Fútbol Club Barcelona Atlètic
| Barcelona B | ||||
|---|---|---|---|---|
| Nome | Futbol Club Barcelona B | |||
| Alcume(s) | Blaugranes, Barça Atlètic; Barça B | |||
| Fundación | 1970 | |||
| Estadio | Mini Estadi, Barcelona, España | |||
| Inauguración | 24 de setembro de 1982 | |||
| Capacidade | 15.276 | |||
| Adestrador | ||||
| Liga | Segunda División B | |||
| Segunda división B | 1º (2ªB - Grupo 3) | |||
| Vestimenta | Nike | |||
| Patrocinador | Rakuten | |||
| Na rede | ||||
| http://www.fcbarcelona.com/web/castellano/futbol/futbol_base/futbol_base.html | ||||
| ||||
O Futbol Club Barcelona Atlètic é un club de fútbol catalán, da cidade de Barcelona, filial do Fútbol Club Barcelona. Fundouse en 1970 mediante a fusión do CD Condal e o Atlètic Catalunya e xoga actualmente na Primeira Federación.
Polo Barça B pasaron moitos dos mellores xogadores que chegaron ao FC Barcelona procedentes da canteira barcelonista, como Guardiola, Víctor Valdés, Andrés Iniesta, Puyol, Xavi ou Leo Messi.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.
O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B, nome que mantivo ata 2022, cando recuperou a denominación .[1]
Estadio
[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Mini Estadi.
O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 2ª: 22 (Incluída a 2014/15)
- Tempadas en 2ªB: 18
- Tempadas en 3ª: 4
- Tempadas en Rexional: 1
- Mellor posto na liga: 3º (2ª división, tempadas 2010-11 e 2013-14)
- Posto na Clasificación histórica de equipos filiais: 2º
Historial na liga
[editar | editar a fonte]| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1970/71 | 3ª | 4º |
| 1971/72 | 3ª | 19º |
| 1972/73 | Rexional | 1º |
| 1973/74 | 3ª | 1º |
| 1974/75 | 2ª | 10º |
| 1975/76 | 2ª | 6º |
| 1976/77 | 2ª | 20º |
| 1977/78 | 2ªB | 5º |
| 1978/79 | 2ªB | 4º |
| 1979/80 | 2ªB | 14º |
| 1980/81 | 2ªB | 3º |
| 1981/82 | 2ªB | 1º |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1982/83 | 2ª | 11º |
| 1983/84 | 2ª | 7º |
| 1984/85 | 2ª | 9º |
| 1985/86 | 2ª | 13º |
| 1986/87 | 2ª | 13º |
| 1987/88 | 2ª | 8º |
| 1988/89 | 2ª | 17º |
| 1989/90 | 2ªB | 2º |
| 1990/91 | 2ªB | 1º |
| 1991/92 | 2ª | 6º |
| 1992/93 | 2ª | 8º |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1993/94 | 2ª | 8º |
| 1994/95 | 2ª | 6º |
| 1995/96 | 2ª | 14º |
| 1996/97 | 2ª | 19º |
| 1997/98 | 2ªB | 1º |
| 1998/99 | 2ª | 20º |
| 1999/00 | 2ªB | 11º |
| 2000/01 | 2ªB | 9º |
| 2001/02 | 2ªB | 1º |
| 2002/03 | 2ªB | 2º |
| 2003/04 | 2ªB | 8º |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 2004/05 | 2ªB | 11º |
| 2005/06 | 2ªB | 6º |
| 2006/07 | 2ªB | 19º |
| 2007/08 | 3ª | 1º |
| 2008/09 | 2ªB | 5º |
| 2009/10 | 2ªB | 2º |
| 2010/11 | 2ª | 3º |
| 2011/12 | 2ª | 8º |
| 2012/13 | 2ª | 9º |
| 2013/14 | 2ª | 3º |
| 2014/15 | 2ª | — |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores históricos destacados foron, entre outros, Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Bojan Krkić, Pedro Rodríguez Ledesma ou Víctor Valdés.
Cadro 2010/11
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualizado a 1 de setembro de 2010.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Barça Atlètic volverá a llamarse Barça B". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2010.