Vitiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vitiza
34-WITIZA.JPG
Nacementoc. 686
Falecemento710
Lugar de falecementoToledo
NacionalidadeReino Visigodo
Ocupaciónmonarca
PaiÉxica
FillosAkhila II e Olmund
editar datos en Wikidata ]

Vitiza[1][2][3] ou Witiza[4] foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Convocou o XVIII concilio de Toledo. Tratou de atraer á nobreza e aos xudeus.[5] Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai,[6] quen mantivo o goberno do reino dos visigodos en tanto que o fillo rexía o dos suevos[7]. Vitiza, estableceu a corte real en Tui[8][9], e foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións. Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila II, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Don Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo de Hispania.

Triente de ouro cuñado en Braga, Galicia, no que se representa a Witiza como rei.

Nas crónicas do rei Afonso III, xa no século IX, dise que Vitiza rexía Galiza desde Tui, de xeito que o seu pai Egica gobernaba o reino dos godos e o fillo o dos suevos[7].

Uitizanem, quern rex in uita sua in regno participem fecit et eum in Tudensem ciuitatem auitare precepit, ut pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum. Qui ante filii electionem regnauit annis X et cum filio a. V. (CHRONICA ROTENSIS, 4)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. pp. 56–57. ISBN 978-84-96203-44-0. 
  2. Pallares & Portela 1996, p. 160: Vitiza, para os clérigos ovetenses o concitador das desgracias que moi pronto haberían de sobrevir a España, foi asociado ó trono polo seu pai, o rei Egica, que lle ordenou que habitara na cidade de Tui. [...] a elección para Vitiza da sé en Tui faise «de maneira que o pai tivera o reino dos godos e o fillo o dos suevos».
  3. "Vitiza". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2190. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  4. "Tui". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. En 697, Witiza fixou a súa corte en Tui ata 701 
  5. Diciopedia do século 21.
  6. Pallares & Portela 1996, p. 160.
  7. 7,0 7,1 Gil Fernandez, Juan, ed. (1985). Crónicas Asturianas. Universidade de Oviedo. ISBN 84-600-4405-X. pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum 
  8. López Sánchez, Fernando (2009). "La moneda del reino visigodo de Toledo: ¿Por qué? ¿Para quién?". Mainake (en castelán) (Diputación Provincial de Málaga) (31): 3. ISSN 0212-078X. 
  9. Crónica Albeldense. Uittizza [...] Iste in uita patris in Tudense hurbe Gallicie resedit. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Feed-icon.svg Os reis e as raíñas da Galiza.
Vitiza. O fin da monarquía visigoda na Gallaecia .
(Nós Diario, 13.09.2022)
Vitiza
Nacemento:  ? Falecemento: 710


Títulos Reais
Precedido por
Éxica


Rei de Galicia
694–710
Sucedido  por
Descoñecido
Rei de España
702–710
Sucedido  por
Rodrigo e Akhila II
Rei de Septimania
702–710
Sucedido  por
Akhila II
Outros títulos
Precedido por
Éxica


Reis dos Visigodos
698–710
Sucedido  por
Rodrigo e Akhila II