Benelux
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
| Benelux (nl) Benelux (fr) Benelusse (wa) Benelux (de) Benelux (li) Benelux (lb) Benelúks (fy) | |||||
| Epónimo | Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 30.931.639 (2026) | ||||
| Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua francesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 74.964 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Fundador | Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo | ||||
| Creación | 5 de setembro de 1944 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Benelux Parliament (en) | ||||
| Máxima autoridade xudicial | Tribunal de Xustiza de Benelux | ||||
| Moeda | euro | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | benelux.int | ||||

O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.
A Unión Económica do Benelux foi aprobada trala liberación destes países durante a segunda guerra mundial en 1944. Entrou en vigor en 1948 legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica. Este "experimento" tivo tanto éxito que en 1957 o Benelux mais Italia, Francia e Alemaña occidental asinaron o Tratado de Roma nacendo así a CEE que logo converteríase na actual UE. En certo senso, o Benelux pode considerarse un precursor da unión aduaneira e a liberdade de movementos e capitais que inspiran os principios fundamentais da UE.
O tratado, orixinalmente limitado a 50 anos, foi renovado antes do seu vencemento en 2008. A renovación do tratado supuxo o cambio na denominación do Benelux: pasou de chamarse Unión Económica do Benelux a ser simplemente Unión de Benelux. Este cambio de nome reflicte un cambio na énfase da unión, xa que o novo tratado ampliou o rango de competencias da unión alén das económicas.
A estrutura institucional do Benelux consta dun Consello de Ministros, un Parlamento, un Consello da Unión, un Tribunal de Xustiza, unha Secretaría Xeral e unha Oficina de Propiedade Intelectual. A Secretaría Xeral atópase en Bruxelas. O Parlamento do Benelux foi creado en 1955.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benelux |
