Illa da Toxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°29′6.87″N 8°51′0.57″O / 42.4852417, -8.8501583

Toxa
Illa da Toxa, O Grove, Galicia (Spain).jpg
Illa da Toxa
Parroquia O Grove
Concello O Grove
Poboación 39 hab. (2016)

A illa da Toxa é unha pequena illa situada na Ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.

Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar estas atractivos, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións.

Centro termal[editar | editar a fonte]

Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos, hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado Monte central. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).

Ermida[editar | editar a fonte]

Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián,[1] cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de vieira nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.

Dentro da ermida venérase a imaxe de San Caralampio.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Illa da Toxa

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas

Parroquias do Grove[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]