Batalla de Lepanto
| Batalla de Lepanto | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Guerra otomano-veneciana de 1570-1573 | |||||||||||
| |||||||||||
|
Resultado
Vitoria decisiva da Liga Santa | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
|
Forzas
| |||||||||||
|
Baixas
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A batalla de Lepanto foi un enfrontamento naval que tivo lugar o 7 de outubro de 1571, cando unha frota da Santa Liga, unha coalición de estados católicos organizada polo papa Pío V, inflixiu unha gran derrota á frota do Imperio Otomán no golfo de Patras. As forzas otomás navegaron cara ao oeste desde a súa estación naval en Lepanto (nome veneciano de Naupacto) cando se atoparon coa frota da Santa Liga que navegaba ao leste desde Messina, Sicilia.[1]
Lepanto foi o último grande enfrontamento no mundo occidental que se librou case enteiramente entre barcos de remo,[2] principalmente as galeras e as galeazas, que eran os descendentes directos dos antigos trirremes. A batalla foi unha "batalla de infantaría en plataformas flotantes".[3] Foi a maior batalla naval da historia occidental dende a antigüidade clásica, na que participaron máis de 450 buques de guerra. Durante as décadas seguintes, a crecente importancia do galeón e a táctica de liña de batalla desprazarían á galera como o principal buque de guerra da súa época, marcando o comezo da "Idade de Vela".

A vitoria da Santa Liga é de grande importancia na historia de Europa e do Imperio Otomán, coa frota otomá case completamente destruída.[4] Con todo, a batalla non tivo un impacto duradeiro na armada otomá, xa que os otománs reconstruíron rapidamente a súa frota en menos de 6 meses.[5][6] A batalla foi comparada durante moito tempo coa batalla de Salamina, tanto polos paralelos tácticos como pola súa importancia crucial na defensa de Europa contra a expansión imperial.[7][8] Tamén tivo grande importancia simbólica nun período no que Europa foi dilacerada polas súas propias guerras de relixión tras a reforma protestante. O papa Pío V instituíu a festa da "A nosa Señora das Vitorias", e Filipe II de España utilizou a vitoria para fortalecer a súa posición como o "Rei Máis Católico" e defensor da cristiandade contra a incursión musulmá.[9]

Combatentes
[editar | editar a fonte]
O bando da Santa Liga, incluía tropas de España, a Santa Sé, Xénova e sobre todo a República de Venecia (con máis do 90 % das naves).[10] Estaban baixo as ordes de Xoán de Austria, irmán de Filipe II, e recente vencedor da revolta das Alpuxarras.
A frota musulmá, baixo o mando de Alí Pachá, contaba entre as súas filas con miles de galeotes cristiáns que segundo ían entrando en combate rebelábanse contra os oficiais turcos.
A vitoria esmagadora da Santa Liga propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados.
Foi a derradeira batalla importante coa galera como nave de guerra.
Personaxes notables
[editar | editar a fonte]- Álvaro de Bazán.
- Luís de Requesens.
- Juan de Cardona.
- Agostino Barbarigo.
- Marco Antonio Colonna.
- Juan Andrea Doria.
- Alejandro Farnesio.
- Xoán de Austria.
- Miguel de Cervantes (alcumado «o manco de Lepanto» porque nesta batalla perdeu un brazo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davis, Paul K. (1999). 100 Decisive Battles: From Ancient Times to the Present. Oxford University Press. ISBN 978-0-19514-366-9.
- ↑ Hanson, Victor Davis (2010). The Father of Us All: War and History, Ancient and Modern. New York: Bloomsbury Publishing USA. ISBN 978-1-60819-410-0.
- ↑ Stevens, William (2009). History of Sea Power (en inglés). BoD – Books on Demand. ISBN 978-3-86195-099-8.
- ↑ Beaton, Roderick (2021). The Greeks: a global history (First edition ed.). New York: Basic Books. ISBN 978-1-5416-1829-9.
- ↑ Neiberg, M. (1995-12-01). "A History of Warfare. By John Keegan (New York: Alfred A. Knopf, 1993. xvi plus 432pp. $27.50)". Journal of Social History 29 (2): 466–467. ISSN 0022-4529. doi:10.1353/jsh/29.2.466.
- ↑ Rothacher, Albrecht (2007-11-30). "Andrew Wheatcroft, Infidels. A history of the conflict between Christendom and Islam". Asia Europe Journal 6 (1): 171–174. ISSN 1610-2932. doi:10.1007/s10308-007-0149-8.
- ↑ Stevens, William (2009). History of Sea Power (en inglés). BoD – Books on Demand. ISBN 978-3-86195-099-8.
- ↑ Armas, Frederick A. de (1998-06-13). Cervantes, Raphael and the Classics (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-59302-1.
- ↑ Spielvogel, Jackson J. (2013-01-01). Western Civilization: A Brief History, Volume II: Since 1500 (en inglés). Cengage Learning. ISBN 978-1-133-60793-9.
- ↑ "La batalla de Lepanto: dos armadas frente a frente". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2018-10-06. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lepanto, Batalla de". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cumplido Muñoz, José Ramón. La Batalla de Lepanto (7 de octubre de 1571): La gran victoria naval en el Mediterraneo] revistanaval.com (en castelán)