Francis Uzoho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Uzoho
Información persoal
Nome Francis Odinaka Uzoho
Nacemento 28 de outubro de 1998 (25 anos)
Lugar de nacemento Nwangele
Altura 1,96 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Omonia
Número 23
Carreira xuvenil
2014–2017 Aspire Academy
2017 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017– Deportivo Fabril 23 (0)
2017–2020 Deportivo da Coruña 2 (0)
2018–2019Elche (cedido) 7 (0)
2019Anorthosis (cedido) 3 (0)
2019–2020Omonia (cedido) 5 (0)
2020–2021 APOEL 19 (0)
2021– Omonia 7 (0)
Selección nacional
2013 Nixeria sub-17 0 (0)
2017– Nixeria 18 (0)
Na rede
Twitter: uzohof Instagram: uzoho30 FIFA: 372607 UEFA: 250118263 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de decembro de 2021
Selección: actualizado a 14 de outubro de 2021editar datos en Wikidata ]

Francis Odinaka Uzoho, nado en Nwangele o 28 de outubro de 1998, é un futbolista nixeriano. Xoga de porteiro e o seu club actual é o AC Omonia chipriota. É internacional coa selección nixeriana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en clubs do seu país, onde comezou a xogar de dianteiro, e aos 14 anos foi captado por un scout da Aspire Academy de Qatar, a onde se incorporou en 2014.[1]

O 16 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña para o seu equipo xuvenil, procedente da Aspire Academy de Qatar.[2]

O 15 de outubro de 2017 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, nun empate a domicilio fronte o SD Eibar que rematou en empate (0–0), da man do adestrador Pepe Mel.

O 24 de agosto de 2018 anunciouse a ampliación do contrato de Francis co Deportivo por tres tempadas máis.[3] Ese mesmo día, anunciouse a súa cesión por unha tempada ó Elche CF da Segunda División.[4] Tras media tempada no club ilicitano, onde sufriu unha fractura nas costelas e xogou sete partidos, en xaneiro de 2019 foi cedido ao Anorthosis Famagusta FC, equipo da cidade chipriota de Famagusta.[5][6] Despois de debutar con vitoria fronte ao Apollon Limassol, o presidente do Anorthosis e varios colaboradores foron arrestados por falsificar o certificado médico de Francis. O xogador foi posteriormente multado e sancionado e déuselle o partido por perdido ao seu equipo.[7][8] Dous meses despois conseguiu unha nova licenza e puido volver xogar un partido, pero foi expulsado por enfrontarse aos seareiros rivais.[9] En maio xogou o seu terceiro e último partido co Anorthosis.

En xullo de 2019 foi cedido ao AC Omonia Nicosia, tamén de Chipre, onde xogou varios partidos ata que en outubro sufriu unha grave lesión de xeonllo nun partido amigábel da súa selección contra Brasil, ao caer tras un choque contra Casemiro e romper os ligamentos.[10][11] Foi operado en novembro na Coruña e perdeu todo o resto da tempada.[12] En xullo de 2020 o Deportivo anunciou o seu traspaso ao APOEL FC, o outro gran club de Nicosia e o máis laureado da liga chipriota.[13]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Formou parte da selección de fútbol nixeriana sub-17 que se proclamou campioa da Copa do Mundo de fútbol sub-17 en 2013 nos Emiratos Árabes Unidos.[14]

Foi convocado pola selección nixeriana por primeira vez en 2017, aos 19 anos de idade.[15] Debutou un mes despois nun amigábel contra a Arxentina, onde os nixerianos venceron por 2-4.[16] Dende entón e ata a súa lesión foi o porteiro titular da selección, coa que xogou a Copa Mundial de 2018 e a Copa de África de 2019, obtendo nesta última o terceiro lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francis Uzoho: «A veces extraño jugar en punta»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  2. "El Dépor ficha al nigeriano Francis Uzoho". Riazor.org. 216 de xaneiro de 2017.  (en castelán)
  3. Francis renova o seu contrato co Dépor por 3 temporadas
  4. Francis xogará esta temporada cedido no Elche
  5. "Cuatro semanas de baja para Francis" (en castelán). 5 de novembro de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  6. "Francis finaliza su cesión en el Elche y pone rumbo al Anorthosis" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  7. "Día clave para el futuro de Francis en Chipre" (en castelán). 14 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  8. "Francis, sancionado y multado en Chipre" (en castelán). 22 de maio de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  9. "La noche aciaga de Francis en su reestreno con el Anorthosis" (en castelán). 2 de abril de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  10. "Grave lesión de Francis Uzoho en el Nigeria - Brasil". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  11. "Francis Uzoho sigue sin operarse, un mes después de romperse la rodilla" (en castelán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  12. "Francis Uzoho, operado con éxito de su aparatosa lesión de rodilla" (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  13. "El Deportivo traspasa a Francis Uzoho al Apoel FC" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  14. "El Dépor ficha al nigeriano Francis Uzoho" (en castelán). 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  15. "Francis Uzoho, convocado por primera vez con la selección de Nigeria a los 19 años" (en castelán). 30 de outubro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  16. "Debut idílico de Francis" (en castelán). 14 de novembro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]