Saltar ao contido

José Gutiérrez Mijares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Gutiérrez Mijares
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Lluanco, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Avilés
  RCD Mallorca
UE Lleida
  Deportivo da Coruña
  Sporting de Gijón
  Real Valladolid
Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega

José Gutiérrez Mijares, nado en Luanco, Asturias, o 16 de marzo de 1920 e finado o 7 de febreiro de 1989, foi un futbolista español que xogaba como dianteiro.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1939 e 1941 xogou no Avilés, disputando 27 partidos de Segunda División, nos que anotou 17 goles. Ao remate da tempada 1940/41 fichou polo Sporting de Gijón, co que disputou a Copa do Xeneralísimo dese ano, marcando seis goles en catro partidos. Na tempada 1941/42 anotou 18 goles en 12 partidos de liga, sendo o máximo goleador do campionato, con dous goles máis que Pruden e Sanz. Marcou ademais outros seis goles na fase de ascenso a Primeira, pero o equipo non conseguiu subir á máxima categoría. Na tempada 1942/43 anotou 13 goles e na seguinte marchou ao Valladolid.

En 1945 fichou polo Deportivo da Coruña adestrado por Hilario Marrero.[2] Con 9 goles en 18 partidos foi o máximo goleador do equipo ese ano, no que o Deportivo logrou o segundo ascenso a Primeira División da súa historia.

Na tempada seguinte foi para o Mallorca,[3] onde permaneceu tres anos, o último deles na Terceira División despois de descender na 1947/48. A continuación pasou polo Lleida e a Gimnástica de Torrelavega antes de volver ao Mallorca en 1951.

  1. "Ficha de Mijares". Consultado o 2 de abril de 2020. 
  2. "MAÑANA, DEPORTIVO-MALLORCA". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de decembro de 1945. p. 5. 
  3. "Noticiario breve". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 1946. p. 3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]