Eduardo González Valiño
Chacho | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Eduardo González Valiño | ||
Nacemento | 14 de abril de 1911 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 21 de outubro de 1979 | ||
Lugar de falecemento | A Coruña | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1926–1934 | Deportivo da Coruña | 46 | (24) |
1934–1936 | Atlético de Madrid | 39 | (14) |
1936–1944 | Deportivo da Coruña | 56 | (19) |
1945–1946 | Xuvenil | ||
1945–1946 | Deportivo da Coruña | 4 | (1) |
Selección nacional | |||
1933–1934 | España | 3 | (7) |
Adestrador | |||
1936 | Deportivo da Coruña | ||
1942–1943 | Deportivo da Coruña | ||
1951–1952 | Deportivo da Coruña | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado na Coruña o 14 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse como futbolista en 1927 no Deportivo da Coruña, na Segunda División. Xogou no club ata o ano 1934 (obtendo como mellor posición un cuarto posto en 1932), cando fichou por dúas tempadas polo Atlético de Madrid, que acababa de subir a Primeira División.[1] Con este equipo quedou en sétima e undécima posición. En 1936, e coincidindo co inicio da guerra civil española, volveu ao Deportivo, onde exerceu como xogador-adestrador primeiro,[2] e logo só como xogador, e co que conseguiu o ascenso a Primeira no ano 1941, e un cuarto posto o ano seguinte, na primeira tempada deste equipo na máxima categoría. Na tempada 1941-1942 fixo de novo de xogador-adestrador, e 1944 deixou o club.
Non xogou en ningún equipo por un tempo pero seguiu adestrando, e en 1945 fichou polo Deportivo Xuvenil para axudalo a ascender á Terceira División. Pouco despois volveu ao Deportivo, co que disputou a parte final da tempada 1945/46 e tras o remate desta retornou ao Xuvenil para xogar a Copa Galicia. Retirouse definitivamente ese ano, 1946. Volveu ao banquiño coruñés na tempada 1951–52.[3]
Está considerado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo e en 1988 inaugurouse unha escultura dedicada a el xunto ao estadio de Riazor.
Faleceu na Coruña o 21 de outubro de 1979.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Chacho foi internacional coa selección española en tres ocasións, logrando 7 tantos. Participou no Mundial de Italia de 1934. Ten o récord de maior número de goles marcados nun partido coa selección española, cos seis goles que anotou fronte a Bulgaria nun partido amigábel en 1933, no seu debut.[4]
Familia[editar | editar a fonte]
Era fillo de Carlos González e Irene Valiño Pérez, irmán entre outros de Baldomero González Valiño, "Mero", tamén futbolista e máis tarde presidente do Sporting Ciudad, e cuñado de Eduardo Viso, futbolista e adestrador.[5]
Foi pai dos tamén futbolistas Antonio e Jaime González Meilán, alcumados "Chacho II" e" Chacho III" respectivamente.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Guillín, Pepe. "Chacho, la perfección técnica". canaldeportivo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Chacho, entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 1936. p. 8.
- ↑ "Chacho". Vavel (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2018.
- ↑ "Morreu Chacho, "recordman" español". El País (en castelán). 23 de outubro de 1979. Consultado o 25 de xuño de 2018.
- ↑ "Necrología". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de decembro de 1966. p. 14.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1911
- Finados en 1979
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Deportivo Xuvenil
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934