José María Ozores de Prado
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de maio de 1877 A Coruña, España |
| Morte | 15 de febreiro de 1927 A Coruña, España |
| 1910 – 1912 ← Ramón Tojo Pérez | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | xurista, político |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Jaime Ozores de Prado |
José María Ozores de Prado, nado na Coruña o 14 de maio de 1877 e finado na mesma cidade o 15 de febreiro de 1927, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do militar Eduardo Ozores Valderrama e de Ramona de Prado Ozores, foi irmán de Jaime Ozores de Prado. Membro do Partido Liberal, foi deputado nas Cortes (1914-1922) pola Coruña e senador pola provincia da Coruña (1923). Presidiu a Deputación da Coruña, a Liga de Amigos da Coruña,[1] a Real Academia Galega de Belas Artes (1922-1927) e o consello de administración de La Voz de Galicia (1912-1927).
| Predecesor: Ramón Tojo Pérez |
Presidente da deputación da Coruña 1910 - 1912 |
Sucesor: Casimiro Torre Sánchez-Somoza |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Noticias regionales". Gaceta de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1916. p. 2. Consultado o 8 de marzo de 2025.