Iberoamérica


Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.
Precisións xeográficas
[editar | editar a fonte]A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estado Unidos formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana, Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.
Superficie
[editar | editar a fonte]| Orde | País | km2[1] |
| 1 | 8 514 877 | |
| 2 | 2 780 400 | |
| 3 | 1 964 375 | |
| 4 | 1 285 216 | |
| 5 | 1 138 914 | |
| 6 | 1 098 581 | |
| 7 | 916 445 | |
| 8 | 756 102 | |
| 9 | 406 752 | |
| 10 | 283 561 | |
| 11 | 176 215 | |
| 12 | 130 370 | |
| 13 | 112 090 | |
| 14 | 110 860 | |
| 15 | 108 889 | |
| 16 | 75 420 | |
| 17 | 51 100 | |
| 18 | 48 670 | |
| 19 | 21 041 | |
| 20 | 13 790 | |
| Total | 19 993 668 km2 |
Poboación
[editar | editar a fonte]| Orde | País | Habitantes[2] |
| 1 | 201 032 714 | |
| 2 | 118 395 054 | |
| 3 | 47 391 000 | |
| 4 | 41 660 417 | |
| 5 | 32 457 121 | |
| 6 | 30 475 144 | |
| 7 | 17 216 945 | |
| 8 | 15 644 300 | |
| 9 | 15 438 384 | |
| 10 | 11 167 325 | |
| 11 | 10 027 254 | |
| 12 | 10 219 630 | |
| 13 | 8 555 072 | |
| 14 | 6 783 374 | |
| 15 | 6 340 000 | |
| 16 | 6 071 045 | |
| 17 | 4 667 096 | |
| 18 | 3 667 084 | |
| 19 | 3 559 408 | |
| 20 | 3 324 460 | |
| Total | 584 890 993 |
Cume Iberoamericano
[editar | editar a fonte]
Dende 1991 vénse realizando anualmente o Cume Iberoamericano. Nesta conferencia participan os dezanove países independentes de Iberoamérica e os tres da Península Ibérica (Andorra, España e Portugal). Bélxica, Filipinas, Francia, Guinea Ecuatorial, Haití, Italia, Marrocos e os Países Baixos participan como membros asociados.
Ademais de Porto Rico, outros países que foron posesións españolas ou portuguesas en África, Asia e Europa, como Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, a República Árabe Saharauí Democrática e Timor Leste, solicitaron formar parte do cume.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The World Factbook Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (2013)
- ↑ The World Factbook Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (2013)
- ↑ Marruecos y Guinea quieren el estatus de observador en Cumbres Iberoamericanas