Cadena 100 é un cadea musical de radioespañola propiedade de Radio Popular S.A. Os seus estudos centrais están en Madrid, aínda que posúe frecuencias repartidas por toda España.
Cadena 100 ten o seu precedente en Popular FM, unha cadea de emisoras musicais de Radio Popular que empezou a emitir a principios da década de 1990. A partir desa rede de emisoras, en 1992 Rafael Revert (que fora fundador de Los 40 Principales) creou Cadena 100, e dirixiuna ata 1997.
O 4 de setembro de 2006 a cadea estrea unha nova programación adoptando os máis actuais sistemas de programación musical baseados exclusivamente nas preferencias dos oíntes de 25 a 39 anos.
O 25 dese mesmo mes a cadea estreou o seu novo programa espertador: Buenos días, Javi Nieves.