Modesto López Novoa
Modesto I | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Modesto López Novoa | ||
Nacemento | 21 de xaneiro de 1965 (58 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983–1986 | Ourense | ||
1986–1991 | Deportivo da Coruña | 57 | (2) |
1991–1995 | Compostela | 104 | (0) |
1995–1999 | Ourense | 85 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Modesto López Novoa, coñecido como Modesto I, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa central.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse no CD Ourense na tempada 1983–84 en Segunda B, permanecendo até a tempada 1985–86.
Na tempada 1986–87 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou en Segunda División. No club branquiazul estivo até a tempada 1990–91, co ascenso do club coruñés á Primeira División, sen xogar ningún partido na súa última campaña.
Na tempada 1991–92 fichou polo SD Compostela, sendo titular indiscutible, e logrando o ascenso á Primeira División na tempada 1993–94. Debutou na máxima categoría o 23 de outubro de 1994, nun partido fronte ao Real Madrid no estadio Santiago Bernabéu que rematou con empate (1–1).
Na tempada 1995–96 foi contratado polo CD Ourense, ascendendo á Segunda División nesa campaña. Co club ourensán descendeu á Segunda División B na tempada 1998–99. Logo de xogar varias campañas en terceira división e preferente, retirouse aos 38 anos co equipo de Nogueira de Ramuín. Despois traballou na escola deportiva do Concello de Celanova[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Silvia Castiñeiras (1 de xuño de 2019). "Modesto López: se retiró con 38 años en Nogueira de Ramuín". El Correo Gallego (en castelán).