Deportivo da Coruña. 18 de setembro de 2019. 
  78. "Partido sen goles e con dous penaltis non sinalados en Cádiz (0-0)". Deportivo da Coruña. 21 de setembro de 2019. 
  79. "O Dépor suma o seu cuarto empate consecutivo (1-1)". Deportivo da Coruña. 29 de setembro de 2019. 
  80. "Ao Dépor escápaselle o partido en Montilivi na primeira metade (3-1)". Deportivo da Coruña. 3 de outubro de 2019. 
  81. "A vitoria ségueselle resistindo ao Dépor (0-0)". Deportivo da Coruña. 6 de outubro de 2019. 
  82. "O Dépor non atopa o camiño do triunfo (0-2)". Deportivo da Coruña. 20 de outubro de 2019. 
  83. "El buen segundo tiempo del Dépor en el Sardinero no llegó para completar la remontada (1-1)" (en castelán). 26 de outubro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  84. "Koné rescata un punto para el Dépor en Fuenlabrada (1-1)" (en castelán). 2 de novembro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  85. "Inxusta derrota branquiazul ante o Elche CF (1-3)". Deportivo da Coruña. 10 de novembro de 2019. 
  86. "Dura derrota del Deportivo en Almendralejo (2-0)" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  87. "La victoria se le sigue negando al Deportivo (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  88. "Empate sin goles en el Anxo Carro (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  89. "Nueva derrota en ABANCA-RIAZOR (1-3)". CanalDeportivo (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  90. "Yuri anula al Dépor con dos goles en la primera mitad (2-0)". CanalDeportivo (en castelán). 14 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  91. "Un triunfo de los que valen más que 3 puntos (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 20 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  92. "El Dépor resucita en un ABANCA-RIAZOR entregado (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  93. "ABANCA-RIAZOR también noquea al líder (1-0)". CanalDeportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  94. "El quinto triunfo consecutivo saca al Dépor del descenso (0-1)" (en castelán). 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  95. "La magia de ABANCA-RIAZOR también derrota a Las Palmas (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  96. "Koné da la séptima consecutiva al Dépor en el último suspiro (0-1)" (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  97. "Cruel fin a la racha victoriosa del Deportivo (2-2)". CanalDeportivo (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  98. "El Dépor vuelve a perder 71 días después (3-1)" (en castelán). 23 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  99. "Un punto amargo (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de marzo de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  100. "Severo correctivo en el Juegos Mediterráneos (4-0)" (en castelán). 7 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  101. "El Dépor, apeado de la Copa en los penaltis por Unionistas" (en castelán). 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020.