Saltar ao contido

Gliptoteca de Múnic

Gliptoteca de Múnic
Múnic Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Nome orixinal
Glyptothek (de) Editar o valor en Wikidata
Características
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
1830 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1816 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Enderezo
Königsplatz 3 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Monumento patrimonial arquitectónico
IdentificadorD-1-62-000-3560
Códigos e identificadores
Código postal80333 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap532621 Editar o valor en Wikidata
VIAF156625362 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123697443 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05vxtf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX92990
Wikidata C:Commons

A Gliptoteca de Múnic é un museo situado na cidade alemá do mesmo nome que foi encargado polo rei bávaro Lois I para albergar a súa colección de esculturas gregas e romanas. Foi deseñado por Leo von Klenze no estilo neoclásico e construído entre 1816 e 1830. No presente, o museo forma parte do Kunstareal.

A Gliptoteca foi encargada polo príncipe herdeiro (logo rei) Lois I de Baviera xunto con outros proxectos, como a veciña Königsplatz e o edificio que alberga a Colección Estatal de Antigüidades Gregas e Romanas, como un monumento á Grecia antiga. Luís tiña a visión dunha «Atenas alemá» na que se lembraría a antiga cultura grega, e fixo construíla fronte ás portas de Múnic.

A disposición do complexo da Königsplatz foi deseñada polos arquitectos Karl von Fischer e Leo von Klenze en 1815, ordenándoa este segundo o estilo dun foro, coa Gliptoteca no lado norte. As paredes do museo foron adornadas con coloridos frescos e estucos realizados por distinguidos artistas tales como Peter von Cornelius e Wilhelm von Kaulbach.

Nos poucos anos entre 1806 e a apertura do museo en 1830, Luís completou unha das mellores coleccións de esculturas grecorromanas da época. A través dos seus axentes logrou adquirir pezas tales como a Medusa Rondanini, o Fauno Barberini e, en 1813, as figuras do Templo de Afea en Exina.

A segunda guerra mundial non destruíu as obras de arte da Gliptoteca, aínda que desafortunadamente os frescos non sobreviviron e só uns poucos ladrillos pintados eran visibles tras a reapertura do museo en 1972.