Saltar ao contido

Lingua mirandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua mirandesa
Mirandés Editar o valor en Wikidata
LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%AE%E0%AE%BF%E0%AE%B0%E0%AE%BE%E0%AE%A8%E0%AF%8D%E0%AE%A4%E0%AF%80%E0%AE%9A%E0%AE%BF%E0%AE%AF%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Mirandés (mwl)
lhéngua mirandesa (mwl)
léngua mirandesa (mwl) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
15000 (2000) Editar o valor en Wikidata
 Institución de normalización
 Xénero gramatical
Clasificación lingüística
Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/01q589 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2mwl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3mwl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5mwl Editar o valor en Wikidata
IETFmwl Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Placa de identificación dunha rúa, en Genísio, co nome da rúa en mirandés e en portugués.
Placa de información, na Igrexa de Miranda do Douro, co texto en mirandés.

A lingua mirandesa ou mirandés[1] é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, nun espazo de 484 km², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Braganza.

Características

[editar | editar a fonte]

O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación de Portugal (século XII). Ten as súas raíces do latín falado no norte da Península Ibérica. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do Reino de León, e atópase fortemente ligado á lingua leonesa moderna e á lingua asturiana. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.

No século XIX, José Leite de Vasconcelos, describiuno como «a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses». Dende 1986/87 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, volvendo así a rexurdir.

Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5.000 falantes (podéndose elevar o número até os 15.000 se contamos aos que a teñen como segunda lingua) nas aldeas do concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Braganza.

As principais diferenzas entre o mirandés (Portugal) e a lingua leonesa e asturiana (España) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo portugués, así como o leonés e o asturiano o foron polo castelán. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentres o asturiano experimentou máis cambios. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialmente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.

As súas variantes dialectais

[editar | editar a fonte]

Existen tres variantes dialectais da lingua mirandesa:

  • O mirandés fronteirizo.
  • O mirandés central.
  • O mirandés sendinês.

A maioría dos falantes do mirandés tamén falan portugués, e incluso castelán algúns deles. Picote (Picuote) é a única aldea basicamente monolingüe en mirandés, espertando o interese baixo novos informes feitos sobre ela nun país que é monolingüe en portugués.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mirandés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.