Consello de Ministros de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello de ministros español é un órgano colexiado político constitucional formado polo presidente do goberno, os vicepresidentes, se os hai, os ministros e os demais membros que estableza a lei, como nalgúns casos os secretarios de Estado. Habitualmente reúnese os venres no Palacio da Moncloa, en Madrid, aínda que con carácter excepcional, pode celebrarse en calquera outra cidade española. Tamén con carácter excepcional pode ser presidido polo Rei de España, a petición do presidente do goberno, en cuxo caso non é deliberatorio senón meramente consultivo.