Diferenzas entre revisións de «España»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
(Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
O nome de España deriva de '''[[Hispania]]''', nome co que os [[Roma Antiga|romanos]] designaban xeográficamente ao conxunto da [[península ibérica]], termo alternativo ao nome '''Iberia''', preferido polos autores gregos para referirse ao mesmo espazo. Con todo, o feito de que o termo Hispania non é de raíz [[latín|latina]] levou á formulación de varias teorías sobre a súa orixe, algunhas delas controvertidas.
 
«Hispania» provén do [[lingua fenicia|fenicio]] ''i-spn-ya'', un termo cuxo uso está documentado desde o segundo milenio antes de Cristo, en inscricións [[Ugarítico|ugaríticas]]. Os fenicios constituíron a primeira civilización non ibérica que chegou á península para expandir o seu comercio e que fundou, entre outras, Gadir, a actual [[Cádiz]], a cidade habitada máis antiga de Europa Occidental.<ref>{{cita web|apelido=Espinosa|nome=P.|título=Hallado en Cádiz un muro de 3.000 años|ano=2006|localización=Cádiz|editorial=El País|url=http://www.elpais.com/articulo/cultura/Hallado/Cadiz/muro/3000/anos/elpepucul/20070930elpepicul_7/Tes|data-acceso=30 de setembro de 2007}}</ref><ref>[http://www.spanisharts.com/arquitectura/protohistoria_fenicios.html Segundo o proxecto de arquitectura protohistórica ibérica] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070608085457/http://www.spanisharts.com/arquitectura/protohistoria_fenicios.html |date=08 de xuño de 2007 }}.</ref>
 
Os romanos tomaron a denominación dos vencidos cartaxineses, interpretando o prefixo ''i'' como «costa», «illa» ou «terra», con ''ya'' co significado de «rexión». O lexema ''spn'', que en fenicio e tamén en [[lingua hebrea|hebreo]] pódese ler como ''saphan'', traduciuse como «coellos» (en realidade [[Hiracoideos|damáns]], uns animais do tamaño do coello estendidos por África e o Crecente Fértil). Os romanos, xa que logo, déronlle a Hispania o significado de «terra abundante en coellos», un uso recolleito por [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]], [[Xulio César|César]], [[Plinio o Vello]], [[Catón]], [[Tito Livio]] e, en particular, [[Catulo]], que se refire a Hispania como península ''[[Oryctolagus cuniculus|cuniculosa]]'' (nalgunhas [[moeda]]s [[Cuñaxe|acuñadas]] na época de [[Adriano]] figuraban personificacións de Hispania como unha dama sentada e cun coello aos seus pés), en referencia á vez que viviu en Hispania.
127.614

edicións

Menú de navegación