Provincia de Valencia
| Provincia de Valencia (es) Província de València (ca) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Capital | Valencia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.709.433 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua valenciana lingua castelá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 10.763 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 361 m | ||||
| Punto máis alto | Cerro Calderón (1.832 m) | ||||
| Punto máis baixo | Nivel medio do mar (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Deputación de Valencia | ||||
| • Presidente da Deputación | Antoni Francesc Gaspar Ramos (2018–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-V | ||||
| Código NUTS | ES523 | ||||
| Código INE | 46 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 46 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Prefectura de Mie (1992–) | ||||
| Sitio web | dival.es | ||||
A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).
No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.
Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.
A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.
Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.
Riscos físicos
[editar | editar a fonte]De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.
Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.
Comarcas
[editar | editar a fonte]Está dividida nas seguintes comarcas:
- Canal de Navarrés
- Camp de Morvedre
- Camp de Túria ou Campo do Turia.
- Costera
- Foia de Bunyol
- Horta de Valencia, subdividida en:
- Horta Nord
- Horta Oest
- Horta Sud
- Ciutat de València
- Plana d'Utiel ou Chaira de Utiel
- Racó d'Ademús ou Rincón de Ademuz
- Ribera Alta
- Ribera Baixa
- Safor
- Serrans
- Vall d'Albaida
- Vall de Cofrents
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Valencia |
