Saltar ao contido

COPE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cadena COPE»)
COPE
 Instancia de
 Lingua usada
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Operador/a
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1960 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
VIAF155302424 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025v0hf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: COPE Dialnet: 3813520 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A COPE, acrónimo de Cadena de Ondas Populares de España, é unha das principais cadeas de radio de España e está vinculada á Conferencia Episcopal Española.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

COPE é a marca empregada por Radio Popular S.A., unha empresa formada pola Conferencia Episcopal Española (50 %), as dioceses (20 %) e ordes relixiosas como os xesuítas ou os dominicos. Tamén forma parte a ONCE. Ao grupo pertencen outras canles de radio e televisión, como Cadena 100 e Rock & Gol, e Popular TV.

Estivo moitas veces envolta en polémicas polo uso do galego, unhas veces por motivos xudiciais e outros por declaracións dos compoñentes como Federico Jiménez Losantos.[Cómpre referencia] Con todo as emisoras locais empregan decote a lingua galega e Radio Popular de Vigo, pertencente á COPE, foi pioneira no uso da lingua galega na radio.[1]