Banco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un banco é unha empresa financeira que encargase de captar recursos en forma de depósitos, prestar diñeiro, así como a prestación de servizos financeiros. A banca, ou o sistema bancario, é o conxunto de entidades ou institucións que, dentro dunha economía determinada, prestan o servizo dun banco. A internacionalización e a globalización promoven a creación dunha banca universal.

Orixe do termo[editar | editar a fonte]

Banco provén da palabra grego (trá‧pe‧za) que se traduce como banco e significa literalmente “mesa”. Nun contexto financeiro, como por exemplo o traballo dos cambistas, refírese ao mostrador para a transacción de diñeiro. [1]

Clases de banco[editar | editar a fonte]

Segundo a orixe do capital:

  • Bancos públicos: O capital é aportado polo Estado.
  • Bancos privados: O capital é aportado por accionistas particulares.
  • Bancos mixtos: O capital formase con aportes privados e públicos.

Segundo o tipo de operación:

  • Bancos correntes: Son os maioritarios comúns con que opera o público en xeral. As operacións habituais inclúen depósitos en conta, caixa de aforro, préstamos, cobros, pagos e cobros por contas de terceiros, custodia de artigos e valores, alugueiro de caixas de seguridade, financeiras, etc.
  • Bancos especializados: Teñen unha finalidade crediticia específica.
  • Bancos de emisión: Actualmente presérvanse como bancos oficiais, estes bancos son os que emiten diñeiro.
  • Bancos Centrais: Son as casas bancarias de categoría superior que autorizan o funcionamento de entidades crediticias, supervisan e controlan.
  • Bancos de segundo piso: son aqueles que canalizan recursos financeiros ao mercado, a través doutras institucións financeiras que actúan como intermediarios. Utilízanse fundamentalmente para canalizar recursos cara sectores produtivos.

Notas[editar | editar a fonte]