Balanza de pagamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O balance ou balanza de pagamentos é un documento contable no que se rexistran, de xeito sistemático, as operacións comerciais, de servizos e de movementos de capitais levadas a cabo polos residentes nun país co resto do mundo durante un período determinado, normalmente un ano.

Características[editar | editar a fonte]

A balanza de pagamentos fornece información detallada sobre todas as transaccións entre residentes e non residentes.

As transaccións rexistradas na balanza de pagos aparecen agrupadas en diferentes sub-balanzas, de acordo co carácter que teñan. A diferenza entre ingresos e pagos dunha determinada sub-balanza denomínase saldo da mesma. O saldo final da balanza de pagamentoss no seu conxunto dependerá do réxime de tipo de cambio da economía. No caso dun sistema de flotación limpa a balanza de pagos sempre está equilibrada, isto é, ten saldo cero. En cambio, cando a economía réxese por un tipo de cambio fixo, o saldo é equivalente ao cambio nas reservas netas do Banco Central.

A estrutura e as directrices para a elaboración da balanza de pagos plásmanse no Quinto Manual de Balanzas de Pagamentos do Fondo Monetario Internacional (FMI).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]