Carlos II de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos II de España

Carlos II, nado en Madrid o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700, alcumado o Enfeitizado, foi rei de España[1] de 1665 a 1700 foi o ultimo rei da Casa dos Austria (dinastía Habsburgo).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume O enfeitizado viña da incapacidade que tiña o rei para gobernar e pola falta de descendencia. Carlos II tivo numerosos validos : Xoan everardo Nithard, Fernando de Valenzuela, Xoán Xosé de Austria, Duque de Medinaceli e o Conde de Oropresa.

A crise económica e social, as perdas de guerras sucesivas e a corrupción dos validos fixeron que España no reinado de Carlos II se desmoronase, dando deste xeito, o claro exemplo da decadencia española.

Carlos II casou dúas veces: a primeira esposa foi María Luísa de Orleáns, neta de Luís XIV que ata entón era o inimigo principal, pero o casamento entre ambos facilitaría a relación entre España e Francia. Carlos II e María Luísa de Orleáns estiveron moi namorados pero non tiveron descendencia a pesar das estrañas apócemas que bebía María Luísa para a súa fertilidade. María Luísa morreu moi pronto, en 1689.

A segunda esposa de Carlos II foi Mariana de Neoburgo, que aínda que non fose da familia real, a súa nai tiña unha excelente fertilidade. Pero a pesar diso tampouco chegaron a ter descendencia.

O pobo acabou chamándoo O Enfeitizado pola súa falta de descendencia, e Carlos II acabou por crelo e acabou someténdose a exorcismos porque cría que estaba posuído polo demo.

En 1700 morre e no seu testamento nomeou sucesor a Filipe de Anjou, que era un Borbón co que tiña lazos familiares, pero en Viena Carlos II non o aprobou xa que os Borbóns eran o peor inimigo de España, polo que se orixinou a Guerra de Sucesión Española, entre Filipe de Anjou e Carlos de Habsburgo, que rematou en 1713 con Filipe de Anjou recoñecido como Filipe V de España e o inicio da casa de Borbón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A titulación variaba duns territorios a outros, desde o Tratado de Lisboa de 1668 comprendía na súa totalidade:
    Rei de Castela e de León, de Aragón (como Carlos II), das dúas Sicilias (Nápoles, como Carlos V, e Sicilia, como Carlos III), de Navarra (como Carlos V), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das illas Canarias, das Indias orientais e occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria,
    Duque de Borgoña (como Carlos III), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria
    Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Henao, de Namur, de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña,
    Príncipe de Suabia,
    Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano,
    Señor de Biscaia e de Molina, de Frisia, Salins e Malinas
    Dominador en Asia e África

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carlos II de España


Predecesor:
Filipe IV
Rei de España
Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II.svg

1665 - 1700
Sucesor:
Filipe V

Devanceiros[editar | editar a fonte]