Manchester United F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manchester United")
Manchester United
Ryan Giggs free kick vs Everton.jpg
Nome Manchester United
Football Club
Alcume(s) Red Devils
Fundación 1878
Estadio Old Trafford, Manchester
Inglaterra Inglaterra
Inauguración 1910
Capacidade 76.212
Propietario Familia Glazer
Presidente Flag of the United States.svg Joel e Avram Glazer
Adestrador Escocia David Moyes
Liga Premier League
2012–13
Vestimenta Nike
Patrocinador AIG
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, co excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares del mundo,[1] debido a que conta con máis de 330 millóns de seguidores a nivel internacional,[2] e tendo o media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.[3]

O Manchester United é o actual campións ingleses, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chagada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes. En 1968, foron o primeiro equipo inglés en gañar a Copa de Europa, batendo ao Benfica por catro goles a un. En 1999 converteuse no único equipo en gañar a UEFA Champions League, a Premier League e a FA Cup nun mesmo ano, volvendo a gañar en 2008-09 por terceira vez o máximo galardón do fútbol europeo de clubs. O Manchester é tamén o equipo con máis títulos da liga inglesa, con dezaoito, e con máis FA Cup, con once.[4] Dende finais dos anos 1990 converteuse nun dos máis ricos do mundo, tendo máis ingresos que ningún outro club de fútbol,[5] e é actualmente o o club máis rico e valioso de todo o mundo do deporte, cun valor estimado de 1.319 millóns de euros (abril de 2009).[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Unha placa en Old Trafford conmemorando aos que perderon a vida no desastre aéreo de Múnic.

O club foi creado como Newton Heath (Lancashire & Yorkshire Railway) (Newton Heath (L&YR) acurtado) por un grupo de traballadores ferroviarios de Manchester en 1878. O nome pronto foi acurtado a Newton Heath, e comezaron a ser coñecidos localmente como 'The Heathens'. Foron membros fundadores da Football Alliance en 1889, e unírona coa Football League en 1892.

O club afrontou a bancarrota en 1902, sendo rescatado por John Henry Davies do cal se di que coñeceu ao club por que o seu can se escapou aos adestramentos do Newton Heath e o foi quen pagou as débedas do equipo e cambiou o nome a Manchester United, ademais de cambiar as cores de ouro e verde. Co seu novo nome, gañaron a liga en 1908 e a FA Cup o 26 de abril de 1909 contra o Bristol City en Crystal Palace. Coa axuda financeira de Davies, o United mudouse de Bank Street a un novo estadio en Old Trafford en 1910. Gañaron a liga por segunda vez en 1911.

Os anos de Busby[editar | editar a fonte]

Un reloxo en Old Trafford marca a hora e a data á que se produciu a traxedia de Múnic
Artigo principal: Desastre aéreo de Múnic.

Matt Busby foi nomeado adestrador en 1942, e realizou un traballo por entón inaudito ao facer que os xogadores realicen tarefas administrativas. Foi un éxito inmediato, co club finalizando segundo en 1947 e gañando a FA Cup en 1948. Busby adoptou a política de facer xogar aos xuvenís sempre que sexa posible. O United gañou a liga en 1956 cunha idade media no persoal de 22 anos. Esta política fíxose agora fundamental no éxito dos equipos. Á tempada seguinte, levaron de novo a liga e finalizaron subcampións da FA Cup tras perder co Aston Villa na final. Tamén se converteron no primeiro equipo inglés en competir na Copa de Europa, sendo eliminados nas semifinais.

A traxedia golpeou duramente ao equipo a tempada seguinte, cando o avión que os transportaba a casa tras un encontro europeo estrelouse en Múnic, matando a oito xogadores e a outro quince pasaxeiros. Mentres Busby se recuperaba das feridas, Jimmy Murphy tomou as rendas do equipo, e o United continuou xogando por entón cun equipo provisional, co que logrou xogar cara a cara ao AC Milan nas semifinais da Copa de Europa, gañándolles 2-1 na ida aínda que logo serían eliminados. Tras a desgraza, chegaron á final da FA Cup, perdéndoa co Bolton Wanderers.

Busby empezou a reconstruír o equipo nos anos 60, fichando a xogadores como Denis Law e Pat Crerand. Gañaron a FA Cup en 1963, a liga en 1965 e 1967, e a Copa de Europa en 1968, sendo o primeiro conxunto inglés en facelo. Neses anos o equipo contaba con tres Balóns de Ouro: Bobby Charlton, Denis Law e George Best. Busby renunciou en 1969 sendo substituído por Wilf McGuinness, antigo xogador do United e adestrador do equipo de reservas.

1969-1986[editar | editar a fonte]

Matt Busby.

O equipo loitou para substituír a Busby, e o equipo contou con Wilf McGuinness e con Frank O'Farrell, antes de contratar como adestrador a Tommy Docherty en 1972. Docherty salvou ao equipo do descenso esa tempada, pero descendeu en 1974. O United ascendeu no seu primeiro intento e chegaron á final da Copa de Inglaterra en 1976, pero foron derrotados polo Southampton FC. O Manchester chegaría novamente á final en 1977, derrotando ao Liverpool FC. A pesar dos grandes éxitos, e a súa popularidade cos afeccionados, Docherty foi despedido despois da final cando se soubo que tiña un romance coa esposa do fisioterapeuta.

Dave Sexton foi o encargado de substituír a Docherty como adestrador no verán de 1977, e fixo que o equipo xogase cunha formación moito máis defensiva. Este estilo era impopular entre os afeccionados, quen estaban afeitos ao estilo ofensivo de Docherty e de Bubsy, e despois de non gañar ningún trofeo, Sexton foi despedido en 1981, a pesar de gañar o seu últimos sete partidos.

Sexton foi substituído por Ron Atkinson quen inmediatamente rompeu a marca de transferencias británico ao contratar a Bryan Robson do West Bromwich Albion. Tamén se contratarían a outros novos xogadores como Jesper Olsen e Gordon Strachan, que xogarían xunto con Norman Witheside e Mark Hughes, ambos os xogadores provenientes das inferiores do club. O United gañaría a Copa de Inglaterra en 1983 e en 1985 e eran os favoritos para gañar a Football League First Division na tempada 1985-86 despois de gañar o seu dez primeiros partidos, levando dez puntos de vantaxe sobre os seus rivais desde outubro. O equipo logo decaeu e terminou a tempada en cuarto lugar. O mal xogo continuou á tempada seguinte, e co United ao bordo da zona de descenso da liga, Atkison era destituído do seu posto.

A era de Alex Ferguson[editar | editar a fonte]

Alex Ferguson chegou do Aberdeen FC para substituír a Atkinson e guiou ao equipo á 11º posición ao final da tempada. A tempada seguinte (1986-87), o equipo acabaría en segundo lugar, con Brian McClair converténdose no primeiro xogador en anotar máis de vinte goles nunha tempada despois de George Best. Con todo, o Manchester United decepcionaría nas dúas tempadas seguintes, e moitos dos xogadores traídos por Ferguson non alcanzaron as expectativas dos afeccionados. Había unha esperanza de que Alex Ferguson sería despedido ao principio do ano 1990, pero unha vitoria na terceira rolda da FA Cup sobre o Nottingham Forest mantería ao adestrador ao seu posto e levaría ao seu equipo a gañar a competición ese mesmo ano, derrotando ao Crystal Palace na final.

O Manchester gañaría a Recopa de Europa a tempada 1990-91, derrotando na final ao campión español FC Barcelona, pero na tempada seguinte viría unha gran decepción ao deixar escapar o título de liga en favor dos seus rivais, o Leeds United. Mentres tanto en 1991 o club entrara na Bolsa de Valores de Londres cunha valor de £18 millóns. A chegada de Éric Cantona en novembro de 1992 proporcionou a faísca crucial para o Manchester United, e mesturándoo co experimentado talento de xogadores como Gary Pallister, Denis Irwin e Paul Ince, así como de novos talentos como Ryan Giggs, Paul Scholes finalizaron a tempada 1992-93 como campións da liga por primeira vez desde 1967. Gañaron o "dobre" (a liga e a copa), por primeira vez, na tempada seguinte, engadindo a contratación de Roy Keane, proveniente do Nottingham Forest, quen se convertería no capitán do equipo. O 20 de agosto de 1994, chegaría unha mala noticia para o club cando morre o lendario adestrador e presidente do club Matt Busby.

Na tempada 1994-95, Cantona recibiría oito meses de suspensión por saltar ás bancadas e agredir a Matthew Simmons, afeccionado do Crystal Palace, por inxurias raciais, nun partido do Manchester en Selhurst Park. Empatando o seu último partido de liga e perdendo co Everton FC na final da FA Cup, o United quedou como subcampión das dúas competicións. Polo resultado obtido Ferguson foi criticado por vender a xogadores claves do equipo e substituílos por xogadores provenientes das inferiores do club, como David Beckham, Gary Neville, Phil Neville e Paul Scholes. Estes novos xogadores, algúns xa convertidos en xogadores nacionais da selección de fútbol de Inglaterra, levaron ao United a gañar o dobrete novamente (a liga e a copa) na tempada 1995-96. Esta foi a primeira vez que un club inglés gañaba o dobrete dúas veces na súa historia. O Manchester gañou a liga novamente en 1997, e Éric Cantona anunciou o seu retiro do fútbol á idade de 30 anos. Na tempada seguinte terminaron segundos tras o Arsenal FC.

O Trevo (1998-99)[editar | editar a fonte]

Paul Scholes.

A tempada 1998-99 foi a mellor tempada dun equipo de fútbol inglés. O equipo converteuse no primeiro e único equipo inglés en gañar O trevo (gañar a FA Premier League, a FA Cup e a Liga de Campións da UEFA nunha mesma tempada). Manchester United gañou o título da Premier League na última xornada, tras derrotar ao Tottenham Hotspur por 2-1. Gañar a Premier League era só a primeira parte do trevo, parte que foi descrita polo adestrador Alex Ferguson como a máis difícil. Na final da FA Cup derrotaron ao Newcastle United por 2-0, con goles de Teddy Sheringham e Paul Scholes.

Durante a Liga de Campións 1998-99, o Manchester derrota ao Bayern Múnic na que é considerada unha das máis grandes finais que se xogaron na historia do fútbol. Despois de ir perdendo tras un gol de tiro libre de Mario Basler ao seis minutos de xogo e de que o Bayern estrelase dous potentes tiros no vertical dereito e o traveseiro da portaría defendida por Peter Schmeichel, o Manchester consegue anotar dous goles consecutivos no últimos tres minutos do partido; o primeiro gol foi de Teddy Sheringham ao minuto 90´35´´, e o segundo de Ole Gunnar Solskjær no minuto 92´17´´ de xogo, ámbolos goles convertidos tras senllos saques de esquina servidos por David Beckham. Esta final remataría aos 93´35´´. Despois diso Alex Ferguson foi nomeado cabaleiro, Sir, coa Orde do Imperio Británico polos seus servizos ao fútbol inglés.

Esta campaña viuse coroada o 30 de novembro de 1999, data na que se disputou a Copa Intercontinental da devandita tempada, torneo de clubs que enfrontaba ano a ano ao campión de Europa (Liga de Campións) co campión de América (Copa Liberadores), o gañador deste enfrontamento coroábase oficialmente como "campión do mundo", por ser a instancia máis alta á que podía chegar un club de fútbol. Nesa ocasión enfrontáronse o Manchester United por Europa e o Palmeiras de Brasil por América, en partido único xogado no Estadio Nacional de Tokio. Os "Red Devils" alzouse coa vitoria ao vencer aos brasileiros por 1-0, grazas a un gol de Roy Keane no minuto 35, ante 53.000 espectadores.

Despois do Trevo[editar | editar a fonte]

Ruud van Nistelrooy.

O Manchester United gañou a liga nos anos 2000 e 2001, pero a prensa viu isto como un fracaso, ao non volver conseguir novamente a Copa Europea. Ferguson adoptou unha táctica máis defensiva para facer ao United máis difícil de ser derrotado en Europa, mais este troco non tivo un gran éxito e o Manchester terminou en terceiro lugar no ano 2002, con todo gañaron novamente a liga na tempada 2002-03. No verán de 2003 prodúcese un dos maiores culebróns do ano, a contratación de David Beckham, a súa gran estrela mediática, polo Real Madrid español, feito acelerado polas grandes diferenzas entre este xogador e o adestrador do club. A seguinte tempada comezou ben, mais comezaron a decaer cando Rio Ferdinand recibiu oito meses de suspensión por dopaxe. O club gañou a FA Cup no ano 2004, ao derrotar ao campión de liga ese ano nas semifinais, o Arsenal FC, e logo na final derrotar ao Millwall FC.

A tempada 2004-05 caracterizouse por falta de goles, maioritariamente producida pola lesión do goleador do equipo Ruud van Nistelrooy, e o club terminou finalmente en terceiro lugar. Tamén ese ano perderon "o premio de consolación", a FA Cup, ao ser derrotados na final por penaltis ante o Arsenal. Fóra do campo de xogo, a historia principal era a posibilidade de que o equipo fose comprado e ao final da tempada, o home de negocios de Tampa, Malcolm Glazer, adquiriu unha parte importante do club. Na tempada 2005-06, co centrocampista Roy Keane deixando o club para irse ao Celtic FC, o equipo perdeu a oportunidade de pasar á fase de eliminación directa da Liga de Campións da UEFA, por primeira vez nunha década, despois de perder co SL Benfica. O ánimo do equipo subiu cando gañaron a Football League Cup, máis coñecida como a Carling Cup, ao derrotar á final ao recentemente ascendido Wigan Athletic por 4-0. O United tamén asegurou o seu paso directo á UEFA Champions League ao quedar en 2º lugar na liga despois de gañarlle por 4-0 ao Charlton Athletic. Ao final da tempada, o dianteiro Ruud van Nistelrooy abandonou a disciplina do Manchester United para asinar polo Real Madrid.

Durante a tempada 2006-07 o United coroouse campión na FA Premier League, sendo Cristiano Ronaldo (cr7), o xogador máis decisivo e máximo goleador da liga, ao conseguir seis puntos máis que o segundo, Chelsea FC; mesmo equipo que o derrotou por 1-0 na final da FA Cup; e na Liga de Campións da UEFA cae eliminado en semifinais polo AC Milan, despois dunha espectacular vitoria, por 3-2 no partido de ida e unha posterior derrota 0-3 na volta en Italia.

Dobrete en 2008[editar | editar a fonte]

Ryan Giggs.

Na Barclays Premier League da tempada 2007-08, Chelsea FC e Manchester United remataron empatados no tope da táboa con 84 puntos a falta dunha xornada para rematar o campionato, o que indicaba que o campión se decidiría no último partido. E así, o 11 de maio do 2008, o United coroaríase campión ao derrotar ao Wigan Athletic por 2-0 aproveitando o empate entre o Chelsea e Bolton Wanderers, que terminou 1-1, e así a Premiership volvía novamente a Manchester, quen terminou como líder con 87 puntos e Chelsea FC como subcampión con 85 puntos.

O 21 de maio de 2008, volveríanse a enfrontar o Manchester e o Chelsea na final da UEFA Champions League, quedando 1 a 1, con goles de Cristiano Ronaldo e Frank Lampard, e téndose que resolver a final mediante os penaltis, o Manchester United quedaría como campión por 6-5 (cos penaltis errados de John Terry e Nicolas Anelka por parte dos londinienses, e Cristiano Ronaldo por parte do Manchester).

Ese mesmo ano ademais gañou a FA Community Shield, vencendo ao Portsmouth F.C. na definición por penais, despois de que o partido terminase empatado 0-0 no noventa minutos oficiais. O 21 de decembro de 2008, o United proclamouse campión da Copa Mundial de Clubs da FIFA dese ano. Dita copa foi obtida tras derrotar 1-0 á Liga de Quito en Xapón. Dous meses máis tarde, o United gañou a Football League Cup de 2009, derrotando, nesta ocasión, ao Tottenham Hotspur de novo na quenda de penaltis. O 16 de maio de 2009, tras empatar 0-0 contra o Arsenal F.C., volveuse campión, novamente por terceira vez consecutiva, da Premier League. O 27 de maio de 2009, o Manchester United xogou a final da UEFA Champions League, que perdeu 2-0 fronte ao F.C. Barcelona.

Escudo e cores[editar | editar a fonte]

Vestimenta da tempada 2009-10.

Durante os seus días como Newton Heath, o club xogou baixo numerosas de cores diferentes, sendo a máis recoñecible unha camiseta metade amarela e verde, usada dende 1878 até 1892 e, novamente, entre 1894 e 1896. Esta camiseta foi revivida como equipamento de visitante na década de 1990. Outras cores usadas polo Newton Heath inclúen unha camisa vermella e branca cuarteada (1892-1894) e unha camisa branca lisa (1896-1902), ambas usadoa con pantalóns curtos azuis.[7] En 1902, xunto co troco de nome a Manchester United, o club cambiou as súas cores a unha camiseta vermella, con pantalón branco e medias negras, que se converteu no estándar para a maioría dos equipamentos dos "Red Devils" dende entón. A excepción máis notable disto foi a camisa que levou o equipo na final da FA Cup de 1909 contra o Bristol City, sendo a camiseta de cor branca cunha banda vermella en forma de "V".[8] Este deseño foi resucitado na década de 1920, antes de que o United volvese de novo ás camisetas completamente vermellas, así como na tempada 2009-10 para festexar os cen anos do club en Old Trafford.

Os uniformes para fora da casa consisten xeralmente en camisetas de cor branca con pantalón negro e medias brancas, mais téñense utilizado outros moitos deseños, incluíndo unha camisa a raias azuis e brancas utilizada dende 1903 até 1916, un equipamento completamente negro en 1994, 2003 e 2007 ou unha camisa de cor azul mariño con raias horizontais de prata en 2000. O terceiro uniforme do United é tradicionalmente de cor azul, en homenaxe ao uniforme co que se gañou a Copa de Europa de 1968. Excepcións a esta regra inclúen unha vestimenta de cor amarela na década de 1970, unha a raias azuis e brancas en 1996, moi popular entre os seareiros, e unha camisa branca con raias horizontais en negro e vermello en 2004.

Na actualidade as camisetas do Manchester United, son de cor vermella cun chevrón sobre unha superficie negra no peito. O escudo do club atópase no lado esquerdo da "V", mentres que o logotipo de Nike está en branco no lado dereito, o logotipo do patrocinador AIG, situado no centro da camiseta, é tamén branco. En homenaxe ao cen aniversario da apertura de Old Trafford a camiseta tamén inclúe unha etiqueta no lateral que di "The Theatre of Dreams Since 1910" (do inglés: O Teatro dos Soños dende 1910). A camiseta vai acompañada cuns pantalóns brancos con raias vermellas nos costados de ámbalas pernas e medias negras.

O escudo do Manchester United foi modificado en varias ocasións, pero a forma básica segue sendo similar. O distintivo deriva do escudo da cidade de Manchester cun diaño, do que deriva o alcume do club "Os Diaños Vermellos". O demo, aprobado a comezos de 1960, xurdiu a raíz da xira do club de rugby de Salford, que durante a súa xira por Francia levaron camisolas vermellas e foron coñecidos como "The Red Devils", ao adestrador do United desa época, Matt Busby, gustoulle como soaba, pensando que un diaño era intimidaría ao opoñentes. A finais da década de 1960, o diaño comezou a ser incluído pouco a pouco en diferentes aspectos de club, antes de que fose incorporado definitivamente no escudo en 1970. En 1998 o escudo foi novamente redeseñado, eliminándose do mesmo as palabras "Football Club".

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Old Trafford.
Old Trafford.
Nova tribuna leste.

Cando o club foi fundado como Newton Heath en 1878, xogou os seus partidos en casa nun pequeno campo en North Road en Newton Heath. Con todo, a miúdo os equipos visitantes queixábanse do estado do terreo, que era "un pantano nun extremo e unha canteira de rocha no outro". Os vestiarios tampouco eran para estar orgullosos, e atopábanse a dez minutos a pé do estadio, no Pub Three Crowns en Oldham Road. Máis tarde foron trasladados ao Shears Hotel, outro pub en Oldham Road, mais era preciso un troco se o club quería continuar na liga de Fútbol. Os Heathens mantivéronse no seu terreo de North Road durante quince anos, entre 1878 e 1893, cando ano despois de entrar na Football League, trasladáronse a un novo fogar en Bank Street, nas inmediacións de Clayton.

Old Trafford, comezado a construír en 1909, foi finalmente inaugurado o 19 de febreiro de 1910 e o Manchester United mudouse dende o seu vello estadio en Clayton. Situado distrito suburbano de Trafford, pertencente ao condado metropolitano do Gran Manchester, o seu enderezo é: Sir Matt Busby Way, Old Trafford, Manchester, England M16 0RA. Old Trafford é coñecido como O Teatro dos Soños, alcume posto por Bobby Charlton, histórico xogador do club.

A súa construción supuxo a enorme suma para a época de de £60.000. En 1939 na semifinal da FA Cup entre os Wolves e Grimsby Town F.C. remataría cunha entrada de 76.962 espectadores, unha marca que aínda segue en pé. A azotea sur do soporte orixinal de Leitch foi substituída nos anos 30. As esquinas do sur do soporte tamén foron cubertas e unha azotea parcial foi agregada no lado norte. O estadio foi gravemente danado durante a Segunda Guerra Mundial debido aos bombardeos levados acabo pola Alemaña Nazi en 1941 e durante algún tempo debeu xogar no estadio Maine Road, do clásico rival local Manchester City até o fin da remodelación do recinto en 1949.

Nos anos 60, 70 e 80, só 58.000 espectadores podían entrar en Old Trafford, e co informe de Taylor, que requiría que os estadios de equipos de primeira categoría de Inglaterra tiveran a tódolos espectadores sentados, a capacidade foi reducida a 44.000, sempre demasiado pequena para os seareiros do United. Con todo, unha serie de continuas reformas e ampliacións, rematadas no ano 2006, elevaron a súa capacidade até os seus actuais 76.212 asentos.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

O'Shea, Rooney e Carrick.

Cadro actualizado a 16 de setembro de 2013.[9]

Posto País Xogador
1 POR España David de Gea
2 DEF Flag of Brazil.svg Rafael
3 DEF Francia Patrice Evra
4 DEF Inglaterra Phil Jones
5 DEF Inglaterra Rio Ferdinand
6 DEF Ulster banner.svg Jonny Evans
8 MED Flag of Brazil.svg Anderson
10 DIA Inglaterra Wayne Rooney
11 MED Gales Ryan Giggs
12 DEF Inglaterra Chris Smalling
13 POR Dinamarca Anders Lindegaard
14 DIA Flag of Mexico.svg Javier Hernández
15 DEF Flag of Serbia.svg Nemanja Vidić
16 MED Inglaterra Michael Carrick
17 MED Flag of Portugal.svg Nani
Posto País Xogador
18 MED Inglaterra Ashley Young
19 DIA Inglaterra Danny Welbeck
20 DIA Flag of the Netherlands.svg Robin van Persie
22 DEF Flag of Brazil.svg Fábio
23 MED Inglaterra Tom Cleverley
24 MED Escocia Darren Fletcher
25 MED Flag of Ecuador.svg Antonio Valencia
26 MED Flag of Japan.svg Shinji Kagawa
28 DEF Flag of the Netherlands.svg Alexander Büttner
29 MED Inglaterra Wilfried Zaha
30 DEF Flag of Uruguay.svg Guillermo Varela
31 MED Bélxica Marouane Fellaini
34 MED Inglaterra Larnell Cole
44 MED Bélxica Adnan Januzaj

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
21 DIA Flag of Chile.svg Ángelo Henríquez (no Real Zaragoza até o 30 de xuño de 2014)[10]
27 DIA Italia Federico Macheda (no Doncaster Rovers até o 31 de decembro de 2013)[11]
32 MED Inglaterra Nick Powell (no Wigan Athletic até o 30 de xuño de 2014)[12]
33 DIA Flag of Portugal.svg Bébé (no Paços de Ferreira até o 30 de xuño de 2014)[13]
Posto País Xogador
35 MED Inglaterra Jesse Lingard (no Birmingham City até o 1 de xaneiro de 2014)[14]
38 DEF Inglaterra Michael Keane (no Derby County até o 1 de xaneiro de 2014)[15]
40 POR Inglaterra Ben Amos (no Carlisle United até o 1 de xaneiro de 2014)[16]

Records de xogadores[editar | editar a fonte]

Estatísticas a 31 de xaneiro de 2010 e de acordo ás estatísticas oficiais do sitio web.[17] Os xogadores en negra seguen a xogar actualmente no Manchester United.

Partidos xogados[editar | editar a fonte]

Ryan Giggs.
# Nome Período Aparicións Goles
1 Gales Ryan Giggs 1991–actualidade 827 152
2 Inglaterra Bobby Charlton 1956–1973 758 249
3 Inglaterra Bill Foulkes 1952–1970 688 9
4 Inglaterra Paul Scholes 1994–actualidade 628 146
5 Inglaterra Gary Neville 1992–actualidade 584 7
6 Inglaterra Alex Stepney 1966–1978 539 2
7 Flag of Ireland.svg Tony Dunne 1960–1973 535 2
8 Flag of Ireland.svg Denis Irwin 1990–2002 529 33
9 Inglaterra Joe Spence 1919–1933 510 168
10 Escocia Arthur Albiston 1974–1988 485 7

Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

# Nome Período Goles Aparicións Goles por partido
1 Inglaterra Bobby Charlton 1956–1973 249 758 0.328
2 Escocia Denis Law 1962–1973 237 404 0.587
3 Inglaterra Jack Rowley 1937–1955 211 424 0.498
4= Inglaterra Dennis Viollet 1953–1962 179 293 0.611
4= Ulster banner.svg George Best 1963–1974 179 470 0.381
6 Inglaterra Joe Spence 1919–1933 168 510 0.329
7 Gales Mark Hughes 1983–1986/1988–1995 163 467 0.349
8 Gales Ryan Giggs 1991–actualidade 152 827 0.184
9 Flag of the Netherlands.svg Ruud van Nistelrooy 2001–2006 150 219 0.685
10 Inglaterra Stan Pearson 1937–1954 148 343 0.431

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

Balón de Ouro

Os seguintes xogadores gañaron o Balón de Ouro mentres xogaban para o Manchester United:

Bota de Ouro

Os seguintes xogadores gañaron a Bota de Ouro mentres xogaban para o Manchester United:

Xogador do ano da UEFA

Os seguintes xogadores gañaron o trofeo ao Xogador do ano da UEFA mentres xogaban para o Manchester United:

FIFA World Player

Os seguintes xogadores gañaron o trofeo FIFA World Player mentres xogaban para o Manchester United:

Rivalidade[editar | editar a fonte]

Manchester City e Liverpool.

Historicamente, os equipos cunha maior rivalidade co Manchester United son o Liverpool, Manchester City e Leeds United.[18] Na actualidade, a maioría dos fans consideran ao equipo da súa localidade veciña, o Liverpool, como o seu rival máis grandes debido ao éxito de ámbolos clubs, xa os dous son os equipos ingleses máis laureados.

A rivalidade co Liverpool comezou durante a década de 1960, cando os dous clubs estaban entre os máis fortes de Inglaterra, competindo man a man polo título case cada tempada desde entón. A rivalidade entre o Manchester City remóntase á época do Newton Heath, na década de 1890, e segue a ser forte debido a que os dous clubs levan xogando na mesma división durante gran parte da súa historia. Aínda que baseada na tradicional rivalidade entre Yorkshire e Lancashire, a rivalidade co Leeds United comezou durante a década de 1960, cando o Leeds se converteu nun dos equipo punteiros do país, continuando até a década de 1970 e 1980, posiblemente antes de chegar ao seu punto álxido cando o Leeds United superou ao Manchester no título de Liga de 1992.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

Liga[editar | editar a fonte]

Copas[editar | editar a fonte]

Europeo[editar | editar a fonte]

Mundial[editar | editar a fonte]

Dobletes e Tripletes[editar | editar a fonte]

As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un doblete ou triplete. A única gran competición nunca gañada polo Manchester United é a Copa da UEFA,[19] aínda que chegou a xogar os cuartos de final no seu trofeo antecesor, a Copa de Feiras, en 1964-65.[20]

Xogos contra equipos galegos[editar | editar a fonte]

O Manchester United enfrontouse até en seis ocasións ao Deportivo da Coruña, todos en partidos correspondentes á Liga de Campións da UEFA. En total os galegos venceron en tres ocasións aos ingleses, máis recibiu por parte dos "Red Devils" outras tantas derrotas.[21] A vitoria máis destacable probablemente foi a vitoria en Old Trafford dos coruñeses por 2-3, converténdose así no sexto non inglés que vencía nese campo na historia.[22]

Data Competición Lugar Equipo Local Goles Resultado Goles Equipo Visitante
25-09-2001 Liga de Campións Riazor, A Coruña Galicia Deportivo da Coruña Pandiani 85'
Naybet 90'
2 - 1
Scholes 40' Inglaterra Manchester United
17-10-2001 Liga de Campións Old Trafford, Manchester Inglaterra Manchester United Van Nistelrooy 7'
Van Nistelrooy 40'
2 - 3
Sergio 36'
Tristán 38'
Tristán 59'
Galicia Deportivo da Coruña
02-04-2002 Liga de Campións Riazor, A Coruña Galicia Deportivo da Coruña
0 - 2
Beckham 15'
Van Nistelrooy 41'
Inglaterra Manchester United
10-04-2002 Liga de Campións Old Trafford, Manchester Inglaterra Manchester United Solskjær 23'
Solskjær 56'
Giggs 69'
3 - 2
Blanc (p.m.) 44'
Djalminha 90'
Galicia Deportivo da Coruña
11-12-2002 Liga de Campións Old Trafford, Manchester Inglaterra Manchester United Van Nistelrooy 6'
Van Nistelrooy 54'
2 - 0
Galicia Deportivo da Coruña
18-03-2003 Liga de Campións Riazor, A Coruña Galicia Deportivo da Coruña Víctor 31'
Lynch (p.m.) 47'
2 - 0
Inglaterra Manchester United

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Man Utd's 333M fans
  2. United moving down south as fanbase reaches 333 million
  3. English attendances
  4. Manchester United win 11th FA Cup
  5. United tops global rich list
  6. Soccer Team Valuations (Special Report)
  7. Manchester United Historical Kits
  8. FA Cup Finals 1900 - 1909
  9. Manchester United First Team
  10. Marshall, Adam (28 de agosto de 2013). "Henriquez joins Zaragoza". ManUtd.com (Manchester United). http://www.manutd.com/en/News-And-Features/Football-News/2013/Aug/angelo-henriquez-joins-real-zaragoza-on-loan.aspx. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  11. Froggatt, Mark (21 de novembro de 2013). "Macheda rejoins Doncaster". ManUtd.com (Manchester United). http://www.manutd.com/en/News-And-Features/Football-News/2013/Nov/Macheda-rejoins-Doncaster-on-loan.aspx. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  12. "Manchester United: Nick Powell joins Wigan on season-long loan". BBC Sport (British Broadcasting Corporation). 2 de setembro de 2013. http://www.bbc.co.uk/sport/0/football/23938557. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  13. "United send mega flop Bebe back to Portugal... after he fails to start a SINGLE League game in three years!". Mail Online (Associated Newspapers). 2 de setembro de 2013. http://www.dailymail.co.uk/sport/football/article-2409416/Manchester-United-loan-Bebe-Pacos-Ferreira.html. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  14. Walker, Andy (19 de setembro de 2013). "Red Devil recruited". Birmingham City F.C. http://www.bcfc.com/news/article/20130919-red-devil-recruited-1063652.aspx. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  15. Marshall, Adam (28 de novembro de 2013). "Reds duo go on loan". ManUtd.com (Manchester United). http://www.manutd.com/en/News-And-Features/Football-News/2013/Nov/michael-keane-joins-derby-on-loan-as-tom-lawrence-joins-carlisle.aspx. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  16. Marshall, Adam (28 de novembro de 2013). "Reds duo go on loan". ManUtd.com (Manchester United). http://www.manutd.com/en/News-And-Features/Football-News/2013/Nov/michael-keane-joins-derby-on-loan-as-tom-lawrence-joins-carlisle.aspx. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  17. The Website of Dreams
  18. United's rivalries
  19. Trophy Room
  20. UEFA Cup — Season 1984-1985 - Quarter-finals
  21. United versus Deportivo
  22. O Deportivo entra na lenda en Old Trafford

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]