Saltar ao contido

Río Guadiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Guadiana
PaísEspaña España e Portugal Portugal
NacementoFuente del Ojuelo, Albacete
Altitude608 msnm
Lonxitude744 km
Conca67.733 km²
Caudal medio70 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
O Guadiana ó seu paso por Mértola (Portugal).

O río Guadiana (en castelán Guadiana; en portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu curso baixo serve de fronteira entre España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (provincia de Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (distrito de Faro).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Na época do Imperio Romano o curso -que separaba as provincias Baetica e Lusitana- coñecíase como río Ana, segundo cita Plinio o Vello en Naturalis Historia e nos Comentarios á guerra civil de Xulio César, libro I, XXXVIII. O nome actual débese aos poboadores musulmáns, que substituíron o termo "río" en latín (flumen) pola palabra relacionada "val" en árabe: وادي (wādi)[1], dando orixe ao hidrónimo Guadiana: واديان (wadi-ana).[2]

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]
Río Guadiana.

Nace en Fuente del Ojuelo (Viveros, Albacete), no tramo do río Pinilla, ata as Lagoas de Ruidera (folla cartográfica: 788), que forman o chamado Guadiana Vello ou Guadiana Alto. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados Ollos do Guadiana, en Villarubia de los Ojos (Cidade Real), no tramo denominado Guadiana medio. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Cidade Real e as comunidades de Estremadura e Andalucía (Guadiana propiamente dito), para desembocar no océano Atlántico por Ayamonte (Huelva) (folla cartográfica: 998).

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:

Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m3/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co período de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o encoro de Alqueva.

En novembro de 1997 produciuse unha grande inundación, con desbordamentos na provincia de Badaxoz e numerosas perdas humanas e materiais.

  1. F. Corriente (1991): Diccionario Árabe-Español, 3ª edición, Ed. Herder, ISBN 84-254-1763-5
  2. Blázquez, José María (1975). Topónimos romanos de España y su equivalencia actual. Ciclos y Temas de Historia de España. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]