Óscar Montalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montalvo
Información persoal
Nome Óscar Montalvo Finetti
Nacemento 20 de marzo de 1937
Lugar de nacemento Pimentel
Falecemento 2006
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Deportivo Municipal
Ciclista Lima
1962–1967 Deportivo da Coruña 119 (32)
1967–1968 Oviedo 25 (6)
Selección nacional
1959–1962 Perú 7 (0)
Adestrador
1969 Sin Querer
1988 Sporting Cristal
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Óscar Montalvo Finetti, nado en Puerto Pimentel o 20 de marzo de 1937 e finado en 2006, foi un futbolista e adestrador peruano. Xogaba de extremo esquerdo e foi internacional co Perú.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Deportivo Municipal do seu país natal, onde coincidiu con Juan Seminario, e debutou coa selección peruana en 1959. En 1960 participou na Xira dos Catro Continentes, que levou a unha selección de xogadores do Deportivo Municipal e do Sport Boys a disputar unha serie de partidos amigables en numerosos países: Estados Unidos, Xapón, Filipinas, Malaisia, Taiwán, Hong Kong, Vietnam, China, Alemaña, México, Colombia e Ecuador.[1]

Posteriormente xogou no Ciclista Lima, e en 1962 fichou polo Deportivo da Coruña, converténdose no primeiro peruano da historia do club.[2] Pouco despois da súa chegada participou no histórico 17º Trofeo Teresa Herrera, marcando un dos catro goles do seu equipo para derrotar ao Benfica de Eusébio, que viña de gañar dúas Copas de Europa seguidas.[3] Debutou en partido oficial na primeira xornada da tempada 1962/63 da Primeira División, marcando o único gol do partido contra o Sevilla en Riazor. Titular durante case todos os partidos da tempada na dianteira deportivista, xunto con Veloso e Jaime Blanco, anotou un total de 8 goles na súa primeira campaña, na que o club acabou descendendo.

Na seguinte tempada marcou 13 goles, contribuíndo a que o equipo adestrado por Roque Olsen se proclamase campión de Segunda e lograse o ascenso. Xogou no Deportivo ata 1967, vivindo un total de tres descensos e dous ascensos, e marcando 33 goles en partidos oficiais. A continuación pasou polo Oviedo, onde xogou durante a tempada 1967/68 en Segunda antes de retirarse.

De volta na Coruña adestrou brevemente o modesto Sin Querer,[4] antes de regresar ao seu país natal, onde continuou traballando como adestrador, principalmente no fútbol base. Alí creou a escola de fútbol do Deportivo Municipal, onde se formaron xogadores como o internacional Jefferson Farfán, que tatuou no seu brazo un agradecemento a Montalvo.[5][6]

Faleceu no 2006, pouco despois de recibir unha invitación para participar nos actos do Centenario do Deportivo, aos que xa non puido asistir.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fuimos héroes: La gira del "Muni" por los cuatro continentes". La Noche (en castelán) (12627). 27 de xaneiro de 2012. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  2. Barreiros, Pedro (3 de setembro de 2019). "El Dépor cierra un mercado de vértigo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2021. 
  3. "El Deportivo conquistó el XVII Trofeo Teresa Herrera". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1962. p. 5. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  4. Mallo, Xosé Manuel (4 de decembro de 2017). ""Nací en A Coruña y no descarto volver para asentarme un buen tiempo"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  5. "Perú cierra el cupo mundialista con un gol con sabor deportivista". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de novembro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  6. "Jefferson Farfán conmueve con tiernas palabras para el técnico que lo descubrió" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  7. Mallo, Xosé Manuel (30 de marzo de 2015). "Un paseo por los orígenes". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]